
...as gaivotas aquí fan moito ruído. Esperto moi a miúdo co seu bruar, será que son de interior e que non estou afeita...
Acabou de remexer na cámara e tirou unhas fotos no porto aproveitando a luz natural que aínda quedaba.
...é a foto que máis me gusta, unha foto improvisada, na que non poso. Nela saen miñas dúas irmáns, máis os meus vellos e máis eu. E ningún miramos para a cámara...
Acabaron de ver como se poñía o sol e logo fóronse de cañas.
...impórtache liarme un, pero con María?...
Sobre a súa mesiña de noite viu O ensaio da cegueira en Portugués.
...non te rías...
Tiña razón,o ruído que facían as gaivotas non o deixaron durmir en toda a noite.
...acabome de cruzar do batalhador, non foi para o desguace...
Estimada directora de Rapazza:
Antes de nada quero felicitarche pola iniciativa que tiveches á hora de sacar para adiante un proxecto editorial de semellante envergadura.
Logo de ser unha asidua lectora mensual da vosa revista atrévome a escribirche coa intención de comentar contigo un episodio da miña vida que me está corroendo por dentro.
Levo varias semanas indo á Berhska que hai na miña vila coa intención de atopar algo de roupa que me adecente un pouquiño, sen chegar a ser popstar pero que me dé un aire de miñaxoia para tentar ferretear con un ao que lle teño botado o ollo.
Eu son máis ben tipo muller grande (mullerona como me din algunha das amighas máis lerchas), mido sobre metro oitenta e cada vez que me peso rezo dúas avemarías a San Manasul coa esperanza de que a báscula non me devolva tres díxitos. Eu considérome unha persoa normal, e para nada me vexo grande, nen gorda, nen fea, faltaría máis! a autoestima téñoa a altura das chemineas de Ence.
Como chee dedía acostumo a frecuentar Berhska e máis o mercadiño dos sábados, por certo aproveito para convidarche a que mandes a algunha reporteira para que faga unha reportaxe sobre o mercado da miña vila, de seguro as lectoras llo agradecerán. Neste mercado é fácil atopar roupa e complementos que pode poñer calquera para unha desas ocasións nas que o botellón se fai diante da porta de Facenda e non a cuberto no garaxe de alguén.
Sen embargo non ocorre o mesmo na tenda do señor Ortega, alí todo é moi mono pero as tallas grandes “ya las han terminado”.
Eu aproveito dende aquí para que utilices a túa influencia, e fales con quen teñas que falar, para que nas tendas de Inditex se poñan á venda roupa que teñan máis dun X na etiqueta. Acaso as mulleres que somos algo grandiñas non temos dereito a ir vestidas como as rapazas que saen na súa revista?
Agradecendo por anticipado as túas xestións despídese:
Yessica María, mariscadora da Arousa.

Como as tarefas de verán non me agobian, baixei ata a praza de abastos da Ítaca a mercar sardiñas para asar, pementos de Padrón (dos que pican e máis dos outros) e dúas leitugas pequeneiras.
Rematado todo o choio que tiña para hoxe, fun ata a taberna onde esta currando Abrilsempre a tomar a cocacola sen vaso. Entre a mugre carteleira do garito topei esta xoia.
Víchedes, algunha vez, tantos friquies nun mesmo cartel?, e tantos esponsors?
Me imaxino que este acto o presentará Gayoso.

As veces penso en como me molaría currar nun medio de comunicación para facer cousas así. Mirade a tira inferior da primeira páxina de La Voz na edición Barbanza de hoxe.
Aparece tío Manuel e máis a curia, inaugurando o Parador de San Estevo de Rivas de Sil. Á mesma altura, e coa mesma importancia, sae un anuncio dun dos Clubs de alterne de máis sona da Barbanza “O Relax”.
Pero o que máis me gusta é o titular “Paradores abre un hotel de cuatro éstrellas....” a cal das dúas imaxes se referira á da garota en roupa interior ou á de papuchi cos seus acólitos?
É unha desas cancións que forma parte do inconsciente colectivo, e hai unhas semanas oínlla cantar nun karaoke de aldea ao conserxe do colexio. Púxome os pelos crechos.
Hai uns días, mentres conducía, chorei dabondo ao oíla de novo...
Entre risas novas
e militancias pasivas
xurdíu a maxia.
Anos de espera
e de pecado reprimido.
O pecado fíxose carne
e logo non collemos aquel tren.
No sitio aséptico onde todo comeza
e todo remata
vexo ao feto metido no cilindro transparente,
a televisión en blanco e negro,
o coitelo sen mango,
a impresión do cartón de Record na lacena,
o galpón de uralita,
o tarabelo no portal,
o salón vacío,...
vexo á criatura cos ollos de axuda
que abraza ao gordo noutro sitio aséptico
Cheguei chorando para recoller
antes xa chegara chorando para colocar
sego sen afacerme a ter as cousas
en varios sitios á vez
desaparecen ou non aparecen...
pero isto non lle pasa só as cousas
os sentimentos tamén che son así.
...arriamos as bandeiras e cada un colleu as súas...

Este barco pertenceu ao pirata Landrú , un dos últimos piratas que percorreu a ría. Landrú gustaba de abordar pequenos barcos de comerciantes e coller todas as riquezas que levaban neles. Dise que Landrú se botou a facer o mal por culpa do Conde da Mámoa.
Tamén se conta que este conde era inmensamente rico e que tiña moitos barcos que pescaban sardiñas e moitas fábricas que as enlataban. Daquela Landrú tiña sona de ser o mellor dos seus patróns e normalmente tocáballe pescar nos sitios máis arriscados. Pero sempre volvía coa cuberta chea de sardiñas.
O conde tiña unha fermosa filla de cabelos dourados chamada Mariña.Ela gustaba de pasear polo porto vendo como os barcos descargaban os peixes para ir para a fábrica. Alí foi onde coñeceu a Landrú e alí foi onde se namoraron.
O conde cando se enterou do namoramento da filla e do capitán enoxouse moitísimo xa que consideraba que un patrón de barco non estaba a altura da súa filla. Prohibíulle a ambos que se volverán a ver, pero foi inútil. Cada mañanciña víanse ás agochadas cando Landrú viña de arribada.
Por culpa doutro patrón, envexoso da sorte de Landrú, o conde enterouse de onde se vían os dous namorados. Foi ata alí e arrancou dos brazos de Landrú á súa amada. A el despediuno dos seus barcos e encargouse de que ningún armador lle voltase a dar traballo en ningún porto da ría. A ela mandouna lonxe, moi lonxe terra a dentro.
Dise que Mariña non puido soportar estar lonxe do seu namorado, dise que cortou a súa fermosa cabeleira dourada e que se embarcou, nun porto lonxano, coa esperanza de cruzarse novamente con Landrú. El soubo do que fixo ela e sen dubidalo foi ata o porto e colleu o roubou o barco máis rápido do conde. Dende aquela estivo abordando todos os barcos que se cruzaban no seu camiño na procura da súa amada Mariña.
Non se sabe se ao final se voltaron a topar os dous namorados. O único que queda deles é este barco fundido cheo de moedas que ten no mascarón de proa unha fermosa muller de cabelos dourados.

Ao final nen festigal nen mani-festa-acçom. Fiquei na Ítaca a non facer nada. Houbo calor abafante e pegañento todo día. Ás 11 da noite, farto xa de suar, fumos toda a familia a dar un baño na praia cubertos pola noite.

... dúas compenheiras tomando o sol do grande día...

Na imaxe, Suso, unha das mentes libres que viven na Ítaca. Él xunto co resto dos Ruidosos van de festa en festa dando caña e repartindo alegría.
Cando foi desto a furgalla de Suso foi das primeiras en encherse de lotes e xente para ir quitar á merda que viña do mar. Lembroo, tamén, como aquel 1º de Decembro estaba, xunto co resto das conciencias libres do país tocando o bombo na manifa.
A Suso non é difícil atopalo na Ítaca ou en calquer outro lugar onde haxa unha feste reivindicativa.
Como ben din "Só existe o ruído!"

Ao caloriño do Encontro Cívico Global (Hermanamento) encadrado no programa oficial da Dorna constitúese na Ítaca o colectivo Mensia en Público e Rioja ás Ajachadas (M.P.R.A.)
1º Justanos o viño tinto galego.
2º Reivindicamos que se movan os marcos do país, para termos lindes con Huesca.
3º Reclamamos a soberanía das vides da Rioja Alavesa.
4º No caso de non haber viño galego, beberemos Rioja en público como xesto de boa vontade.
5º Beberemos barrantes pra pintar os beizos.
6º Non hai tinto malo, hai jaseosa sen forsa.
Asdo.: O Directorio Revolusionario do M.P.R.A.

…arriamos as bandeiras, metemos todo en caixas, deixámolo sen vida…

Chegou a néboa do sur, tinxíu a praia das mellores cores, das cores do inverno. Alonxou aos que non son de aquí e só ficaron a area, o mar e as gaivotas.
Alí, no fondo só se albiscan as Miñoteiras, non se intúe o descoñecido. Fica todo en silencio na humidade da néboa, só interrompido por algún rechouchío das que voan.
A néboa está marchando e eu comezo a non ver nada.

Nestes tempos onde no colectivo naciolista máis importante soan as trompetas de escisión, entereime de que explusaron de Nós-UP a un rapaz por " infantilismo revolucionaro" e "pequeno burgués"... rediola como mola a tolerancia!
pesado como a carga do ferreiro
saudoso como o emigrado fai 30 anos
feble como un marine ianqui
incomunicado como o móbil sen batería
doido como o namorado non correspondido
vacío como o folio en branco
derrotado coas bandeiras prohibidas

Estabamos nunca carpa oíndo música de Breizh á vez que mirabamos como os bretóns se collían para bailar en grupo. Estabamos tranquiliños vendo Bretonadas e comentando as similitudes/diferencias que había entre as musicas e bailes bretóns coas nosas. El acercouse a preguntar se éramos portugueses. Dixémoslle que galegos. El puxo un grande sorriso e dixo nun correctísimo galego “Oh, a miña nai tamén é galega, de Maceda”.
Chamábase Erwan, nome bretón segundo nos contou.Comezamos a falar das situacións das linguas: a galega e a bretona, das cousas que se fan e das que non se fan por elas. Démonos conta que se a nosa situación é moi fodida pero a deles e xa case terminal. Contounos que el aprendera a falar o galego había uns anos oíndo a súa avoa cando viña á Terra nos veráns. Con certa envexa nos dicía que alí non había nin tele, nin radio, nin case que partidos políticos bretóns,... Alí non se pode vivir en Bretón.
Convidámolo a unha lata decíndolle “Non está moi fría xa que leva todo o día na mochila”, e el contestou “Dá igual, é do País”.
Latricamos e aprendemos durante longo tempo dos seus bailes, das súas músicas, dos seus lugares,...
Comentámoslle que nos chamaba moito a atención a seriedade coa bailaban e que houbese tanta xente nova bailando daquel xeito.
Díxonos que o baile o senten de xeito especialmente serio, non así a súa lingua, e que a mocidade era moi afeccionada a ir ás Fest-Noz (festas nas que se tocaba e se bailaba música do país).
Contounos que era músico nun grupo folq bretón, Torrpen, e que ao día seguinte ían tocar naquela especie de carpa que tanto nos recordaba a Luar (sen Gayoso e sen Tonechos).
Despedímonos regalándolle unha bandeira e dicíndolle que íamos volver ao día seguinte para velos tocar. E volvemos, e vimos como a nosa bandeira estaba no escenario.
Aquela noite rematámola gasificados pola police, e iso que case que non cantamos... para as vindeiras edicións deberían poñer no programa das festas "Ás 3 da mañán grandiosa carga policial para os que queden de preas polas rúes".
Atopamos parte da Bretaña que íamos buscando.
... xa chegamos a GZ ... e agora imos de Juateke... crónica nos vindeiros días...
Onte estivemos de paseo pola costa. Vimos bater o mar nos faros, as pequenas estradas bretonas e incluso chegamos a intuir GZ.
Pola noite, xa metidos no recinto da Fête, paseamos entre veleiros e marinheiros de estranas falas. Acabamos abrigandonos nunha carpa onde uns musicos de aqui facian bailar a vellos e mozos dun xeito ben curioso. Todos xirando en corro agarrabandose cos menhiques a vez que se movian os pes.
Cando cerraron a carpa, arrancamos, cunhas bebidas nativas nas mans, pola explanada cantando vellas cancions marinheiras. Sen andar moito atopamos ao resto da tripulacion que nos axudou a rematar o concerto. Unironse ao grupo dous musicos locais (un era etnografo e o outro enologo) e un grupo de mozas bretonas. Por fin topamos xente que fala breton!
O concerto rematou cando a Police literalmente barreu con todos nos. Vese que a cabroneira da policia e un feito transcultural. Acabamos con boa parte destas bandeiras e das de NM repartidas entre os manifestantes.
Rematamos a noite nun piso coas bretonas bebendo licor cafe e canha de herbas e falando breton. Ensinaronnos cousas como:
Dont a rez da evan us banne pe fet ? Que ven sendo o noso "Es de aqui ou ves a festa?"
Post sen acentos, porque non hai quen se aclare neste teclado breton
Viaxe, autoestradas, peaxes,...
Atracamos o coche en Brest e collemos unhas latas, e antes de que dèsemos os primeiros grolos xa nos apareceu unha tipa preguntando de que parte de GZ eramos... De momento tamen foi das unicas que sabia o que era Galiza.
O recinto da feira ten casetas e barcos de diversas cores e sabores. O noso, xunto con parte da tripulacion, quedou fundido no porto de orixe...
Entre as visitias que fixemos esta o CEDRE. Deixamoslle un regalinho en forma de bandeira.
Tamen estivemos vendo a actuacion de Carlos Nunhez... hai que ver o exito que ten este entre as madurinhas!
En fin, que ainda non vimos a Bretanha que vinhamos buscando, pero todo se navegara.
Lle ne sui pa espanolo, lle sui galisien
Tentarei postear dende alá.
A Vanesa e o Santi son dous amigos de Abrilsempre que viñeron a semana á Galiza. Ela catalana sofisticada e el catalán afeccionado a escribir. Abrilsempre e Santi coñecéronse hai uns anos cando erasmeaban pola Coimbra. E entre vellas historias e paseos pola Compostela Vella compartimos lambonadas e historias doutros sabores.
Marcharon o domingo pasado logo de ver o que hai que ver en Compos (Fogar so Santiso incluído) cunha promesa de intercambiarnos libros por correo para seguir tendo recendos distintos nos nosos ollos.
Hoxe recibín unha chamada dende un teléfono fixo que comezaba por 93. Do outro lado unha voz feminina, cun claro acento catalán, preguntoume:
- Está la Vanesa?
- A Vanesa? – xa ía decirlle que se confundira, pero engadín – Eu coñezo a unha Vanesa catalana que ten un mozo que se chama Santi. É esa?
- Si, es esa.
- Pois eles estiveron a semana pasada no noso piso pero xa marcharon para Catalunya o domingo.
- ...
- ¿Y que haces tú con el móvil de Vanesa?
- Non, este teléfono é o meu.
- Ah, púes hasta luego.
- Chao.
Como é que unha rapaza, coñecida de Vanesa, dou chamado ao meu móbil? Eu non lembro darlle o meu número á Vanesa...
Puidera ser tanta casualidade que esa anónima rapaza quixese falar con Vanesa, se confundise ao marcar e dera comunicado cun galego que a coñeceu a semana pasada?

Por idade e por nacionalidade non tiven a sorte de vivir o 25 de Abril portugués, tampouco a ídilica vida da chamada transición española. Gábome, sen embargo, de ter estado preto do que creo que foi acontecemento social máis importante dos que nacemos cando a dictadura estaba morrendo: o movemento Nunca Máis.
Estes tres episodios próximos, e o feito de andar dende moi novo en endórmenas colectivas, deixaron poso na miña conciencia para entender claramente cousas como: participación, democracia, cidadanía, rebeldía, espíritu crítico...
Máis este post non vai sobre estes acontecementos que tan presentes temos moitos de nós, nin tampouco de teoría dos valores básicos de calquer cidadán.
Este post vai sobre unha festa, a festa da Dorna. Si, de algo que se supón banal e lúdico onde non hai nada máis por debaixo que o propio feito de pasalo ben...
Quizais debera falar do ben que o pasamos xogando, facendo carrilanas, botándonos ao mar cos nosos barcos, cantando polas tabernas, bebendo, rindo,... Pero non, non quero falar diso, iso dáse en moitas outras festas.
O que fai especial á Dorna ten moito que ver coa aplicación práctica dos principios que escribín arriba. Si, crédeme, cando vos digo que estas grandes palabras transfórmanse en realidade na miña Ítaca durante os días de festa (do 16 ao 24 de xullo).
Por exemplo, a participación concrétase en que non hai unha comisión de festas (ou ramistas) que deciden que programa vai haber, que aboan a golpe de talonario todas as actividades . Non, iso non é así. Participamos todos na organización e no desenvolvemento da festa, tanto vale unha opinión dunha rapaza de 15 anos como a dun “señor” de 50. Todos somos participantes e organizadores activos.
Historicamente a Festa da Dorna xurdiu hai máis de medio século cunha clara vocación social. Todos os anos se desenvolvía un baile de gala no que todo o recadado servía para mercar unha dorna. Dorna que era entregada a unha das persoas máis pobres da vila, iso significaba darlle un medio de vida a alguén que non o tiña. Nós anos 80 a festa mudou radicalmente e se lle dou un cariz máis participativo, implicando cada vez a máis e máis xente. Eso soubérono facer moi ben a xente que estiveron, e están, coordinando a festa.
Durante os días previos, e durante os de festa, dáse un especie de espíritu que nos molla a todos. Este espíritu dorneiro fai todos xuntemos as mans para facer, fai que todos nos saúdemos con efusividade, fai que se reforce o espíritu colectivo, fai que berremos contra o poder,... Non é fácil describir as cousas intanxibles. Pero a min recórdame moito, salvando as distancias, ao espíritu daqueles días onde fumos coller negrura do mar.
A magoa é que este espíritu só se respire durante esa semana na Ítaca.
Este espíritu fai que os que somos de aquí teñamos como sinal de identidade esta festa moito antes que calquer equipo de fútbol, partido político, etc.
Xa sabedes, a algún de xa vos invitei (na miña casa hai sitio), espero compartir unha cervexa no chiringuito dorneiro dentro duns días.
...non hai como escoitar ese son que avisa de que un boas noites teu vai entrar polo móbil...

Esto...algúns dorneiros que andamos polo blogmillo poñemos proa a Brest. A partir do xoves, e durante unha semana, imos estar no encontro de embarcacións que se celebra cada 4 anos nesa cidade da Bretaña. Estes encontros son unha mezcla de feira, concerto, acampada, etc salpicadas cunha chea de actividades culturais que xiran entorno ao mundo do mar.
Iremos coa Arroutada, unha das dornas da nosa Cofradía a navegar polos mares bretóns.
Xa temos medio equipaxe feito: unhas camisetas reivindicativas, unhas pañoletas-bandeira da patria, unha manchea de bandeiras de Nunca Máis,...
Só nos falta un pequeno vocabulario básico, bretón e francés, para entendernos con aquelas xentes.
Quixen oir por segunda vez:
Eres como una mariposa
vuelas y te posas vas de boca en boca
facil y ligera de quien te provoca
Yo soy raton de tu ratonera
trampa que no mata pero no libera
vivo muriendo prisionero
Mariposa traicionera
todo se lo lleva el viento
Mariposa no regreso
Ay, mariposa de amor, mi mariposa de amor
Ya no regreso contigo
Ay, mariposa de amor, mi mariposa de amor
Nunca jamas junto a ti
vuela amor, vuela dolor
y no regreses a un lado
ya vete de flor en flor
seduciendo a los pistilos
y vuela cerca del sol
pa'que sientas lo que es dolor
Ay, mujer como haces daño
pasan los minutos cual si fueran años
mira estos celos me estan matando
Ay, mujer que facil eres
abres tu alitas, muslos de colores
donde se posan tus amores
Mariposa traicionera
todo se lo lleva el viento
mariposa no regreso
Ay, mariposa de amor, mi mariposa de amor
Ya no regreso contigo
Ay, mariposa de amor, mi mariposa de amor
Nunca jamas junto a ti
vuela amor, vuela dolor
que tengas suerte en tu vida
ay, ay, ay, ay, ay dolor
yo te llore todo un rio
ay, ay, ay, ay, ay amor
tu te me vas a volar
e o meu craviño quedou sen batería...

Este ben podía ser o primeiro ou último post, pero vai polo medio.
O Paleón que algún de vos coñecedes é un tipo que escribe cousas e logo as colga pola rede. Tamén é afeccionado a sacar fotos, e buscarlles interpretacións a través de teorías pseudosociolóxicas ou pseudoliterarias, que pega neste albúm de cromos que algún de vos le. Máis ese Paleón ben pode non existir, pode ser un personaxe creado por alguén que se senta no teclado e expresa cousas que non sinte e nas que non cre...
Sen embargo eu si coñecín ao verdadeiro Paleón, ao orixinal. Este Paleón non tiña nin idea do que era internet, o teléfono móbil paracíalle un “ghode cartos”,... e eso de non currar nun traballo onde non se sude non era traballo...
Este Paleón foi navegante, dos de verdade, dos que navegaron por mares de salitre: dos de Terranova, dos do Banco Canario Sahariano, dos mares nosos,... Destas navegacións trouxome recordos en forma de historias: de bacallaos máis grandes que homes, de ceos cheos de avións de guerra, de ametrallamentos dende submariños...
Pero tamén tivo navegacións en terra firme nas que me trouxo memorias en forma de fichas de cochiños de choque, revolteos na dorna, xeitos de comportarse, de entender a alegría de vivir ata o final,...
O Paleón que escribe herdou o seu nome, porque o orixinal non tivo bens tanxibles que deixarme en herdanza. Si, tomei o seu nome e non me inventei ningún novo. As ondas do mar e as historias contadas xa mo tiñan asignado antes de que eu fose eu, porque ía chamarme doutro xeito?.
Cando este Paleón que ledes mira para atrás e ve a aqueloutro navegante de mares vese así mesmo, ve como foi mudando durante un tempo que considera crucial no seu devalar, ve como se foi aproximando inconscientemente a aquel que xa non navega...
Van hoxe dous anos dende que fixo o último enrole na Libreta de Navegación... A ti, verdadeiro Paleón, mándoche un saúdo en forma de pitillo compartido no sofá da casa vella.