outubro 27, 2005

Festa do Termo

27102005.jpg


Entérome que o Comisionado da Festa do Termo bótase ao blogmillo, benvidos!!.

Os térmicos son un grupiño de itaquenses que hai uns anos conseguiron un termo na tómbola das festas de agosto, e non se lles ocorreu mellor cousa que montar unha festa arredor do cacharro.

A actividade máis importante que celebran no seu apretado programa é a Proclamación da República do Termo. Este é o espazo comprendido entre o cartel de fin de poboado "Ribeira" ata o de inico de "Palmeira". Son ao redor duns 500 metros de estrada en "terra de ninguén". Eles tomaron posesión dese terreno e reivindican todos os anos o seu termalismo alí.

Non pensedes que a República do Termo é un estado pobre, neses 500 metros está a entrada á Vía Rápida do Barbanza, a Escola Náutico Pesqueira, a pedra das Cabras, o LIDL, o Día e a Citroem. Conta con saída ao mar e cun prado onde pacen 2 ou 3 vacas. Linda pola parte de Ribeira, coa whiskería "Las Suecas" e pola parte de Palmeira coa casa de Carregal, o Sr. Burns local.

Son moitas as personalidades que asistiron á proclamación da República: Kike Morales, Valdimir, Marga Pazos, Suso Bello, Santi Páramo, etc. Incluso foi convidado o Xefe do Estado limítrofe, miren a imaxen deste post para ver a resposta do monarca do Imperio Pequeno. Fixeron o mesmo convite a Cuiña Crespo hai uns anos cando mandaba no morrillo, pero non contestou. Supoño que se o convidasen agora viría para promocionar a súa candidatura...pero que sexan eles os que sigan contando o conto.

Postado por paleon em 10:43 PM | Comentários (20)

outubro 25, 2005

Cacharradas daquí e de Polonia

Xa hai unhas semanas chegoume un SMS anunciando o fulminante cese da Cacharra. Espero que ceses como este, e a volta de profesionais como Manuel Pampín, despois de tanto tempo oíndo só a súa voz, comecen a botar a andar eses novos medios públicos.

Hoxe, por sorpresa, achegouse Arroás ata a Ítaca. Viña cunha amiga polaca. Fixen de axente de turismo local e ensineille dende as Highlands ata o Sahara en menos dunha hora. A rapaza polaca resultou cumplir o esteriotipo- loira, distante pero interesada-. Quería que lle contara lendas da zona e botei man do patrimonio inmaterial.

Contou con disgusto como o candidato conservador Kaczynski ganou o domingo as eleccións á presidencia polac. Eu rinme agusto cando dixo toda seria que o posible primeiro ministro pode ser o irmán xemelgo do propio presidente Kaczynski. Mirade e comparade. Supoño que estes irmáns mirarán o un polo outro, como Cacharro o facía con Mari Carmen.

Postado por paleon em 11:14 PM | Comentários (897)

outubro 24, 2005

Lustres Rivas

24102005.jpg

Manuel Lustres Rivas, foi xornalista e escritor nacido na Ítaca en 1888. Buscouse a vida traballando en moitas publicacións da época, chegando a ser director de El Faro de Vigo. Como home comprometido co seu tempo estivo moi implicado dentro do chamado movemento agrarista de principios dos XX. Como escritor destaca a autoría da primeira biógrafía de Castelao.

Morreu fusilado polo dereita fascista en 1936.

Dende Altofalante non queremos esquecer quen foi nin o que fixo e ademais queremos que os iaquenses non esquezan o que pasou e que os grandes acontecementos non só os viviron "xente de fóra". Andamos na procura de datos, informacións varias e sobre todo material gráfico, así que se tedes algo por aí deixade recado pora aquí.

Deixovos cunha das xoias que hai na biblioteca municipal da Ítaca: Apuntes para coñecer o teu concello. Trátase dunha serie de publicacións feitas en máquina de escribir e editadas usando esa maravilla gutemberiana chamada fotocopiadora, que cun tono didáctico e sinxelo editaba o noso concello ala polos anos 80, todo un acerto. Daquela non había medios pero había quen tirara, agora coa cantidade de recursos que hai para facer cousas... pero claro tendo como concelleiro de cultura a quen temos...

Dicirvos que dende os hevys anos 80 ata o de agora, o noso concello, só editou regularmente unha publicación: o programa das festas de agosto que popularmente se chama o "libro da festas".

Postado por paleon em 10:17 PM | Comentários (25)

outubro 19, 2005

Les Luthiers


Mañán achegareime á Cidadeacubillo a ver os Les Luthiers. Para os que non os coñezan dicir que son un grupo de músico-humoristas ou humorístas-músicos arxentinos. A orixinalidade deles reside na elaboración propia dos instrumentos, eles chámanos "informales", usando textos baseados en humor blanco que non dana, a priori, a ninguén. Todo elo adobado cunha posta en escea sobria propia das representacións feitas por músicos clásicos.

Pastéovos un anaco do tema El Sendero de Warren Sánchez, un dos meus favoritos.

Y aunque todavía faltan algunos días, hermanos, ya podemos ir sintiendo cómo Warren Sánchez se aproxima hacia nosotros, ya podemos sentir su influencia. Hermanos, tomémonos todos de la mano y sintamos cómo Warren se acerca. Por ahí ya lo están sintiendo. Ustedes lo pueden sentir, yo lo puedo sentir, tú lo puedes sentir, tú lo puedes sentir, tú lo puedes sentir. (Jorge Maronna indica que no con la cabeza). Bueno, estas cosas pasan. ¿No sientes nada, hermano? A ver, concéntrate, piensa, trata de pensar en algo agradable, algo que te produzca mucha paz... No, eso no, guarro. Pero hermanos, esto tiene su explicación y yo se lo voy a demostrar con un ejemplo que figura en el libro "Warren tiene todas las respuestas", y que ustedes pueden adquirir en el puesto instalado en el hall del teatro, que en uno de sus párrafos dice: "Cierta vez Warren, mientras caminaba con alguno de sus seguidores encontró a un hombre joven dispuesto a quitarse la vida tendido sobre las vías del ferrocarril. Y habiéndole preguntado Warren "Desdichado, ¿qué haces ahí?", el joven contestole llorando "Mi novia me ha dejado". Y Warren díjole: "La verdad es que podía haberte dejado en otra parte". Luego, levantolo, aconsejolo, y consololo "¡Venga, Lolo!". Pero hermanos, esto mismo lo veremos mucho más claro todavía a través del siguiente testimonio:

Postado por paleon em 11:55 PM | Comentários (9)

outubro 18, 2005

Eleccións a delegada

Vía Código Cero, entérome que Olga Tellería, alumna dun instituto de Oroso, preséntase a delegada da súa clase de 1º da ESO. Nada especial, se non fora porque esta espabilada alumna fixo un vídeo para promocionar a súa campaña. Non te desperdicio ningún e ben vale a pena baixalo e recrearse... A toda mecha, voto por Olga Tellería.

Ai, porque Olghiña non sería miña alumna ? envexa de profes.

Postado por paleon em 10:57 PM | Comentários (5)

outubro 14, 2005

Falando a modo: Os Incendios

incendios.jpg

O vindeiro sábado 22 de outubro no auditorio municipal de Ribeira, ás 19:00 horas vaise desenvolver un debete público sobre o tema dos incendios. Logo da praga que asolou durante todo o verán a moitas comarcas do país, incluída o Barbanza, expertos afondarán sobre as causas e sobretodo en como evitalos.

Asistirán:
- José Francisco Ramallo, Presidente da mancomunidade de montes de Carreira.
- Francisco Dans, Presidente da Asociación Forestal de Galicia.
- Oscar Freire, Responsable de Montes de ADEGA.
- Alberte Blanco Casal, Director Xeral de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Medio Rural.

No debate, haberá un tempo para que poida participar o público presente.
Organiza a Asociación Cultural Altofalante.

Postado por paleon em 10:21 AM | Comentários (10)

outubro 12, 2005

Unha branca de cobre para Martiño

Neste domingo enquistado no medio da semana dame por rematar o libro que teño na mesiña de noite: Unha Blanca de Cobre para Martiño premio Merlín deste ano.

O libro sen ser unha alfaia lese ben dun tirón. Está moi ben documentado caendo ás veces no didactismo, algo que a rapazada percebe nun tristras ao pasar unhas páxinas.


Postado por paleon em 10:49 PM | Comentários (3)

AFP

A AFP (Amigos da Farola do Plaza) é un dos colectivos decaralladaperoconretranca que afloran na Ítaca.

Os que bebemos por estes bares sabemos das súas troulas e das súas mensaxes anti-todo, no que a única patria é a infancia tal e como se recorda, todo o demais é inventado. Afirman que só cren na Virxen do Carmen: "única y verdadera".

Para os que teñan curiosidade poden mirar o seu libro de visitas e botar un risas intelixentes con marcado carácter local.

Como mostra, este anaco de entrevista feita a un dos membros máis novos da AFP: Fernando Arca. Outra vez o medio de comunicación social de maior influencia de toda a comarca, barplaza.com, estivo alí. Poden ler a entrevista enteira aquí.

R. NET: -¿un hito histórico para contarle a los nietos y que le haya marcado para siempre?

F.A: He tenido la suerte o la desgracia de presenciar muchos hitos históricos, algunos de infinita resonancia por efecto de la Globalización. De todos modos, ninguno me marcó tanto como cuando “Gracias” en gallego pasó a decirse a “Grazas”.

Postado por paleon em 01:19 AM | Comentários (5)

outubro 09, 2005

Radio

Mentres me deixo levar pola súor do mollado, tento centrarme nas cousas que teño entre mans. Pasan as follas do calendario sen ser quen de encher os espazos en blanco deste blog dun xeito regular. Falo a saltos, ou por empachos, ata saturarme a min mesmo e logo cesar. O mesmo me está pasando cos libros: deixoos no andel e só teño na mesiña de noite o Merlín. A cabeza disólveseme entre os proxectos pendentes.

Morro de ganas de oír a radio nova que fan Tomás Lijó e Belén Regueira (ninguén ten un mp3 por aí para mandarme ao correo?). Seguro que son a punta do modelo de medios de comuniación que estamos esperando mudar.

Polo que sei o conglomerado de radios locais galegas teñen o proxecto de emitir por internet. Pero de momento só é papel (ou bits), pero non estaría mal que lideraran o cambio as radios pequenas, usando os medios do século XXI.

Postado por paleon em 09:38 PM | Comentários (14)