|
|
|||
|
agropopart@paleon.net |
Que é o Agropop-Art? O Agropop-Art, ou Agropopart, é unha caste de manifestacións artísticas características de Galiza. Estas obras plásticas caracterízanse por ser unha armoniosa simbiose de elementos tradicionais xunto con elementos considerados postmodernos.
Deseño Aplicado O autor sempre busca que a súa obra teña unha aplicación que solucione os seus problemas concretos (recipiente para plantas, cerrar un valado, estanpar paxáros,etc). No seu proceso creativo fúxese das características puramente estéticas e primase a súa utilidade. Estamos, polo tanto un artístico que podemos considerar como deseño aplicado.
Fresobocoi: Vello barril que sirve para plantar fresas Entorno no que se desenvolve A maior parte destas obras son anónimas e están tan integradas na nosa paisaxe, razón pola cal pasaron desapercibidas ata principios do século XXI.O entorno onde é máis frecuente observar estas pezas é no rural galaico. O seu lugar de exposición, mentres o Centro Galego de Arte Contemporáneo non diga o contrario, é o propio espacio no que foron creadas.
Valosomier: a utilidade das vellas camas Reciclaxe Podemos entender este movemento como consecuencia de levar ata as últimas consecuencias a máxima medioambientalista da Reciclaxe. Actitude esta historicamente arraigada na xente do noso rural: non se tira nada, todo pode ser aproveitable.
Botella-picho: unha botella vale para encauzar a auga da fonte Lamentablemente a Galiza da que deixaron constancia Xaquín Lourenzo, Oterp Pedraio e outros está esmorecendo. Sen embargo está emerxendo unha nova Galiza, a Galiza Agropop-Art. Este movemento está tendo como vía de difusión as bitácoras galegas. Se queres facer a túa aportación documental sobre este movemeto podes envialos a agropopart@paleon.net
|
||