Agropop-Art

Catálogo

Agrofesta

agropopart@paleon.net

 

Nome Bandeiras
Materiais Unha colada de roupa de color e outra blanca, paus variados, un aramio e unha praia onde non abunden os ghodechincos.
Utilidade Unha ollada simplista diríanos que este é un sistema público de pór a roupa ao clareo. Máis xa hai técnicos en márketing que afirman que se trata dun servizo promocional de tendas de "Novedades" e "Mercerías". Sen embargo os antropólogos culturais consultados afirman que se trata dun ancestral sistema de comunicación entre as embarcacións que están faenando preto da costa e os familiares da casa. Polo visto un sistema semellante foi utilizado na IIª guerra mundial para coordinar o desembarco do día D. Tal como se presenta neste caso: braga azul - braga color carne - camiseta de tiras blanca tradúcese por "deixa de enredar na chalana e vente para a casa que enfría a caldeirada de fanecas".
Lugar de exposición Cabo de Cruz, Boiro.
Data de catalogación Maio de 2005
Descubridor/a Kone
atrás   adiante