
Vexo como a carpeta Cousas Pendentes vai perdendo iconas. Aínda quedan algunhas con moitos megas agochados -as moi cabronas non teñen un arquivo .bat que as autoexecute para formar pantallazos con interfaces bonitos-. A estas hailles que meter o código á man.
Comecei a botarlle azucar ao café. Apetéceme fumar.
Hoxe vou participar nunha mesa redonda organizada en Boiro pola Asociación de Empresarios de Boiro e Radio Boiro para falar sobre o asociacionismo na comarca.
Se algún lector/a deste blog anda por alí a eso das 20:30 no Centro Social oirame falar do que facemos na Cofradía da Dorna e en Altofalante e dos problemas do asociacionismo.
Dixo:
"Fumos ficando sos
o mar, o barco e máis nós"
Os fíos invisibles activáronse como o micelio despois dun par de días de choiva. Agromou un cogumelo. Intercambiaron esporas.
Non foi pola rede,
non quedou o seu rastro.




Remitíronnos estas estas excelentes fotos agropopenses.
E.S.G.A.L.L.A (sociedade general de autores a la gallega), e os seus autores figuran na nósa base de datos co nome de "LiraLara". Os mesmos, autorizan o uso libre destas fotografías.
Desculpen pola tardanza, máis o tren viña con retraso.
Iso... que imos patear o Parque Dunar para coller setas.Acabaremos a camiñata recolectora nun muiño restaurado do parque.
O amigo Abrilsempre e máis servidor, como nos aburrimos moito, acabamos de montar chiringo na rede. Xa levábamos dende o verán co asunto, máis agora temos páxina web onde podedes ver os traballos.
Neste escaparete poderedes mercar as camisetas elaboradas con deseños propios.
Ao asunto chamámoslle Manis, non atopamos filólog@ que nos supera dicir a existencia desta palabra coma patrimonial, e podédesnos visitarnos en www.manisdixital.com.
Esperamos os vosos comentarios.
As rotondas son esas cousas que se poñen polo medio das estradas e que os alcaldes aproveitan para poñer horteradas no medio delas ( de memoria lembro barcos, arados, hélices, estatuas, fontes,...).
María e máis Berto acaban de darlle unha nova dimensión a este concepto redondo convertindo esas illas do asfalto nalgo máis productivo. A rotonda é agora unha editora, a primeira editora dixital, que eu saiba, que se monta en Galicia. A miña impresora está escupindo agora os A-4 con o Home Inédito de Carlos G. Meixide, a primeira obra rotondiana. A cousa promete e ben. Parabéns aos promotores!!
Hoxe tamén foi unha ledicia oír a carnocha voz de Xurxo Souto na RG que ten programa, aínda con nome provisional, das 16 a 17.

A xente de Boiro avísame que esta fin de semana van ter as xornadas de audiovisual. Xa levan traballado moito o tema dende o concello coa colaboración de Mr. Misto, organizando obradoiros de iniciación ao audiovisual. No programa das xornadas pártese dunha interesante reflexión na que se asocia cultura, audiovisual neste caso, con participación e implicación colectiva, algo que a algúns políticos lles sona a chinés.
O caso é que van ter, a parte de proxección de curtas, unha actividade bastante novidosa e interesante: Límite 36 horas. Trátase dunha especie de maratón na que os autores teñen que grabar unha curta durante as 36 horas que duran as xornadas tendo como escenario o concello de Boiro. A organización porá a disposición dos participantes de equipos e técnicos que axudarán a montar as creacións.
Apuntándome a esa palabra de moda, digo "beizóns" pola iniciativa.
Ah, nestas xornadas tamén vou participar presentando un dos proxectos nos que levo traballando ultimamente: www.barbantia.org. Trátase da web da Asociación Barbantia, pasen, miren e comenten que a cousa ten forma de blog.