
Acabo de vir do teatro de ver Bicos con Lingua. Unha obra con moito aproveitamento educativo-lingüístico que fai reflexionar sobre diversos aspectos lingüísticos. Entre eles as "costumes" dos "bilingües". Saen moi ben caricaturizados cando os personaxes se poñen o disfraz de políticos venidos de Madrí a ler el pregón de la fiesta del caldo con unto...
A representación foi moi boa e o texto insuperable... a ver se me fago con el que pode dar moito xogo na aula, se alguén sabe onde conseguilo...
Acabo de chegar do Forum da Lingua . Realmente non asistin a todas as mesas, só fun a de educación e lingua (deformación profesional). A verdade é que os poñentes estiveron ben, non falaron do que esperaba (como ser coherente no ensino sendo reintegracionista e sen ter problemas cos pais/nais, inspección,...).
Pero o interesante veu na quenda de preguntas, non podía ser menos, resulta que un asistente relatou que el vivia en Tui. E como en Tui non había ningún centro de ensino onde só se falase en galego nas aulas, eu só coñezo un: Andaina , pois matriculou aos fillos nun colexio de Valença do Minho ... menos mal que nos queda Portughal!!!

Si, por un día fumos como eles (fachas e circo) e díxemoslle na súa cara o que sentíamos que eran e probablemente nen se derán conta.
... non todos os cerebros están atrofiados coa soma que nos rodea... porque non seremos así todos os días? por que nos calaremos para nós o que nos sentimos?...
Semella que ten que chegar o antroido para que quitemos o disfraz e que nos poidamos sentir libres de expresar o que sentimos.
Dende a Cofradía da Dorna cantámoslle isto:
CRIA CUERVOS... Y TENDRÁS GAVIOTAS: ESCÁNDALO CON SEXO SADO.
YA ESTÁ BIEN, TANTO NACIONALISMO
Y LA REPÚBLICA MARCHA FATAL
AZNARISTAS, QUE NO ANARQUISTAS,
APOYAREMOS A NUESTRA GRAN NACIÓN
AZNARISTAS, QUE NO ANARQUISTAS
ESTE AÑO CANTAMOS, ¡¡AY!! EN ESPAÑOL.
MAMMA MÍA, LA QUE ESTÁN MONTANDO
PUES EN TOQUES SE QUE HAY UN FOLLÓN (‘GICHÓN’)
QUE LE GUSTA METER LA MANITA
¡¡AY!! EN LA FALDITA DE UNA MENOR.
NO ME TOQUES, NO ME TOQUES
NO ME TOQUES AHÍ
DICEN QUE NO ES METER MANO
TARARÍ QUE TE VÍ
Y QUE PAGUE EL CATASTRO LA IGLESIA (‘CARAJO’)
Y QUE DEJEN YA DE MENDIGAR (‘ROBAR’)
Y QUE EL MÉDICO ES PARA TODOS
Y YO, SEÑOR FRAGA, SOY HOMOSEXUAL.
QUIERO SER GAY, GAY, GAY,
GARAGAIGAI, GAY, GAY,
QUIERO SER GAY, GAY, GAY,
GARAGAIGAI, GAY, GAY
YA NO SÉ SI MARCHAR PARA SADA
ALLÍ SE QUE SE GANA UN PASTÓN
Y SI ALLÍ NO TE VA BIEN COMPADRE
TRANSFÚGATE LLONI Y TE IRÁ MEJOR.
CARA AL SOL CON LA CAMISA NUEVA
QUE ME COMPRÉ EN EL CORTE INGLÉS
POR COJONES LLENO LA CARTERA
PA LLEGAR A FIN DE MES.
ARIEL SHARON, CHUSQUERO RETIRADO
CON ACENTO CANARIO VINO PA DEMOSTRAR
QUE NO SON HORAS PARA ANDAR DE MARCHA
LA JUVENTUD SE DROGA, EL PUEBLO VA MUY MAL
TODO LO QUE A NOSOTROS NOS GUSTA
ES ILEGAL O ENGORDA, TAMBIÉN ES INMORAL
Y QUE JUAN PLAZA YA NO VENDE CERVEZA
AHORA TODO EL MUNDO TOMA AGUA MINERAL
Y QUE TORRES MÁS ALTAS CAYERON
NO HAY MAL QUE 100 AÑOS NOS TENGA QUE DURAR.
TRANQUILO JEFE, NOS VAMOS PARA ADEJE
A TI NO TE QUEREMOS MOLESTAR
HIPPIES, PORRETAS Y 4 Ó 5 ASCETAS
ALLÁ SE VA GALICIA TROPICAL
VOTA JOSÉ, VOTA JOSÉ,
JOSÉ, MASA, CEMENTO PA CRECER.
BAIXADA AO INFERNO
Usted no es na'
ni chicha ni limoná
se la pasa manoseando
caramba zamba su dignidad.
Victor Jara
Eneas inicia outra viaxe cara o descoñecido
el pensaba que xa vira todo no seu carreiro
el pensaba que xa sentira todo
mais el aínda nunca fixera a viaxe máis temeraria
nunca pensou que se atrevería a facela
ao longo das súas viaxes xa atravesara a estixia
por varios lugares
xa falara con caronte de todo
pero esa tarde apareceu ante cancerbero
e pregunta, como quen fala cun espello, quen son?
cancerbero non resposta,
pero convidao a pasar ao inferno
Éneas entra con paso dubidoso cara o interior
sinte frío en vez de calor
sinte liberación en vez de medo
máis el aínda non sabe que faí alí
nen sabe se quería estar alí
tarde é para voltar atrás
cancerbero non lle permite voltar á lagoa
o primeiro que ve e un degradado de cores
do violeta nazareno ao vermello pecado
cégase como só cegan as bandeiras de loita
non se entretén na visión
pois sabe que a súa viaxe non é contemplativa
busca respostas vitais no inferno
lémbrase da súa vida no exterior
lémbrase dos sentimentos vividos
máis pensa que son sombras de si mesmo
máis pensa que son disfraces de Plauto
apresura o seu paso e profundiza no inferno
[queda sen rematar á espera de que Éneas afonde no seu inferno]
Compostela, 20-2-2004

Esta tarde estíveno vendo recitar en Compostela. Chegou cheo de símbolos: o toxo dourado da terra e a bugina sonora do mar. Abofé que non decepcionou.
Os seus poemas sonaron tan ben como aquí.

Mirade que mantel hai nunha cafetería de Santiago... que nostálxico non?, recordar aos heroes mortos...o malo é que nas outras mesas non había refencias a Iraq, ao Chile de Allende, de Panamá, de Granada,.... e de tantos outros que asasinaron.
Que mágoa que a persoa que está comendo non saboree algo máis noso...
O imperialismo que nos somete!.
Alguén me enviou este correo... máis non sei quen foi.
--------------------------------------
Ola! Atopei esta nova en culturagalega.org e pensei que che podía interesar.
O Rexurdimento do século XXINo século XIII o rei Afonso VIII de Galicia e
León (Alfonso IX segundo a Historia de España), repoboou as terras do Val de
Ellas, ao norte da actual provincia de Mérida e por aquel entón baleiras. Un
amplo continxente de galegos instalouse naquel lugar, e aló quedaron. Hoxe, os
seus descendentes loitan por conservar a fala que lles deixaron estes afastados
antepasados e que continúa viva, e en breve contarán cun centro de estudo propio
dedicado a esta variedade do galego que sobrevive en plena Serra de Gat Ligazon:
http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=4030
Comentario:
Que che parece como motivo para viaxar?
-----------------------------------------------
Si o autor/a me le aquí poderíalle decir que si que é un excelente motivo para ir ata estas terras, e que si que quero ir e velo. Si alguén máis se apunta que deixe recado por aquí.
Acabo de chegar, cheo de licor café e de estrela, da rúa.
Acabo de chegar de transformar o meu mundo máis pretiño.
Acabo de falar con xente que fai cousas e que ten inquedanzas.
Acabo de atopar xente que quere transformar a realidade en vez de padecela.
Acabo de quedar en conspirar e facer cousas pola nosa vila.
.......
Se vives, ou ves, ou te sintes con inquedanzas en transformar Ribeira ("la novena Maravilla") deixa recado aquí. Pronto tentaremos artellar algo para deixar de ser unha vila aletargada e chea de "soma", estamos agrupando inquedanzas (poetas, músicos, actores, pintores,... e demais xente de mal vivir) para transformar a vila... e logo o mundo enteiro.
.......
Fartos estamos
fartos nos sentimos
temos peito para berrar
temos cousas que transmitir
tomaremos as prazas
tomaremos as rúas
liberaremos conciencias
liberaremos espacios
abriremos vieiros
abriremos mentes
non seguiremos máis consignas
non seguiremos máis ordes
fartos estamos de cumplir
fartos estamos de deixar pasar
liberados de ataduras queremos estar
liberados de estupideces querémonos sentir.
N-550, estrada Compostela-Coruña. Tarde de sol, mimosas e toxos en flor, pouco tráfico, Andrés Calamaro no CD......

Un nai pregúntalle ao mestre do seu fillo:
- ¿ Y tu le hablas siempre gallego a mi hijo?
- Si señora, sempre.
- ¿Y te entiende?
- Si, de momento creo que nos comunicamos ben.
- Es que verás, yo siempre le hablo en castellano porque su padre y su abuela son castellanos.
(Mente do mestre: hai que carallo, xa ben outra).
- Además yo solo hablo gallego en el trabajo, y claro en casa solo lo uso con el niño cuando me enfado.
- Ah.
- Una vez mi hijo me escuchó hablar gallego, sin estar enfadada, y le preguntó a su padre porque estaba enfadada mamá.
(Mente do mestre: toma bilinjuismo harmónico).
- Pero me parece bien que le hables gallego, porque yo prefiero que se exprese bien en gallego y no en inglés. Me parece más útil.
(Mente do mestre: diolopaje).
.......................
Que pasensia hai que ter !!!!
Non é vento nena non;
é o meu corazón que ouvea.
Escoita, é o meu corazón.
Avilés de Taramancos
Sintoo, non o podo evitar voltar ao poeta de Noia/Colombia. Estiven moi preto del o ano pasado e paréceme unha figura a reivindicar.
Escribo estas palabras logo de tomar uns licor café (penso que xa é a bebida ofisial dos blogueiros) e unhas "estrellas" (a ver cando lle cambian o nome á "estrela".
Fun ao cine,máis o importante de hoxe esta na intención de Komunicar, si berro na rede e na rúa quero comunicar a miña intención de ser quen son, si son eu sen armadura e sen disfraz.
Púxenme lírico e escribin nun bar diante dun licor café (deus que bo está):
Fálasme de trens
os trens son uha boa metáfora da vida
percorren quilómetros e quilómetros unindo xente
levando ideas e amores.
Máis o tren non é libre
non pode saír do carreiro de metal que o leva.
Aínda así o tren é símbolo da paisaxe
vese de xeito distinto o mundo a través das súas fiestras.
Gustaríame ter viaxado máis en tren
e sentir a liberación do movemento co seu traqueteo.
*****************************************
E o licor café nublará a miña mente
e eu verei, por uns instantes, as cousas máis claras.
Porque todo é simple
e nós empeñámonos en complicalo.
Co fácil que é falar co corazón,
decindo o que se pensa, sendo un mesmo,
sen armaduras que nos protexan
sen disfraz que nos oculte.
Tempo perdido tentando ser o que non se é,
maldito colonialismo persoal !!!!
*******************************
Ebrios de licor café
amenceremos algún día
logo de ter vivido unha noite reivindicativa
coa que veríamos o mundo con novos ollos.
Dirémonos palabras comprometidas
máis non nos comprometeremos
ou si?
máis seguiremos sendo llibres,
sen dar explicacións, nen respostas a ninguén
ou non?
Ese día eu deixarei de escribir poemas de amor/desamor.
(os 3 escritos no Metate, bar da Cidade Acubillo no 7-2-2004)

Antes de saír do choio a compañeira do lado díxome que tiña toda a razón e que ela quería descolgar o seu crufixo. Pero a altura a que estaba impedíalle descolgalo. Díxenlle que non había problema que llo descolgaba eu. E así foi, subín a unha cadeira e descolgeino, como pesaba o condenado!. Logo como non sabía que facer con el, puxoo detrás dun armario.
Fun ver Santa Liberdade, e si dende logo é moi recomendable.
Tamén coñecín a unha xente interesante da Serra, fan cousas ben raras: len, escriben e artellan cousas culturales.
- Profe, profe, ¿cuando acabe las cosas y las haga bien, me puedes hablar en español?.
- Non, nunca che vou falar en español.
- ¿Y porqué?
- Porque quero que ti aprendas galego.Non cres que unha boa forma de que ti aprendas é que eu cho fale sempre?
- Ah, si.
Diálogo con entre un alumno de 11 anos e un mestre medio queimado de oír comentarios como este a diario.
Traballo nun centro de ensino público do centro da Coruña, que segundo palabras dalgún dos propios mestres que hai alí “es la élite de los colegios públicos”.
Este é un centro moi grande e con moito profesorado, preto de 40 persoas, e cunha mentalidade acorde co perfil do votante de pacucho (ou peor). Sirva como exemplo a descrición física dunha “compañeira” : máis de 50 anos, "enjollada", maquillada e con abrigo de visón, que vos parece? Boa pinta para traballar con rapazada, non si?
Ben, no claustro plantexei o seguinte, informei que na miña aula hai ,nun caixón, un crucifixo. E dixen que isto non creo debe estar nas aulas dun colexio público. E propuxen que se retirara o cristo da miña aula e máis o de todas as aulas.
A miña proposta provocou un ruxe-ruxe, como era lóxico, ante cal o director tentou “capear o temporal”. Dixo que era moi tarde que había que rematar o claustro, que estaban os pais esperando,... Unha das compañeiras do visón dixo que deso nada que ela non quitaba o Cristo.
Eu insistín en que se posicionase o claustro, ante o cal o director díxome que apuntaba a miña proposta para que constase en acta e que nun vindeiro claustro sería tratado como un punto. Claro estivérase perdendo o tempo en explicarlle aos "pelexos" como funcionaba a fotocopiadora e como cubrir un parte de baixa.
A do visón preguntou, “¿además tú cuanto tiempo vas a estar aquí?” e respostei que non era unha cuestión de que fora fixo ou temporal era unha cuestión de valores educativos. Ante o que ninguén contestou.
O director deu por pechado o claustro, e eu a espera dunha segunda volta,.... se estou por aquí porque ando de colexio en colexio. E senón ármoa en outro lado.
Ah, o venres descolghei o cadro de El-Rei e raiña e arrinconeino nunha esquina... a ver se que non me dá por prenderlle lume.
Despois de 3 meses voltámonos a ver. Aínda seguimos tendo cousas en común, aínda queremos seguir facendo cousas xuntos, máis doutra forma.
Xa non somos os mesmos.

Esto recordoume á teoría dos Mundos Pequenos, pola cal se afirma que nas redes se pode ir dun nodo de información a outro facendo uns pequenos saltos.
Os da universidade de Virginia fixeron un xogo para ilustrar esta teoría, chamárono Oráculo de Bacon, en honra ao actor Kevin Bacon. Entenden que o mundo dos actores é un mundo relativamente pequeno e do que queda constancia que as persoas traballaron xuntas. Así cada actor é un nodo de información e os saltos serían o numero de persoas que hai que coñecer ata chegar a aquela que coñece a Bacon.
Por incrible que parezca foron quen de relacionar moitos actores de lugares e épocas diversas con Bacon, pero o chamativo do asunto é que o número Bacon médio é menor de 3.