Agropop-Art

Catálogo

Agrofesta

agropopart@paleon.net

 

Nome O derradeiro sinal
Materiais Sinal de tráfico. rede de aramio e hórreo
Utilidade O sinal: Evitar que exploradores de fin de semana se adentren co seu utilitario máis alá do asfalto ou teñan que practicar a marcha atrás cos riscos que iso sempre conleva.
O hórreo: Posiblemente só teña utilidade na actualidade como almacén de metáforas e outros trastos inútiles.
O conxunto: poderoso atractor de aforismos, greguerías, alegorías e ocurrencias.En canto obxectos da física: singularidade na paisaxe, advertencia de burato mouro nas proximidades máis alá do cal as leis da civilización se disipan e/ou indeterminan a pesar da lei do solo (ou da gravedade constructiva).
Lugar de exposición Balteiro, na parroquia de Oleiros do concello de Ribeira.
Data de catalogación Xaneiro de 2005
Descubridor/a Alhambradomaroto
atrás