dezembro 31, 2004

Desexos que non se van cumplir no 2005

- Deixar de fumar (cando menos deixar de mercar).
- Facer deporte (usar menos o coche quero dicir).
- Acabar de ler máis libros dos que empezo (mercar menos e ler máis, of course).
- Rematar o que empezo (léase: non meterme en máis andórmenas).
- Percorrer novas estradas (quero dicir darlle máis ganancia a Repsol e Campsa).
- Seguir descubrindo xente nova (abrir os ollos máis).
- Redescubrir a xente vella (abrir moooooitisimo máis os ollos).


Que a estrela vermella que ilumina isto siga brilando para tod*s.

Postado por paleon em 10:15 PM | Comentários (362)

dezembro 28, 2004

A Vos de Jalisia

28122004.jpg

Hoxe inaujuran a ponte que unirá Ribeira con VillajarsíaTras moitos anos esperando o AVE e máis a autovía, por fin se inaugura unha infraestructura de comunicasión en Ribeira. O projreso está chejando “á novena maravilla”.

Redasión

O alcalde de Ribeira, José Luís Torres Colomer, inaujurou hoxe a Ponte Interprovinsial da Arousa que vai unir definitivamente Ribeira con Villajarsía. Verase por fin culminado o soño de unir por terra as dúas siudades máis importantes da ría. “Xa estamos iniciando os trámites para constituírnos nun único munisipio”- declarou o alcalde ribeirense que co seu afán de acumular carjos xa se postula para ser o novo rexedor de Ciusá Arousa.

Pola ponte transcurre un vial duns 20 kilómetros e pico que vai contar con doble carril, arsén e carril bisi (que por suposto se usará como parquín). No islote de Jidoiros xa se acondisionou unha explanada para estableser unha jasolinera que terá os presios moi competitivos debido a que o seu carácter insular eximea de pajar impostos.

A obra foi finansiada jrasias aos alemáns que residen en Mallorca que a pesar de todo aínda siguen poñendo cartos para morrillo e semento. Tamén se contaron coas cuantiosas aportasións que fixeron os palmeirenses emijrados en Newark. Sendo este un elemento de reivindicasión para que os palmeirenses reclamen un acceso á nova ponte.

Dúas discotecas, 25 bares, 12 cafeterías, un multisine, un casino e un Spar son as empresas que forman parte do políjono de osio instalado na illa de Rúa e que se verán beneficiados pola saída coa que conta a Ponte Interprovinsial. Políjono que fora promovido hai uns anos polo consello a solicitude do comandante Desibelios cando pronunsiara aquelas míticas palabras “xuventú: ide faser ruído ao medio da ría”.

Podes ler toda A Vos de Jalisia baixando este PDF.É unha producción da Cofradía da Dorna.

Postado por paleon em 11:12 AM | Comentários (62)

dezembro 23, 2004

Kedada

Pola leira de María, estase falando de ter unha quedada neste nadal. Avante blogs, avante lk!

Postado por paleon em 08:55 PM | Comentários (36)

dezembro 21, 2004

Salvapantallas

salvapantallas.gif

Postado por paleon em 11:57 PM | Comentários (54)

dezembro 20, 2004

Postal de Nadal

20122004.jpg

Un amigo desexoume con esta postal unhas boas festas (fíxense nos textos que aparecen ;-).

Postado por paleon em 07:24 PM | Comentários (20)

Saudade de ti

20122004b.jpg

Argallada para reivindicar a Andrés do Barro máis info en www.saudadeti.org

Postado por paleon em 07:22 PM | Comentários (164)

dezembro 19, 2004

As chamadas

19122004.gif
Unha voz de muller vella pregunta ao descolgar o auricular "eres o meu sobriñiño?". Miro a pantalliña do teléfono e vexo un número descoñecido cun prefixo de Barcelona. Non señora, confúndese. O seu sobriño debeu de cambiar de número, e agora este teñoo eu... "Eres o meu sobriñiño?", repetíu a señora sen entender as miñas explicacións. Non, señora non lle son, creo que se confunde.

Levo uns dous meses con teléfono fixo e só soou coas chamadas desta muller, sempre preguntando polo seu sobriño.

Calquer día fágome sobriño dunha barcelonesa e doulle unha alegría.

Postado por paleon em 10:20 PM | Comentários (20)

Arredemo

arredemo !

Mañá luns 20 de Decembro ás 20 h. no local da Burla Negra en Quiroga Palacios, 13, Soto hai xuntanza Arredema!

Copianse e péghanse os obxectivos desta xuntanza:

- constituir un grupo de traballo de cara a preparar o primeiro encontro físico da comunidade arredema e a incentivar a participación no proxecto.

- reflexionar sobre o traballo xa feito e apurar ideas sobre distintos aspectos: páxina, organización, accións, etc...

a reunión está aberta a tod@s @s que desexen participar nesta fase do proceso.

Vémonos alí.


Postado por paleon em 09:38 PM | Comentários (36)

dezembro 16, 2004

Un ano e un día

Dá medo mirar as letras da memoria. Algunhas foron escritas coa tinta que só dan as bágoas, para saír da soidade que morre no reencontro. Hainas que se pintaron coa cor do licor café que fixeron grandes os sorrisos e as gargalladas. Algunhas non son máis máis que aire que forma ventos inconclusos que quizais fixeron alonxarse o material.
Hai letras de abrigo que veñen cheas regalices e nubes de zucre. Hainas que non chegaron a ser e outras que o foron cheas de recordos vivos tan reais como inventados.

E mentres todo pasa.

Postado por paleon em 12:33 PM | Comentários (247)

dezembro 14, 2004

A Lúa da escritora de silenzos

14122004b.jpg

Escritora de silenzos, aquí tes a lúa que me pediches. Collina preto de onde tes ese grifo que pinga.

Postado por paleon em 09:42 PM | Comentários (33)

Pacoland

14122004.jpg

Regalo de Xosé Antón, grazas neno!

Postado por paleon em 12:33 PM | Comentários (22)

dezembro 13, 2004

de

de xerais, de Ir Indo, das redaccións do Faro de Vigo, de Culturagalega, de vieiros, do cartafol de vieiros, da fundación Barrie de La Maza... e grazas aos virus que traen apegados estoume facendo cos correos da intelectualidade do país.

Ah, tamén chegan os dun tal Carlos, dunha tal Melisa, dun Enlargament de Penis,...

En fin, cousas. Terei que probar co Ratibróm.

Postado por paleon em 09:57 PM | Comentários (20)

2046

12122004.jpg

El amor es una cuestión de oportunidad. No vale de nada conocer a la persona amada ni demasiado pronto ni demasiado tarde.

2046

Postado por paleon em 12:00 AM | Comentários (57)

dezembro 09, 2004

O comunista

9122004b.jpg

O comunista deixoume a súa cama do mesmo xeito que eu lle deixara a miña en Compostela. Xunto co intelectual andivemos percorremos as rúas da cidade poboada de multicultis e antiglobis.

Antes de que abandonase a súa casa fixo que me levara un libro da súa estantería chea de exemplares mercados en librerías de segunda man. En principio non llo aceptei, díxenlle que a min non me gusta dar os meus libros, prefiro mercalos dúas veces e logo regalar un deles, e polo tanto non debería aceptalo. Tratou de explicarme que gustaba de que outros compartisen a sensación de placer que dá un libro, feito que compartimos, e que non se considera propietario deles.

Ao principio non o entendín. Cando me falou dos 50 metros cadrados nos que vivían seus pais e os 2 irmáns, cando me falou das loitas de clase que tiveron que vivir seus pais... entendín e aceitei o regalo.Eu deixeille un exemplar dun dos mellores libriños.


Sintoo, non puiden botar todas as botellas ao mar.

Postado por paleon em 11:53 PM | Comentários (56)

Medo

9122004.jpg

... o medo ten alas...

Postado por paleon em 10:20 PM | Comentários (83)

dezembro 03, 2004

Botellas

3122004.jpg

Botellas ao mar, botellas ao maleteiro.

Postado por paleon em 04:58 PM | Comentários (19)

frio-quente

Certamente na túa prefeitura vai un pouco de frío. Menos mal que fas ben o ghiso americano para entrar en calor.

Postado por paleon em 12:44 AM | Comentários (27)