dezembro 28, 2005

Unha nova que non é de coña

hidrolimpiadora.jpg

O alcalde de Ribeira recibe, de parte dos empregados municipais, como regalo de nadal unha hidrolimpadora

Como ven sendo habitual uns días antes de noiteboa, o ayuntamiento de Ribeira fixo unha pequena festa á que asistiron os empleados munisipais e máis as autoridades locais. O alcalde Torres Colomer fixo un breve discurso de ajradesemento e de bos desexos para este ano que comensa. E tal como se fixo o ano pasado, o alcalde ribeirense resibíu un rejalo dos traballadores munisipais. O ano pasado regaláronlle un "cortasespes", supoñemos para cortar a herba da Fieiteira nos seus días libres, pero este ano os traballadores quixeron ir máis alá e faserlle un rejalo realmente útil, trátase dunha "hidrolimpadora". "Vaime vir moi ben para chorrear as cajadas de javota que ten o monolito", declarou emosionado Torres Colomer ao ver o presente. 
Está collida da Vos de Jalisia pero é máis real que a vida mesma.

Postado por paleon em 06:17 PM | Comentários (210)

La Vos de Jalisia 2005

28122005.jpg

Dende a Cofradía da Dorna, e como é habitual cada 28 de decembro, publicamos La Vos Jalisia.

Algunha das noticias que saíron publicados nos 2000 exemplares que forman a edición deste ano son:
- O día da dorna será festivo.
- A Policía Infantil de Ribeira decomisa 300 kg de Petazetas en mal estado.
- A ijlesia católica de Ribeira pecha as súas portas.
- Ao cristo do monumento cheiranlle os sobacos.
- O axuntamento de Ribeira plantéase suspender a lei de jravedade.
- ZP entra nunha peña dorneira.
- A Puebla toma a illa dos Ratos.
- Catalunya no jugará a la quiniela española.
- Torres Colomer, alcalde de Ribeira, confundido con Juán Pardo.
- Ribeira contará con máis zonas verdes.
- etc

Descárguenno e léano que paga a pena.

Postado por paleon em 06:12 PM | Comentários (35)

dezembro 23, 2005

Blog de Papel en Citania

Para os que vivides pola comarba do Barbanza dicirvos que no xornal gratuíto Citania, o Paleón acaba de iniciar o seu "BLOG DE PAPEL". Copio e pego o que pon.

Patrimonios galego-portugueses

Acaba de dicirnos a UNESCO que a nosa cultura non merece ter a etiqueta de “Patrimonio Inmaterial da Humanidade”. As razóns que se deron para non etiquetarnos foi o “exceso” de propostas a protexer. O que presentábamos baixo o conxunto de Tradición Oral galego-portuguesa foron unha presada de cousas, si- entre eleas: as cantigas, as regueifas, as formas de traballar a terra, as embarcacións tradicionais, etc- máis todas importantes e dignas de manter. Pero realmenteo o que se presentou foi unha riqueza cultural viva e con futuro xa que foron os escolares os principais artífices desta candidatura. Lembrar que esta proposta foi multinacional, presentada por galegos/as e portugues/sas difuminando fronteiras que culturalmente nunca existiron.

Galego-portugués tamén é “Mór”, o novo disco de Tonhito de Poi que deixa atrás a etapa de Heredeiros da Crus. Efectivamente o novo proxecto musical conta con músicos desta e máis da outra beira do Miño e fanse chamar a “Banda de Poi”. O son que obteñen é radicalmente distinto ao que Tonhito nos tiña acostumado, dándolle toques místicos nalgúns momentos. Recomendo que non vos perdades o tema que lle adican a Prisciliano, esa especie de Che Guevara galego que na Idade Media, sendo bispo, impulsara o traballo agrícola, fuxía da xerarquía eclesiástica e asignaba un papel activo á muller. Si, claro foi das primeiras víctimas decapitadas polas mans da igrexa. Outro dos temas de “Mór” avoga pola creación dunha liga galega-portuguesa de fútbol. Algo que ven a conto, xa que este 29 de decembro temos unha cita coa selección de fútbol de Galiza, non vai ser contra Portugal, máis si contra outro país irmán: Urugay.

Aínda que parezca mentira non vai ser a primeira vez que se convoque a selección galega, xa nos anos vinte do pasado século, galegos marcaron goles levando os colores do país no peito. Logo o franquismo, xa se sabe, mais restaurada a democracia, tivemos que esperar moito tempo para unha nova convocatoria galega. Nos anos 90 o berro colectivo dos Searios Galegos bourearon en todas as gradas do país que queríamos ver os regates da selección galega, a nosa. Agora, con outros ventos políticos, somos moitos/as os que imos estar orgullosos/as de, por fin, ver a selección. Eso, que o 29 teremos festa rachada en todo o país.

Postado por paleon em 07:40 PM | Comentários (35)

dezembro 18, 2005

O fútbol modesto tamén coa selección

18122005d.jpg

Hoxe no Campo da Tasca en Aguiño celebrouse o partido de 3ª rexional Sálvora C.F. - Queiruga. Previo ao encontro o equipo local, Sálvora C.F. e a A. C. Altofalante organizaron un acto de promoción do partido da Selección galega vai desputar o vindeiro 29 de Decembro e animar á xente a vixar a Santiago o día do encontro.

Os xogadores de ambos equipos saíron ao campo de xogo cunha portando unha bandeira galega, de seguido José Ramón (ex-xogador do Deportivo) fixo o saque de honra sobre o céspede artificial da Tasca.

Os máis de cen afeccionados/as que asistiron ao encontro entregóuselles o seguinte manifesto:

Manifesto: unhas rifas para o lacón e a botella de caña que sorteamos no descanso
O fútbol modesto coa selección galega

Selección galega XA! POR FIN!!!

Árbitro tes dislexia!! .Eso é roja directa!!!.Confundes o amarillo co rojo.!!!

Berro dende a grada dun emocionado afeccionado no campo de herba artificial da Tasca (Aguiño) durante un partido de rexional.

Non foi dislexia, senón miopía o que durante moitos anos non quixo que nos xuntáramos todos e todas ao redor dunhas únicas cores. Só queríamos isto, botar unha pachanga ao fútbol. Onde os xogadores vistan unha camiseta que nos represente a todos e a todas: aos que son da Chámpion, aos que miran de xogar en campos onde os afeccionados se contan por milleiros, aos que saen nas portadas dos xornais, aos que xogan promocións, aos que coma nós, espasallamos as resacas- ou dixerimos o cocido- ghrasias aos cafés con ghotas das cantinas dos campos de terra.

Si, porque esta selección galega vai ser tamén a dos que temos que ir coller os balóns á praia cando alguén lle dá un punteirolo con moita forsa, a selección dos que como único botiquín teñen unhas garrafas de augha do Día, a selección dos equipos de Rexional, a dos grandes afeccionados que animan apoiados dende a barandilla.


Escoita ben: dianteiro-repoñedor de supermercado, presidente-estibador, lateral-mariñeiro, central-taberneiro, interior-peón, árbirtro-marmolista, seareira-estudiante, afeccionado-ghaiteiro, cantineira-costureira, ...a selección galega vai xogar o Xoves 29 en Santiajo, imos estar alí coa mesma ilusión que temos todos os domingos cando ao entrar no campo mercamos as rifas do sorteo dese lacón moi curado ou desa botella de caña.

Máis partidos como este !!
Máis partidos da selección galega !!

18122005e.jpg

José Ramón, colaborador nos anos 90 do movemento de selección galega Xa!, fixo o saque de honra. Polo visto Fran non vai poder estar a tempo para ser capitan o vindeiro 29 de decembro debido a unha lesión.

Postado por paleon em 09:55 PM | Comentários (13)

Xantanza

18122005a.jpg

18122005b.jpg

18122005c.jpg


Amighiñ@s este ano saíron tan escuras e tan movidas as fotos que non fai falla fita negra.

Como foi quedada +18?

Postado por paleon em 09:37 PM | Comentários (45)

dezembro 16, 2005

El final desta época de pollos

16122005.jpg

Este martes tiven a oportunidade de asistir a un dos enterros do fraguismo televisivo: o último SuperMartes.

Acompañamos aos amigos d'A Compañía do Ruído que están iniciando a promoción do seu novo disco, e de paso ver como se fai un programa da tele.

Entre camerinos a xente pasábase teléfonos, abrazábase e quitábase fotos respírabáse ambiente de último. Un dos currantes dinos, "certo esto é unha merda de programa, pero nós (referíndose 100 persoas que curran alí) imos para o paro. O Piñeiro xa ten choio noutro programa da tele".

Fode ver como xente vai para o paro, máis o que facían non é a tele que moitos queremos, seguro que estas mesmas persoas poden facer cousas moito mellores.

Do presentador quédome con estas frases que dixo en antena "deste noso país Galicia" - antes de presentar á Compañía- , "non tedes unha desas camisetas para min?" - falando cun dos Ruidosos- Concretamente referíuse a esta). Nun par de semanas supoño que dirá que é moi colega do Quin. Xa se sabe cousas do Piñeirismo.

De recordo quedeime coa escaleta do SM que xunto cunha máquina de escribir eléctrica que pertenceu a Unidade Galega xa van facendo museo.

Postado por paleon em 04:20 PM | Comentários (15)

dezembro 15, 2005

Pequeno Fuxitivo II

- "Gustar o que se di gustar non, pero si ten un aquel. Ademáis ten mozo, está en 4º da ESO e quítame un par de anos... pero ela abrázame a min... incluso diante del. Somos como da familia."

No seu brazo, subindo pola súa pel, intúense as primeiras letras do nome dela escritas coa blancura do tipest.

Quizais as tatuaxes feitas en tinta chinesa azul son demasiado efímeras.

Postado por paleon em 11:13 AM | Comentários (4)

dezembro 13, 2005

Pequeno fuxitivo

- Mira Paleón, se me toca, voume daquí.

Móstrame un deses calendarios de peto aos que se xogan uns céntimos á lotería de Nadal.

- Se me toca un millón de pesetas, collo á miña amiga P., e marcho.
- E logo a onde marchas? Non ves que con un millón non fas nada.
- Con 6000 euros fago home fago, xa verás como si.

A verdade é que a ficha de problemas sobre o euro que tiña que facer era moi aburrida.

Postado por paleon em 04:01 PM | Comentários (4)

dezembro 12, 2005

Para o partido

12122005b.jpg

12122005.jpg


Entre os expedicionarios a San Lázaro para o día 29: bombos, gaitas e gorxas. Aínda nos queda sitio no autobús, así que apuren.


Postado por paleon em 03:46 PM | Comentários (12)

dezembro 10, 2005

Casette

Á tarde achegome ata Rianxo á presentación de "O Xene da Chuvia" de X. Ricardo Losada. Un libro de contos que non puiden mercar xa que a distribuidora non foi quen de enviar exemplares a tempo para unha presentación-logo os editores se preguntan os porques-. Xa o amigo Antón me falara del, sobre todo dun breve conto situado nunha cafetería, máis supoño que terei que esperar a que deixe comarcas para ir a capitalsiti para mercalo. Tamén vin que magago fala del.
Saúdo a Adolfo e doulle volantina do evento.

Volto cara a Ítaca con ánimo decaído, e iso que é venres, máis atopo á cuadrilla e ao Coidador de palomas. Nunca falei del, aínda que el só merece blog. El é xefe de máquinas nun barco do arrastre, somos grandes amigos dende os tempos en que estudiamos xuntos- si algún día terei que contar a que nos adicamos aquela promoción de mestres- Compartimos piso, habitación e moitas cousas nos tempos das Cruz Campo e vasodepipas a 100 ptas no Berberecho. El conta contos mariñeiros con gusto a carallada. Non queremos saír, por iso nos poñemos cegos de copas no cornecho.

Antes de mudar de laño, falo con xente que graba coa Compañia. Iníciase un debate sobre a necesidade de cobrar polo traballo de tocar e sobre é máis importante transmitir mensaxe ou ben poder vivir deso (quero dicir un debate local entre a rotonda e Jaure- espero que os aludidos se deixen citar como exemplificacións deste debate que se dá nas tabernas-.

Non lembro ben quen, o ron das Bahamas non facilita os recordos, máis fanme encargos de camisetas-por favor manden correo-e que un non lembra.

Logo na universidade local, -miren a enquisa que montou sobre o tema- en dous frentes distintos, se plantexa o tema do estatuto. Póñome institucional, sen selo, máis as veces un ten que facer de todo. Sigo repartindo información do evento.

Acabo falando da miña teoría dos 3 tipos de tesouros mentres axudo a meter unha rabada nun maletero dun coche- si tan subrealista como real-.

Volvo para a casa vendo como alguén deixou no medio da estrada unha fita, desas as que algúns lle siguen chamando casette, co a tira marrón esparexada polo asfalto.

Postado por paleon em 05:13 AM | Comentários (13)

dezembro 06, 2005

Excursión

A idea era facer algo xuntos. Coller o coche ir cara algún lado e pasar o día. Fixemos o pailán ben agusto, xantamos naquelo onde había un supermercado de cadros para ir botala siesta xunta os peixes.

No excéntrico, nada fóra do normal, todos moi respetuosos... como un domingo á tarde.

Postado por paleon em 11:32 PM | Comentários (5)