Inicio

Menú Principal
Inicio
Asociación
Contacto
Ligazóns
Busca
Usuari@s
Usuario/a

Contrasinal

Recordar
Recuperar o teu contrasinal
Queres rexistrarte? Faino aquí
Sindícate
III Xornadas Micolóxicas
Thursday 13 de December de 2007 - 20:04
Image

III XORNADA MICOLOXICA

O Programa será:

- 10:00 Presentación da Guía "Os cogomelos máis
            Comúns" de Anxeles González Cruxeiras (Vicepresidenta de Altofalante). No salón de actos do CIELGA do Parque Natural en Carreira.

- Recollida de cogomelos.

- Degustación gastronómica nos muiños de Amendo



Altofalante do ano 2007
Tuesday 13 de November de 2007 - 17:22

Logo da deliberación dos seus socios e socias a Asociación Cultural  Altofalante acorda:

distinguir co seu galardón anual Altofalante do ano 2007 á Plataforma polo Ensino en Galego polas seguintes razóns:

Por ser quen de facer fronte común para a defensa do uso da lingua propia do noso país como lingua vehicular no noso ensino e pola defensa do cumprimento da lexislación lingüística máis alá de diferenzas ideolóxicas e fronte aos ataques contra un ensino en lingua galega por parte de distintos colectivos antigalegos minoritarios apoiados a última hora polo Partido Popular, que rompeu o consenso que supuxo o Plan xeral de normalización da lingua galega que se aprobou por unanimidade en 2004 e que foi impulsado polo propio PP.

As organizacións máis representativas do conxunto da comunidade educativa uníronse para a defensa da galeguización do ensino e impulsaron un manifesto en defensa do dereito á escolarización na lingua propia de Galiza. Son a confederación de asociacións de nais e pais, os sindicatos que representan o 90% do profesorado galego, a federación de escolas católicas concertadas, organizacións estudantís, de nais e pais, de renovación pedagóxica, etc. Isto é, todos os sectores do ensino apoiando a súa galeguización.

As organizacións que forman parte desta plataforma son:

  • A Mesa pola Normalización Lingüística
  • AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega)
  • CAE (Comités Abertos de Estudantes)
  • CCOO-Ensino (Comisións Obreiras)
  • CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega)
  • CONFAPA (Confederación Galega de APAs de centros públicos)
  • FERE-CECA (Federación Española de Relixiosos de Ensino - Centros Católicos)
  • FETE-UXT (Federación de Traballadores do Ensino - Unión Xeral de Traballadores)
  • FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino)
  • Mocidade pola Normalización Lingüística
  • Nais e Pais polo Ensino en Galego
  • NEG (Nova Escola Galega)
  • SE (Sindicato de Estudantes)
  • STEG (Sindicato de Traballadoras/es do Ensino de Galiza).

 

A entrega do premio farase efectiva no transcurso dunha cea o vindeiro sábado 1 de decembro en Ribeira.

A entrega do premio farase efectiva no transcurso dunha cea o vindeiro sábado 1 de decembro en Ribeira.

A A.C. Altofalante fai público o fallo deste premio o día 13 de Novembro, Día da Dignidade de Galiza.

Carreira do Corgo: Fotos e Clasificación
Saturday 05 de May de 2007 - 13:58

Saída da Carreira

Logo do éxito de participación da Carreira do Corgo Pola defensa da Paisaxe en Corrubedo organizada por Altofalante e Pau da Lus, podedes ver as fotografías que nos chegaron cliclando aquí. Tamén podedes ver a clasificación xeral da proba.

Fotos tomadas por Eduardo Iglesias e Xavi Seco

 

Inscritos/as na Carreira do Corgo en Corrubedo
Friday 27 de April de 2007 - 13:13

Podedes consultar o listado provisional de persoas apuntadas na I Carreira do Corgo "Pola defensa da Paisaxe" de Corrubedo, na seguinte ligazón

Se alguén observa algún erro, enviade de xeito urxente un correo a altofalante@altofalante.org para que o día da carreira estén os listados correctos

Muiñada de Amendo 2007
Wednesday 18 de April de 2007 - 20:08

Image

 

A asociación cultural Altofalante, conmemora por segundo ano consecutivo a Muiñada, nos muíños sitos no lugar de Amendo na parroquia de Carreira, no entorno do Parque Natural.

A actividade desenvolverase o vindeiro sábado 21 de abril e convídase a participar a todas as persoas que así o desexen.

O programa consistirá en:

11:30 Moenda e charla sobre os muíños de Amendo.

12:00 Fornada e degustación de pan de millo elaborado no forno dun dos muíños.

12:30 Repoboación polos rapaces e rapazas, dunha espacio queimado, dirixida por Juan Francisco Ramallo Dorca, Presidente da Comunidade de Montes de Carreira. Colocarase unha placa na zona repoboada.

14:00 Xantar, levarase comida para compartir.

16:00 Xogos populares (ra, petanca, zancos, ....). Os xogos estarán a disposición dos nenos toda a xornada.

17:30 Contos no muíño, "Contos que non falten", por Celso Fdez. Sanmartín, contacontos do Deza.

18:30. Actuación das pandereteiras da Asociación Cultural O Rueiro dos fillos de Palmeira.

Xornada amenizada polos gaiteiros: estreno da Muiñada de Amendo, composta por Pepe Romero.

Contaremos tamén coa actuación da Charanga Dorneira.


A Actividade é promovida pola Asociación Cultural Altofalante.


Colaboran:

Consellería do Medio Rural, Consellería do Medio Ambiente (Parque Natural de Corrubedo), Deputación de A Coruña, Comunidade de Montes de Carreira, Asociación de Propietarios Afectados polo Parque Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, ANPAS dos colexios de Carreira: San Roque, Frións e a Guía.

I Carreira campo a través do Corgo
Friday 23 de March de 2007 - 12:39
Convocamos a afeccionados ao deporte de Galicia enteira a participar na I CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO, A CARREIRA POLA DEFENSA DA PAISAXE, que terá lugar o domingo 29 de abril con saída e chegada dende o lugar de Teira, en Corrubedo.
[Preme no título para máis información]

Image

Mesa redonda: A tradución en Galiza
Tuesday 13 de February de 2007 - 18:18

Image

Barbantia, Altofalante, La Voz de Galicia e a editorial Galaxia organizan a presentación da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea e a mesa redonda "A tradución en Galiza". O acto, que coincide coa saída dun novo número do suplemento cultural A voz de Barbantia, terá lugar o venres 23 de febreiro, ás 20'30 h., na Casa do Mar de Ribeira, e contará coa participación de Luís Teira, presidente da A.C. Altofalante; Manuel Cartea, membro de Barbantia; Xosé Manuel Gómez Clemente, presidente da Asociación de Tradutores de Galicia; Carlos Lema, Director de edicións da editorial Galaxia e Anxo Rei Ballesteros, escritor e tradutor.

Presentación do libro Tres Segundos de Memoria
Tuesday 09 de January de 2007 - 17:29

Image

O Ateneo Valle-Inclán e a Asociación Cultural Altofalante, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, organizan a presentación da novela Tres segundos de memoria de Diego Ameixeiras.

O acto desenvolverase o vindeiro venres 12 de xaneiro ás 20:00 no Bar Plaza de Ribeira e contará coa presenza de:


Finalizado o acto haberá un concerto a cargo do grupo Desafinando.

Tres segundos de memoria é a obra ganadora do premio Xerais de 2006, e nela descríbese a xeito de diario, a vida dun xoven que con formación universitaria se busca a vida a través de emprego precarios. Unha obra con tintes xeneracionais, áxil de ler e con altas doses de humor.

Altofalante do Ano 2006
Monday 13 de November de 2006 - 16:23
  Image

Xurxo Souto, Altofalante do ano 2006

A Asociación Cultural Altofalante de Ribeira concédelle o premio para recoñecer así o seu labor como promotor e difusor da cultura do noso país, nomeadamente por ser un claro impulsor de todas as tendencias musicais na nosa lingua durante o último ano

A Asociación Cultural Altofalante crea o Premio Altofalante do Ano para recoñecer con el o especial labor na defensa, promoción e difusión do noso país e da nosa cultura por parte de persoas ou entidades concretas. Deste xeito, a partir deste ano 2006 concederáselle anualmente o Altofalante do ano a unha persoa ou entidade que destaque por defender, promocionar e difundir a nosa cultura ou algún aspecto concreto dela para así recoñecer e apoiar o seu labor e contribuír a que este continúe. O premio consiste no recoñecemento público, na difusión do traballo da persoa ou entidade galardoada e nun altofalante de man que se lle entregará ao/á galardoado/a na cea anual da asociación para que poida seguir alzando a súa voz na defensa, promoción e difusión do noso país. O nome do premiado ou premiada darase a coñecer sempre o 13 de novembro, Día da Dignidade.

Neste 2006 a xunta directiva da asociación decidiu por unanimidade concederlle o I Altofalante do ano a Xurxo Souto, polo especial labor desenvolvido no último ano na promoción de todos os grupos e todas as tendencias musicais en lingua galega desde a Radio Galega, en especial desde o seu exitoso programa Aberto por reformas, que supuxo un antes e un despois na música do noso país, promocionando ducias de grupos que levaban tempo traballando e que até o momento non tiveran ningún tipo de difusión na radio pública do noso país e dando a coñecer moitos outros grupos novos que están a comezar.

Con este traballo, Xurxo Souto está a contribuír directamente á revitalización da música en galego sexa cal sexa a tendencia, do pop ao rock, da música de cantautor ao hip-hop, do power pop ao metal, do folk ao ská, etc. Ducias de grupos déronse a coñecer desde Aberto por reformas e desde outros programas (Extrarradio, por exemplo) e iniciativas (A polo ghit, por exemplo) da Radio Galega, emisora da que Xurxo Souto é director de programas.

O seu labor está sendo fundamental para a revitalización da música en Galiza e da lingua galega na música, polo que a Asociación Cultural Altofalante quere recoñecerllo, difundilo e darlle forzas para que siga adiante con esta xusta e necesaria tarefa.

Así, a asociación cultural ribeirense entregaralle persoalmente un altofalante de man e renderalle homenaxe nunha cea que terá lugar no mes de decembro, en data e lugar que se anunciará coa suficiente antelación.

Homenaxe a Lustres Rivas
Tuesday 07 de November de 2006 - 16:02

Image

Manuel Lustres Rivas foi un xornalista nacido en Ribeira, que defendeu posicións agraristas e galeguistas. Pagou coa súa vida, no ano ano 36, a defensa das súas ideas.

É de xustiza facer esta homenaxe en Ribeira, neste ano 2006- Ano da Memoria- o vindeiro sábado 11 de Novembro co seguinte programa:

-20:00: descubrimento dunha placa na que fora a súa casa en Ribeira, na rúa peonil.

-20:30: conferencia sobre a súa vida a cargo do xornalista Gustavo Luca de Tena. Presentación da publicación "Manuel Lustres, xornalista e galeguista" editada por Altofalante.

Peche do acto a cargo da Delegada da Consellería de Cultura e Deporte Milagres Lantes.

 

Asemade a Altofalante solicitou formalmente ao concello de Ribeira:

Que se elimine de Ribeira toda a simboloxía fascista que lamentablemente aínda queda na nosa cidade (nomes de rúas, escudos, etc), xa que estes son referentes dunha ideoloxía superada e da que ninguén se considera herdeiro, que causou morte e dor. Esta retirada dos símbolos serviría como homenaxe a todos os represaliados que defenderon a liberdade durante a guerra civil e o franquismo.


Tamén se solicitou que as placas do nome da rúa Lustres Rivas, sexan cambiadas por outras xa que estas están moi deterioradas.


 

Xornada Micolóxica
Tuesday 31 de October de 2006 - 01:00

Image

O vindeiro sábado 4 de Novembro Xornada Micolóxica no CIELGA do parque dunar de Corrubedo. Conferencia a cargo de Antonio Rodríguez, recolección de cogumelos e degustación nos muiños de Amendo.

Acto do Xurelo
Tuesday 24 de October de 2006 - 20:30

 Tripulación do Xurelo

 

En setembro de 1981 saía do porto de Ribeira o palangreiro Xurelo camiño da Foxa Atlántica, onde varios paises europeos estaban depositando, a só 300 millas da costa galega, residuos radioactivos. Cunha tripulación atípica composta de ecoloxistas, xornalistas e representantes políticos de Esquerda Galega foron a denunciar publicamente o que se lle estaba facendo ao noso mar.


Dende a AC Altofalante queremos conmemorar aquel episodio da loita galega na defensa do mar da Galiza.


Pola presente convídoche a asistir ao acto Xurelo: 25 anos dunha travesía que se vai desenvolver o vindeiro sábado 23 de setembro ás 20:00 no Auditorio Municipal de Ribeira.


Neste acto proxectaranse unhas imaxes das viaxes do Xurelo á Fosa Atlántica .

Abriran o acto, como representantes daquelas viaxes:


  • Manuel Rivas, escritor e xornalista. Tripulante da 1ª viaxe.

  • Gonzalo Vázquez Pozo, organizador das expedicións e membro de EG. Tripulante na 1ª viaxe.

  • Enrique Álvarez Escudero, ecoloxista, membro da SGHN.Tripulante na 1ª viaxe.

  • Camilo Nogueira, organizador das expedicións e membro de EG.

  • Pili Pereiro, activista que foi na 2ª viaxe e membro de EG.

  • Ánxo Vila, Patrón do Xurelo.

  • Presenta: Luís Teira, presidente de Altofalante.


Para rematar abrirase un turno de diálogo entre todos/as os participantes das viaxes e o público.

 

 

Muiñada de Amendo
Saturday 20 de May de 2006 - 01:00
Image

A asociación cultural Altofalante conmemora este Día das Letras Galegas organizando unha Muiñada, nos muiños situados no lugar de Amendo na parroquia de Carreira, no entorno do Parque Natural. A actividade desenvolverase o vindeiro sábado 20 de maio e se invita a participar a todas as persoas interesadas.

O programa consistirá en:

12:00 Charla, visita guiada e posta en marcha dos muiños.

13:00 Fornada e degustación de pan de millo elaborado no forno dun dos muiños.

14:00 Xantar. Levar comida para compartir.

17:00 Actuación do cañaautor: Leo Arremecaghona.

Contaremos tamén coa actuación da Charanga Dorneira e máis Gaiteiros.

Tamén se organizarán Xogos populares.

Manifesto engalego.gal
Wednesday 10 de May de 2006 - 01:00

MANIFESTO ENGALEGOPUNTOGAL DO 17 DE MAIO

Desde o ano 1963, cada 17 de maio celebramos e reivindicamos en Galiza as nosas letras e a nosa lingua. Agora, a partir deste 2006, o mesmo día celebraremos ademais o Día de Internet, que pola súa vez coincide co Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebra xa desde 1969. Por esta razón, desde a Asociación Cultural Altofalante queremos difundir o Manifesto Engalegopuntogal do 17 de maio.

O 2006 pode ser determinante para o futuro do galego e para a presenza de Galiza en Internet:

LINGUA

A nosa lingua, a lingua propia do noso país, sofre unha situación social e legal de anormalidade, pois socialmente aínda non é a lingua de uso normal en todos os ámbitos e legalmente aínda non ten recoñecido o mesmo estatus que o castelán. A partir deste mesmo ano temos a oportunidade de comezar a mudar esta situación co novo Estatuto de Galiza, que lle debe dar ao noso idioma, cando menos, o mesmo estatus legal que ao castelán.

Todos os galegos e todas as galegas debemos ter o deber de coñecer e o dereito a usar a nosa lingua e, consecuentemente, para ter garantido ese dereito, todas as traballadoras e todos os traballadores das administracións públicas con presenza en Galiza deben ter a obriga de coñecer o galego. Polo tanto, desde a Asociación Cultural Altofalante, pedímoslles a todas as organizacións políticas a unanimidade necesaria para incorporar no novo Estatuto o estatus que o galego precisa; unanimidade que, por outra banda, xa se acadou en 1983 cando todas as forzas parlamentarias votaron a favor de que todos os galegos e todas as galegas tivésemos o deber de coñecer e o dereito a usar a nosa lingua, decisión que, por querer incorporarse nunha lei sen estar recollida no Estatuto, non foi aceptada polo Tribunal Constitucional. Agora é o momento de retomar o acordo.

Tamén facemos un chamamento ao conxunto da sociedade galega para que reivindique ante as forzas parlamentarias a responsabilidade de retomar esa unanimidade política.

Por todo isto, a Asociación Cultural Altofalante apoia a manifestación que con este motivo convoca a Mesa pola Normalización Lingística que terá lugar en Santiago de Compostela o 17 de maio e fai un chamamento para que se participe activamente nela.

INTERNET

Este ano inicia a suma de forzas para a presenza da nosa cultura, da nosa lingua e do noso país na rede con identidade e cun dominio propio. Hai unhas semanas, coa constitución da promotora da Asociación Puntogal, comezou o proceso para que se sumen esforzos no noso país e se poida conseguir. Por isto, a Asociación Cultural Altofalante fai un chamamento ao conxunto da sociedade, nomeadamente ao movemento asociativo, ao mundo da comunicación, ao ámbito empresarial e a todas as entidades públicas galegas para unir forzas e acadar o dominio .gal para o noso país.

Ao mesmo tempo, a Asociación Cultural Altofalante apoiará todas as accións promovidas desde a Asociación Puntogal en prol do dominio galego en Internet.

Uso social da Lingua
Friday 17 de March de 2006 - 01:00
  Image


A PROMOCIÓN SOCIAL DO USO DA LINGUA GALEGA

e presentación do número 13 de A Voz de Barbantia

Organizan
  • Asociación Cultural Altofalante

  • Asociación Cultural Barbantia

Colaboran
  • A Mesa pola Normalización Lingüística

  • La Voz de Galicia

Data e hora
  • Venres 31 de marzo, ás 20.30 h

Lugar
  • Auditorio Municipal de Ribeira

Participantes
  • Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza.

  • Carlos Manuel Callón Torres, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e natural de Castiñeiras.

  • Caetano Díaz, director do xornal Galicia Hoxe e natural de Corrubedo.

  • Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega, do Instituto da Lingua Galega e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Ramón Ares, delegado de La Voz de Galicia no Barbanza.

  • Luís Teira Parada, presidente da Asociación Cultural Altofalante de Ribeira.

  • Xosé Ricardo Losada, escritor e secretario da Asociación Cultural Barbantia do Barbanza.

  • Modera o acto: Nel Vidal Barral, técnico de normalización lingüística, membro da directiva de Altofalante e socio de Barbantia.

Obxectivos da actividade
  • Poñer de relevo a cuestión da lingua na vida social do Barbanza.

  • Darlles protagonismo ás entidades que traballan pola promoción social do uso do galego.

  • Analizar a situación sociolingüística do Barbanza e do país, as políticas de promoción lingüística e o papel do asociacionismo cultural e das entidades participantes na promoción social do uso do galego.

  • Presentar o número 13 de A Voz do Barbantia, suplemento cultural da Asociación Cultural Barbantia publicado en La Voz de Galicia.

Manifesto: unhas rifas...
Thursday 29 de December de 2005 - 01:00
 Image

 Manifesto: unhas rifas para o lacón e a botella de caña que sorteamos no descanso

O fútbol modesto coa selección galega


Selección galega XA! POR FIN!!!

- Árbitro tes dislexia!! .Eso é roja directa!!!.Confundes o amarillo co rojo.!!!

Berro dende a grada dun emocionado afeccionado no campo de herba artificial da Tasca (Aguiño) durante un partido de rexional.

 

Non foi dislexia, senón miopía o que durante moitos anos non quixo que nos xuntáramos todos e todas ao redor dunhas únicas cores. Só queríamos isto, botar unha pachanga ao fútbol. Onde os xogadores vistan unha camiseta que nos represente a todos e a todas: aos que son da Chámpion, aos que miran de xogar en campos onde os afeccionados se contan por milleiros, aos que saen nas portadas dos xornais, aos que xogan promocións, aos que coma nós, espasallamos as resacas- ou dixerimos o cocido- ghrasias aos cafés con ghotas das cantinas dos campos de terra.


Si, porque esta selección galega vai ser tamén a dos que temos que ir coller os balóns á praia cando alguén lle dá un punteirolo con moita forsa, a selección dos que como único botiquín teñen unhas garrafas de augha do Día, a selección dos equipos de Rexional, a dos grandes afeccionados que animan apoiados dende a barandilla.


Escoita ben: dianteiro-repoñedor de supermercado, presidente-estibador, lateral-mariñeiro, central-taberneiro, interior-peón, árbirtro-marmolista, seareira-estudiante, afeccionado-ghaiteiro, cantineira-costureira, ...a selección galega vai xogar o Xoves 29 en Santiajo, imos estar alí coa mesma ilusión que temos todos os domingos cando ao entrar no campo mercamos as rifas do sorteo dese lacón moi curado ou desa botella de caña.


Máis partidos como este !!

Máis partidos da selección galega !!



 

 

Recolección de Setas
Saturday 19 de November de 2005 - 01:00

 Image

A Asociación Cultural Altofalante vai organizar unha xornada Micolóxica (Recollida e Degustación de setas) o vindeiro sábado 19 de Novembro. A actividade desenvolverase no Parque Natural de Corrubedo e terá o seguinte programa:

Ás 10:00 da mañán encontrarémonos no CIELGA (edificio do Parque Dunar de Corrubedo) onde se desenvolverá unha breve charla introductoria ao mundo da Micoloxía.

De 11 a 13 horas desenvolveremos unha ruta na colleremos as setas.

A partir das 13 horas faremos unha degustación gastronómica coas setas recollidas nun dos muíños restaurados que están situados no Parque Dunar.

Contarase con monitores/as con experiencia e amplos coñecementos no mundo das setas.

Recoméndase levar chuvasqueiro e calzado cómodo. Tamén se deberá levar un coitelo ou navalla e unha cesta.

Falando a modo: Os incendios forestais
Saturday 22 de October de 2005 - 01:00

Incendios

A Asociación Cultural Altofalante vai iniciar unha serie de debates públicos, denominados Falando a modo . Nesta primeiro Falando a modo vaise abordar a cuestión dos incendios en Galiza.

Entendemos que este é un tema de candente actualidade, sobre todo na nosa comarca, sobre o que é preciso atopar solucións. Por iso a Asociación Cultural Altofalante vai organizar este debate no que van estar representados entidades e administración que teñen moito que dicir sobre a cuestión. O público asistente vai poder participar no debate aportando ideas e plantexando cuestións aos intervintes.

O debate vaise desenvolver no Auditorio Municipal de Ribeira o vindeiro día 22 de Outubro de 2005 ás 19,00.

Intervintes:

  • Alberte Blanco Casal, Director Xeral de Montes e Industrias Forestais.

  • Oscar Freire, Membro de ADEGA.

  • Francisco Dans, Membro da Asociación Forestal de Galicia.

  • José Francisco Ramallo Presidente da Mancomunidade de Montes de Carreira.

  • Moderadora: Ánxeles González Crujeiras, Vicepresidenta de Altofalante.

Saída a recoller setas
Tuesday 20 de June de 1995 - 01:00
O vindeiro sábado 4 de Novembro saíremos a recoller setas. A saída desenvolverase no entorno do Parque Natural e máis concretamente no edificio do CIELGA.

Top!