Faltaba só un cuarto de hora para que empezara a función e metinme nunha cafetería preto do teatro para non chupar frío e poder fumar un pitillo ao quente. Senteime na barra e púxenme a SMSear. Deime conta que ao meu lado se sentou unha rapaza. Eu tomei o café, fumei e acabei de enredar co móbil. Vin que a rapaza estaba lendo unha revista de viaxes... non podo evitar ser un pouco escobicha cando vexo que alguén está lendo...
Pregunteille se ela tamén estaba facendo tempo para ir ao teatro, sorriu, e respostoume cun acento raro que non, que ela non ía. Comezamos a falar, resoltuo ser de Carolina do Norte e acaba de chegar a Compostela. Está escribindo unha guía sobre as cidades do estado español para unha editorial inglesa e tiña pensado ir ata A Coruña (si, usou "A"), Vigo e Ferrol. Díxenlle que era unha mágoa que só visitase as cidades, pois Galicia ten moitos tesouros agochados que non saen nas guías. Pero mellor así, eses tesouros hainos que ir atopando por un mesmo. Conteille que Compostela é o corazón de Galicia, onde conflúen a xente nova que quere facer cousas e que ten inquedanzas.
Enseguida a conversa pasou a Cunqueiro, faleille dos retratos de realismo máxico que facía o de Mondoñedo. Recomendeille que saíse de noite por Compostela e percorrea as rúas de pedra e se metese nalgún pub da zona vella e escoitara música folq. Dixo que xa tiña pensado, pois quedara cunha veciña do seu pobo que casara cun galego e que vivía en Santiago, e aí levar por aí (por uns momentos acordeime dun conto de Castelao). Sorrín e díxenlle que esto parecía unha aldea e asinteu, faleille do número Bacon e do preto que estamos as persoas unhas das outras aínda que teñamos orixes tan lonxanos.
Xa era hora de ir cara o teatro e despedinme dela, deille a miña tarxeta (léase servilleta de papel do bar ,onde lle escribín o meu enderezo electrónico) e díxenlle que me contara o que escribise na súa guía sobre Santiago.
Convideina, "hospitalidade galega"... e saín da cafetería cunha mala sensación ao ter que deixar unha conversa tan interesante. Conversa que só durou 5 minutos, pero que pola profundidade dos temas que falamos podería ter levado 5 horas. Sorte Saraw.
Ah, eu faleille exclusivamente en galego e ela entendeu perfectamente...
Aula de 5º de primaria. Unha alumna le unha noticia do xornal para o resto da clase. Os demais atenden mentres le
"Los Reyes presidieron un emocionado funeral por las víctimas del 11-M en el que participaron la familia real al completo, jefes de Estado de 18 países, miembros de la realeza de todo el mundo, el Gobierno en funciones, los presidentes de las 17 comunidades autónomas y representantes de todos los partidos políticos."
Do fondo da clase soa a voz dun rapaz:
- Si, oh, por culpa dos reis e de todo iso, onte non puidemos ver os Simpsons.
Viva a República!!!

Retrato que preside a aula que está ao lado da miña.
A rapazada máis espabilada que a vella mestra que os "rexenta", enche de anaquiños de papel o careto de susmajestades. Ela nin se entera pero eles divírtense facendo puntería... e eu cando teño que ir por alí non deixo de sorrir e de pensar "a ver se que de grandes lles dura este fervor antimonárquico".
Pequenos anticonstitucionalista!!! Estes seghuro que de grandes fan un plan Ibarretxe.

Airas Nunes 21/3/04
Logo da noite electoral quedei sen saber que pensar, sen saber que decir... calquer resultado fose o que fose me ía deixar así (salvo subida expectacular nosa ).
Rápidamente recurrimos ao discurso da bipolarización para tratar de explicar o que pasou este domingo. E si é certo máis iso non explica nada e o que é peor, non sirve para mellorar no futuro.
Resultoume chamativo oírme a min mesmo utilizar esta palabra tan pouco usual cunha compañeira que me preguntaba "como o ves?"...
Lembro que a primeira vez que oíra esta etiqueta fora na facultade na asignatura de Sicoloxía da Personalidade. Referíase aos "transtornos de personalidade bipolar"... e dende aquela ata o domingo.
O resultado deixame tremendo. Si xa sei que estes 200.000 votos son o "noso voto estructural" o que imos ter sempre,... seguro que o imos ter sempre??... As cousas veñen torcidas e só vexo un saída, a mesma, a única que vexo dende hai uns anos: facer país.
Facer país todos os días, ser pedagogo explicándolle as cousas máis simples a xente, implicarse máis, traballar máis, dar máis a cara,.... non é tempo de quedar na casa e tempo de aportar, tempo de sementar... recollerán os froitos os nosos fillos/as??
...sobre os andeis, envoltos sobre bolsas negras, aos cadávares sóanlles os móbiles....
Xa queda menos dunha semana para ir votar, e coma sempre a mellor campaña que sei facer é a de achegarme aos coñecidos e falar con eles.
Normalmente non son eu quen quita o tema "política", senón que xa o fan eles expontaneamente, debe ser pola miña militancia coñecida nunha determinada opción política. Logo xa de algunhas campañas como militante, repítense as mesmas situacións nos sábados de reflexión, unha das máis curiosas é a seguinte:
entre licores-café, cervexas e cubatas a xente é máis propensa a falar do tema, como se polo día fose unha especie de tabú falar dos problemas que nos afectan a todos. Normalmente esta xente coa que falas desprende moito optimismo, e di cousas como "esta é a vosa", "veña que o tendes aí",... como se quixesen deixar claro que eles están aí e que son dos "nosos"...e hai momentos no que chego a crelo...
Curiosamente esas mesmas persoas que tan efusivamente se achegaron a saudarme e a darme folgos, véxoas o domingo no colexio electoral logo de votaren. A efusividade nocturna voltouse en silencio resacoso, algúns incluso evitan cruzar a súa mirada coa miña ... como si tivesen algo que ocultar... como se ao verme lembraran a conversa da noite anterior e se deran conta de que non estaban sendo coherentes co que decían pola noite e co que acaban de meter na urna....
Sábado noite, viño Ribeiro
Primeiras ilusións de cambio
Domingo noite, resaca
non chega, máis avanzamos.
Sábado noite, Estrella Galicia,
A alternativa está moi preto.
Domingo noite, resaca
non chegou toda a mensaxe.
Sábado noite, Cacique con cola
a ver que pasa, optimismo.
Domingo noite, resaca
retroceso
Sábado noite, licor café
xa non hai ilusión.
Domingo noite, resaca
a debacle é real.
Sábado noite,....
Quero máis sábados noite
Quero seguir soñando
Quero seguir pelexando
Eu aínda creo no meu país
Onte saímos de copas pola zona vella de Compostela Abrilsempre máis eu. A idea era recordar vellos tempos, e tentar subir a moral, xa que as enquisas electorais e todo o que rodea a esta campaña non nos transmite nada bo. Previo ás copas estivemos no acto central do BNG en Compostela, e a verdade o acto en si non provocou o subidón que buscábamos e que si nos ten provocado en ocasións anteriores.
Fumos a comer orella e a tomar os primeiros licor-café empezando a razonar e a sentirnos uns bichos raros... ao fin de contas nun pais de case que 3.000.000 de persoas , cantas teñen conciencia de país?... 100.000, 50.000, 10.000,.... chegamos á conclusión de que moitas menos... Chegamos incluso a decir que de cada 200 persoas, só 1 tería unha conciencia semellante á nosa. Mirábamos ao noso redor, e nese bar víamos claramente que nos os dous rachábamos a estatística...Sen país, para que queremos o poder político?
O licor café e a cervexa seguía baixando igual que a nosa moral. Empezamos a ir de bar en bar e vendo as mesmas caras en cada lugar ao que chegábamos, incluso chegamos a ver a algún grupo de rapazas cunhas pegatas mitineiras iguais que as nosas... pero seguíamos sentíndonos incomprendidos...
Ata que chegamos ao Avante, e alí atopamos con máis cervexas nas mans, con cancións reivindicativas nos oídos,... e con xente nacionalista ao noso redor. Incluso apareceron como saídos do tunel do tempo xente que estaban en Galiza Nova hai 8 anos... Empezamos a falar con xente do pasado, xente do prensente e incluso xente do futuro... Seguimos bebendo.... E aí si que tivemos subidón de ánimo....
Máis somos conscientes de que non todo o país é Compostela, máis non todo o país é o Avante... pero a nós deixádenos soñar.
Seguimos na loita.

De volta á casa logo do choio, párame un dos señores de verde .
- Espere que en seguida le digo a que velocidad iba.
-...
Tráeme o papeliño, e dime:
- Iba a 76 km por hora en una zona en la que solo se puede ir a 50. Tiene usted una sanción de 200 €, que se quedan en 140 € si la abona antes de 15 días.
- (Vivan las rebajas!) Ah vale, e onde a pago?.
- En cualquier oficina de correos.
Asino e o home de verde entrégame 2 papeliños... sorpresa!! un está en galego.