maio 31, 2004

Outro Vigo é posíbel

31052004d.jpg

Nesta foto vese outro Vigo distinto,... o Vigo do futuro, tal como soña Corina... esa política!, esa muller!, esa neofalante! ...

Postado por paleon em 04:47 PM | Comentários (58)

Busca as 7 diferenzas

31052004c.jpg

Busquen as 7 diferenzas nestes balados.

Como é que temos uns valados tan parecidos aos do PP?
Porque substituimos o vermello polo laranxa?

Postado por paleon em 04:22 PM | Comentários (122)

Circo de Portugal

31052004b.jpg

- Nenos e nenas pasede e vede como ruxe na pista central a Fera de Euskadi.

Postado por paleon em 04:13 PM | Comentários (61)

Precursor do AgroPop-Art

31052004.jpg

Coido que esta debe ser un das pezas precursoras do AgroPop-Art: tambor de lavadora-maceta... mellor sería que tivese grelos plantados... pero boas tamén son as flores.

Postado por paleon em 04:01 PM | Comentários (51)

maio 30, 2004

Federaçao Galega de Subbuteo

fgs.jpg

Deseño, outra vez, de Abrilsempre, nenoo non dou abasto a subir imaxes túas ;-)

Postado por paleon em 08:44 PM | Comentários (479)

Sinal bilingüe

30052004b.jpg

Aquí unha mostra de bilingüísmo harmónico de dúas linguas tan estranas e lonxanas.

Postado por paleon em 07:27 PM | Comentários (56)

Vigo: esa urbe

30052004.jpg

Non me estraña nada que Corina ande sen tempo para ir facela permanente, cos problemas de tráfico que ten que solucionar en Vigo.

Postado por paleon em 03:06 PM | Comentários (848)

maio 29, 2004

O arco

29052004.jpg

O outro día fun buscar a meu pai ao aeroporto e hoxe tocou recoller a meu irmán máis vello. Chegou de marea,igual que o vello, dende Indonesia (coido que non viron a mesma Indonesia que recollo eu na anterior ligazón).

Chegou con historias de mar, algunhas tan tristes como a do mercante atracado en Ribeira... xa o dixo Xurxo Souto "as cousas do mar non se contan en terra".

Entre a roupa e o Marlboro indonesio tamén veu este arco para min :-)

Postado por paleon em 06:59 PM | Comentários (77)

Licor Café

lc.jpg

O vesiñaso Abrilsempre sigue transformando a realidade con cousas como esta... a ver cando volta á súa bitácora!!!

Postado por paleon em 06:42 PM | Comentários (446)

maio 28, 2004

cedespantallos: unha manifestación AgroPop-Art

28052004b.jpg

O outro día Caladinha descubreu o que foi unha das primeiras obras do movemento plástico AgroPop-Art. Nos comentarios dese post, Opaco fixo referencia a unhas pezas, da mesma corrente artística, que se están desenvolvendo polo noso agro a un ritmo elevado: os cedespantallos.

Eu nada máis saber da existencia destas obras púxenme en contacto cos departamentos de I+D+I do CGAC e máis do MARCO coa esperanza de que me desen referencias sobre o autor, ubicación, etc. Alí non me souberon dar resposta aos meus inquéritos e tiven que poñerme a buscar estes obras polo país adiante (para cando a guía dos "monumentos frikies" de Galiza). Topei o que vedes aí.

Puiden manter unha entrevista coa autora, tía María de Ordes, na que afirmou o seguinte:

- Si oh, os sedes eses están colghados para que os páxaros non coman a lechugha.
Cantos anos de estudio sobre o Deseño Aplicado resumidas nesa frase!!

Postado por paleon em 04:25 PM | Comentários (55)

maio 27, 2004

Test de Creatividade

28052004.jpg

Non se poña nervioso/a, esta só é unha proba que vai medir a súa capacidade creativa que determinará o seu futuro laboral.
Trate de respirar profundamente e concéntrese na proba.
Non empece a resolver a proba ata que o terapeuta llo indique.

Mire ben a imaxe e conteste:
a) Porque hai un tramo de estrada que é de cor vermella?

b)Porque hai un señor que está pasando a aspiradora ao arcén?

Postado por paleon em 11:50 PM | Comentários (87)

A caixeira

27052004.jpg

Escribo o borrador deste post en servilletas na cafetería do aeroporto e xa que cobran 1,65 € por un refreseco hai que faserlle ghasto.

A miña visita a esta estación de autobuses aéreos (a ver se alguén é capaz de explicarme a diferencia filosófica que hai entre un piloto de boing e un chófer dun Pegaso ... eu a única que lle vexo, alén do soldo, é que uns teñen gorra e os outros non). Como decía, a miña visita foi vir buscar a meu pai que chega de marea.

Como cheguei con tempo, fun ata a tenda de libros que hai na aero-estación coa sana intención de curiosear o material e de non mercar nada.

O máis interesante que atopei foi En salvaxe compaña de M. Rivas... que é un dos libros del que non teño.
Automaticamente foi como aparecerese un anxo e un diaño, deses dos que saen nos debuxos animados, e se pousasen nos meus ombreiros. Un a decirme que estamos a final de mes e que case que non tes pasta e outro veña a decir que ese libro dentro nada vai ser difícil de atopar...

Fun cara a caixa co froito do pecado na man, non son moi difícil de convecer cando se trata de libros, para pagar coa tarxeta. A caixeira, unha rapaza duns trinta e poucos anos, saudoume e díxome:
- Que ben alguén que fala galego!!.
- Hehe - sorrín- pois creo que iso debería ser o máis normal aquí, non?
- Que va!, aquí case que todo o mundo fala outra cousa.
- Bueno, pero ti poderás dirixirte aos clientes en galego e logo senón entenden e se cho piden pódeslle falar en castelán, inglés,... ou o que sexa.
- Xa, pero a algúns cóstalle falar o castelán...
- E que?, eu cando vou a outro país quero que me falen na súa lingua, pero se non a coñezo xa lle direi que mo diga doutro xeito...
- Xa,... si pero eu sempre falo en galego.
- Pois veña ánimo e fálalle galego aos clientes.

Aquí, un exemplo de baixa autoestima idiomática... ou de represión lingüística no curre.

Postado por paleon em 07:37 PM | Comentários (85)

Etiqueta de Estrela Galiza

etiquest.gif

Iso, como estamos en perído electoral, Abrilsempre fixo esta etiqueta. Darémoslle uso cando voltemos a ter unha saída nocturna para parolar de política logo de vir dun mitin.

Digo eu que os fillos de Rivera se podían enrollar e facer unha tirada de birras con etiquetas como esta para frikies nacionalistas. Rentable seguro que lles era e senón pensemos nas botellas de viño tinto coa etiqueta de Franco ou da Benemérita que tanta difusión teñen en todas as tabernuchas.

Unha reflexión máis ou menos seria: pensade que fácil sería que Estrela fose un símbolo do país a pouco que mudase a súa política empresarial (está arraigada no pobo, é un producto coñecido, danos identidade, etc).

Postado por paleon em 03:09 PM | Comentários (316)

Estamos en campaña

Xa estamos de campaña electoral outra vez. Eu acordeime porque os de Risoterapia van deixar de falar de polítca durante estes quince días.

"Brillante" decisión, deixar de falar de política durante a campaña. Total, a nós non nos importan esas cousas, con que nos falen da postvoda e do fútbol xa temos dabondo.

Postado por paleon em 02:21 PM | Comentários (46)

maio 26, 2004

Cetro de poder

26052004b.jpg

Mentres avanzaban polo museo, o guía, mostróulles unha peza mentres decía:
- ... aquí un dos cetros de poder na escola: a tinta vermella ...

Postado por paleon em 05:52 PM | Comentários (50)

Bilingüismo grafiteiro

26052004a.jpg

Este grafiti semella ser froito do modelo de bilingüísmo (español-inglés of course) que promove Sir Paco en Lacuruña (La Corogne en english).


Postado por paleon em 05:43 PM | Comentários (116)

maio 25, 2004

Puzle

Alí, no medio da subida da avenida,
preto do centro comercial,
xusto na rúa onde non hai supermercados
e sobreviven como fungos vellos
as tendas de ultramariños.

Alí, onde a única literatura da rúa
comeza, repetitivamente, por "transpásase";
é onde toman cervexa os ionquis corentóns.

A súa roupa dos 80,
as súas tatuaxes no antebrazo
e a súa voz nasalizada
son a herdanza do tóxico pasado.

Eles, por separado, acércanse
á mesa do puzle de 1500 pezas
tentan colocar algún anaco de cartón
para formar o cabalo da caixa
pero non atopan o sitio
non ven onde encaixar as pezas
que forman as súas vidas.

Postado por paleon em 03:17 PM | Comentários (61)

maio 24, 2004

Os grelos en flor

24052004.jpg

...asegúrovos que cando merquei estes grelos estaban verdísimos... e agora floreceron !!!

Será porque levan 5 días a refrixerarse na nevera?

Postado por paleon em 08:01 PM | Comentários (70)

maio 23, 2004

Primeiros pementos

23052004d.jpg

Xa chegan os primeiros pementos de Padrón... xa chegan as mulleres que esperan: as vendedoras de grelos da N-550, as mulleres dos mariñeiros que esperan a chamada, etc.
Mulleres que ven pasar o tempo mentres se murchan na espera.

Postado por paleon em 07:14 PM | Comentários (82)

Un bico

23052004c.jpg

... quen pode decir que non a un bico destes? ...

Está todo escrito,só hai que saber lelo.

Postado por paleon em 07:10 PM | Comentários (199)

Cena

23052004a.jpg

Onte algúns dos amigos estivemos de cena para celebrar o principio do fin e a inminente chegada da IIIª República (aínda que algúns preferimos a Iª galega). Abrilsempre fixo unhas pegatas para a ocasión.

Ah, por se alguén quere ver con detalle o traballo do "ilustrador", aquí vai.

23052004b.jpg

Postado por paleon em 07:04 PM | Comentários (324)

maio 22, 2004

Fascículos á sombra

22052004.jpg

Nestes tempos de sol e moscas a todos nos apetece tumbarnos á sombriña e adicarnos ao vicio de rañala barriga e como moito botar a sesta cun libro na man. Para cumplir con isto, fun ata a librería de garda, sen moita esperanza de atopar nada interesante co que compartir estas horas de durmida á sombriña... Pero namais chegar á altura do escaparate puiden ver destacado, no cornecho das novidades, estes dous exemplares:

-Anécdotas muy reales, moi apropiados para estes tempos de "apoloxía da monarquía" (iso da apoloxía non era un delito tipificado polo código penal?).

-José María Escrivá este inclúe un DVD con máis de 3 horas de duración onde se recolle toda a súa "obra".

Por como estaban presentados os exemplares semellaban ser coleccionables, deses cos que as editoriais nos adoitan a bombardear en setembro, recordándonos que xa se acobou o bo e que hai que voltar a currar.

Non me cadra que os dous foran de coleccións distintas... co ben que quedaría unha colección fascicular-semanal chamada "Personajes ilustres de España". Así poderían editarse baixo un mesmo selo editorial as vidas de: Don Manuel, Luís María Ansón, Lola Flores, Camilo José Cela, etc. Todos dignos de ser estudiados e ser coleccionados por todos nós a un prezo razonable.

Postado por paleon em 02:44 PM | Comentários (319)

A chuvia en Madri

...semella que o sol tamén é Republicano...

Postado por paleon em 10:41 AM | Comentários (47)

maio 21, 2004

Metáfora da globalización

21052004.jpg

Pedindo na rúa máis comercial de Bilbo.
Este terá o corpo para vodas?

Postado por paleon em 07:20 PM | Comentários (83)

maio 20, 2004

A voda en directo

20052004b.jpg

Por non fixarme ben nos carteis da autovía, acabamos entrando en Santander e aproveitamos para xantar. A verdade é que non vimos moito pero a rúa que nos dou tempo a patear estaba cheíña de carteis como este.

Si, señoras e señoras por se non sen enteraron,aínda, disque este sábado temos a voda que pagamos todos e á que só van ir 1500 ("pues para ser quien es no es tanta gente").

Semella que en Santander o saben montar ben: pantalla xigante no pazo de Exposicións e comentaristas especializados no coidado persoal.

Xa me imaxino ás corinas (ver glosario a pé de post) santanderinas a empurróns para coller os sitios nas primeiras fileiras do recinto, igual que adolescentes nos concertos de O.T.. A ver quen é o segurata que se mete no medio para mediar cando haxa máis que empurróns... non me quero imaxinar o que pode pasar nas rúas de Madrid.

E nós aquí, que? Témolo que ver cada un na súa casa? Rediola, co ben estaría unha pantalla xigante no Obradoiro para que os peregrinos que chegan e os nativos puideramos emocionarnos xuntos... Outra vez estivo espeso señor Pérez Varela, co ben que quedaría “Esta pantalla xigante foi patrocinada polo Xacobeo 2004” ao rematar o acto.

A min, a verdade, é que o que van a dar na tele ,paseillo e misiña, non che me atrae nada. Ver os trapitos e as pamelas da realeza pódeme provocar erupcións cutáneas e arcadas resaqueiras. Pero outra cousa sería se retransmitisen o convite, a paparota vamos.

Imaxinade o bo que debe de ser ver á Duquesa de Alba comer unha nécora con coitelo e garfo, ou ver como Josemari chucha os percebes,...

Pero sen dúbida o mellor do convite vai ser a familia dela. Porque seguro que Letizia ten primos/as da súa idade, amigotes de copas (será Urdaci un deles?) e demais achegados que non fixeron cursos de protocolo, e que con unhas copas en riba se van comportar como se comporta calquera nun voda real (ver glosario a pé de post). Imaxinádesvos ao primo segundo de Letiza que veu de Asturias, bailando “El vals de las mariposas” con Sofía? E ao colega co que toma as cañas os venres tentando prender o puro que lle acaba de regalar Juán Carlos?

Por certo os grandes de España e demais realeza foránea e nativa berrarán eso de “que se besen, que se besen!!”?.

Todas, e outras moitas, cousas de “interese nacional” quedaremos sen sabelas, e sen embargo imos a aburrirnos oíndo os comentarios sobre os modelitos e os peiteados, vaia timo de espectáculo!!!

Glosario a pé de post:
Corinas: Do vigués: corina.Dise da muller que pasa amplamente dos 40 anos, parece que sempre ven de facerse a permanente da perruquería e adoita a ir con abrigo de visón con xoias a xogo. Por suposto “es gente bien”.

Voda real: Dise da voda na os noivos se casan e os amigos deles se emborrachan e arman un escándalo que nindiola. Non confundir con Voda Real.

Voda Real: Dise da voda que se celebra entre os jodechinchos da monarquía. Todos visten roupa de deseñador. Menos mal que xa non imos ter máis... de momento.

Postado por paleon em 07:34 PM | Comentários (67)

maio 19, 2004

A modelo-poeta

19052004c.jpg

Foto quitada a un escaparate dunha tenda de fotografía na Coruña.

Fíxense no retrato que está máis á dereita, si esa da rapaza da melena, a que está encima do retrato da nena de primeira comunión.

Pregunta: Quen é a modelo que posa sorrindo para dotar de contido ao marco de platadelei ?

Pistiña: tamén é poeta

Postado por paleon em 02:07 PM | Comentários (130)

hai aldeas e aldeas

19052004b.jpg

Xa de volta na Matria apunto algunhas cousas que me pasaron pola cabeza estes días de excursión improvisada que fixemos Caladinha e máis servidor.
Estivemos aloxados nunha casa de turismo rural na serra do Gorbea, en plena aldea (aínda que os lugareños lle chamaban "barrio" no noso país sería a "aldea de toda a vida").

Ao coche cóstaballe subir os tres quilómetros de pista empinada e chea de curvas que ían dende a carretera xeral ata a casa onde durmíamos. Non creo que fóra quen de pór o coche a máis de 25 qm por hora por aquel tramo, aínda así esa xente tiña "bandas rugosas" como nas grandes arterias das vilas e cidades do noso país. Supoño que sería para evitar os excesos de velocidade dos tractores e motocultores varios.

Ah, e iso non era todo, para as 4 casas que estaban alí tiñan colectores de papel, bocas de auga para os bombeiros, un parque infantil con todas as medidas de seguridade,os móbiles non perdían cobertura,...

Vamos, as mesmiñas comodidades das que podemos disfrutar nas nosas aldeas. Claro porque aquí, igual que alí, na aldea viven persoas que reivindican os seus dereitos de cidadán.

Postado por paleon em 12:32 AM | Comentários (51)

números circulares

19052004.jpg

1460´2 qm percorridos... que veñen sendo 4.172.000 voltas que dou cada roda... case que o mesmo número de voltas que fixo a espiral.

Postado por paleon em 12:01 AM | Comentários (100)

maio 17, 2004

Dende Euskadi

17052004.jpg

Si como ben di caladinha andamos por Euskadi, e sen poder evitar o mono de postear fumos caer nun ciber en Gernika.

As impresións que teño, de momento, deste país son todas positivas, e nalgunhas sinto certa envexa sana.

Estivemos vendo como os aizkolari fendían toros de "haya" (non sei o como se di en galego) na festa do pobo no que durmimos (Zeanuri). A competición celebrouse no frontón local con retrasmisión da etb incluída.
O asunto víase moi profesionalizado: árbitros que velaban polo estricto cumplimento das normas, a actitude de concentración dos deportistas, o cobro de 5 € por entrar a ver o asunto,... Aínda que había que pagar, a grada estaba case que chea de seareiros dispostos a berrar cando os aizkolaris locais ían dando os últimos machadazos aos toros.

A verdade é que todo aquel ambiente fíxome pensar que os vascos foron quen de dar un paso na súa cultura: pasar da festa en si (da cultura en si) a ser espectáculo (non entendido como o espectáculo Xacobiano). Deste xeito poden "vender" as súas señas de identidade de mellor xeito.

Na imaxe podedes ver o meu novo carro, o cravinho , á porta do Euskal Abertzaletasunaren Museoa, que xa con poucas semanas lle metín o seu primeiro tute vindo a Euskadi todo polo costa.

Postado por paleon em 05:50 PM | Comentários (77)

maio 14, 2004

Rosa vermella

14052004c.jpg

...ao saír por última vez do colexio, atopei isto no parabrisas do coche...

Postado por paleon em 04:48 PM | Comentários (329)

Aula Vacia

14052004b.jpg

Así quedou, en silencio, o lugar no que compartimos... Máis agora, e desta vez semella ser certo, marcho.

Ata pronto.

Postado por paleon em 02:48 PM | Comentários (90)

Festival das letras

14052004a.jpg

Foi xa o festival, xa rematou todo.
Entre sorrisos dos rapaces e rapazas todo saíu ben... Máis semente botada á espera de que cando medre non esqueza o que fala na infancia.

Postado por paleon em 02:43 PM | Comentários (121)

maio 13, 2004

Mundo pequeno

Hoxe o Mestre Progre do outro día soubo por casualidade quen eran aos autores do Manifesto do Correlingua.

Non se trataba de ningún poeta concienciado que leva varios libros publicados, nen tan sequera era un dos organizadores do propio Correlingua... eran, felizmente, alumnos/as de 1º da ESO dun instituto de Viveiro.

Si, casualidades que lle fan voltar pensar en que a teoría dos mundos pequenos volta a cumplirse, máxime cando o "mundo pequeno" é tan pequeno como a nosa lingua.

Postado por paleon em 03:13 PM | Comentários (129)

maio 12, 2004

Non nos oímos

Andiven por un acto que organizou o BNG de Compostela para reflexionar sobre as políticas lingüísticas municipais. Alí estivo presente unha responsable da Secretaría de Acción Municipal do BNG (ou algo así é o nome) e un técnico de Normalización Lingüística dun concello gobernado polo BNG.

O técnico cansouse de mostrar con exemplos que o BNG non ten unha política lingüística clara para o País. Non hai uns obxectivos a longo prazo claros, nen unhas metodoloxías de traballos definidas,... e que cada quen fai o que pode/sabe cando ten a responsabilidade de gobernar. Él tiña toda a idea de fomentar un debate que en palabras del "está como nos anos 70" que tentase cuestionar as políticas lingüisticas que desenvolvemos.

Mentres a responsable da dirección nacional, empeñábase en afirmar que se facían cousas e que todo é fermoso... e que se acababa de constituír a Comisión Nacional de Cultura, Lingua e Deporte, que debe ser un lugar estupendo para falar da crise do Selta, onde se abordan estas temáticas.

Para min o importante é que dentro da organización política hai xente que sabe e que fai cousas dende a base, pero semella que non se lle escoita dentro do propio BNG... como dirían os Diplomáticos falta Komunicación.

En fin, os nacionalistas temos certa tendencia a pensar que somos los más mejores, quizais aquí teñamos un dos posibles erros de estratexia política.

A sociedade esíxenos máis que ao PP e ao PSOE e nós mesmos tamén nos esiximos máis.

Postado por paleon em 03:28 PM | Comentários (349)

maio 11, 2004

Metáfora incumplida... de momento

11052004b.jpg

O outro día falei do retrato da aula do lado, pero desta volta esta é a miña aula (ser é do señor Currás que para eso me pagha).

E si, está a piques de caer, ... e si, non penso facer nada para evitalo...

Oxalá isto fora unha metáfora da realidade.

Postado por paleon em 05:58 PM | Comentários (123)

Mestre Tecnófilo

11052004a.jpg

O mestre tecnófilo foi de excursión. Acabou canso despois de pasar varias horas de autobús e de pateao por museosyfabricas tratando de que a rapazada deixara de pelearse entre eles e de que se sentaran mentres circulaban pola autoestrada.

Os alumnos deste mestre levaron as mochilas cheas de bocadillos de pan de molde, refrescos e outras lambetadas. Este mestre esperaba que os rapaces se pelaxaran por sentarse na última fileira de asientos. Si efectivamente así foi. Pero o que máis lle chamou a atención ao mestre tecnófilo era que tanto os macarras da última fila como os tranquiliños que se marean sempre ían provistos de discmans. Algúns deberon de vaciar de CD os caixóns das súas casas pois chegaban con ducias de CDs a ensinarllos ao mestre tecnófilo.

Sen perder a capacidade de asombro, o mestre tecnófilo cosntatou a presencia, permanente, de móbiles nos petos e nas mans dos seus alumnos. Crianzas de 11 anos con móbiles con tecnoloxía megapunta e con sons polifónicos que evitaron en todo momento a siesta busera dalgún dos mestres.

Cos ollos grandes o mestre tecnófilo comprobou como durante toda a excursión os seus alumnos se enviaban sms dunha punta a outra do autobús, se mandaban chamadiñas perdidas, etc, etc.

Este mestre tecnófilo non puido evitar un sorriso no asiento do autobús mentres recordaba como a semana pasada unha mestra tecnófoba lle pedía axuda para poder visualizar un vídeo VHS na sala de vídeo do colexio.


Postado por paleon em 05:47 PM | Comentários (84)

maio 10, 2004

Soño

1052004.jpg

Se ves que teño pesadillas espértame...
e se non deixame ser libre mentres soño

Postado por paleon em 11:01 AM | Comentários (364)

maio 09, 2004

Este son eu en google

9052004.jpg

Facendo o mesmo xogo que opaco googleei buscando o meu nome "de partida de nacemento" na opción de imaxes. O que saíu foi esto... semella ser unha estrela da canción salsera dalgún país suramericano, ten certo aire de galán, un pelín hortera na vestimenta... vamos o mesmiño o mesmiño ca min.

Postado por paleon em 12:30 PM | Comentários (57)

maio 08, 2004

Mesa de traballo

8052004.jpg

Onte tivemos o primeiro Botelhón da Linghua, unha autoconvocatoria para falar sobre a organización dun acto lúdico-reivindicativo dirixido á mocidade e de paso pasalo ben mentres contabamos catro contos.

O caso é que non avanzamos moito no asunto pero entre cervexa e licor café foron xurdiron algunhas ideas aproveitables que quedaron apuntadas na libreta das cousas pendentes.

Non sei moi ben como foi pero alguén empezou a recitar a Manuel Rivas e de ahí a que todos os frikies que estabamos alí nos puxéramos a buscar poemas para recitar só trancorreu media cervexa.

Acabamos chegando ao acordo de tentar xuntar xente nova que escriba e tentar de publicar de xeito colectivo textos propios...

En fin... que estivo ben iso de ter unha mesa de traballo onde non só había papeis... A ver se levamos adiante todo o que alí se falou.

Postado por paleon em 11:07 PM | Comentários (96)

A cama

Por que antes, cando durmíamos nunha cama de matrimonio, non collíamos nela, e agora que de vez en cando, durmimos nunha pequena si collemos ?

Postado por paleon em 11:13 AM | Comentários (48)

maio 07, 2004

Mestre concienciado

O Mestre Concienciado axuda a redactar á mestra que maquetaarevistaparaodiadasletras o texto da presentación para o Festival das Letras na escola.

Bos días a todos.
O luns 17 de maio é o día das Letras Galegas. Si do galego, a nosa lingua, a mesma lingua que usades vós cando falades cos compañeiros, a mesmiña que usades cando escribides unha mensaxe no móbil, a mesma lingua que usa o Xabarín cando canta...

Como sabedes, este ano adicámoslle o día a Xaquín Lourenzo. Foi unha persoa que se adicou ó estudio da tradición e a cultura de Galicia. Entre os seus traballos destacamos a creación do Museo do Pobo Galego, onde podemos atopar: utensilios do mar, de cantería, da labranza...

El tamén se interesou por como eran os carros de bois galegos e de como navegaban as dornas polas nosas rías. Quería que vós, os mozos e mozas do presente, soubérades como era a Galicia de hai un tempo. Unha Galicia distinta da que vós vivides, xa case que non quedan dornas nen carros, pero unida á de antes gracias a mesma lingua.

Pero o día das Letras non ten que ser só o 17 de maio, o día das letras teñen que ser todos. Para iso non fai falla que haxa unha festa como a que temos hoxe, simplemente abonda con que sigamos usando a lingua que temos.

Os nosos veciños Castelao, Manoel Antonio e Dieste escribiron e pensaron en galego, pero tamén os vosos avós e avoas o fan, os vosos pais, as vosas nais, os veciños, a carniceira, a do ciber, o do videoclub,... vós ides a ser menos?


Mil primaveiras máis para a nosa lingua!!!!!!

O Mestre Concienciado está farto de ver como polos colexios que pasa o único que se fai é unha revista e un festival onde se recitan Adiós ríos, adiós fontes,... e cousas polo estilo.
O Mestre Concienciado vé como no único que pensan os outros mestres é en lerlles un poemiña que fale de cousiñas (como se os rapaces foran parvos) e un debuxo para que pinten.

Postado por paleon em 05:28 PM | Comentários (65)

maio 06, 2004

A compra

6052004.jpg

Logo de facer limpeza no piso e de decirlle ata a volta a algunha vistante, fumos a facer a compra semanal. Máis que nada para disimular os ferros da neveira e o fondo do chinero das latas (ademais os sobre-sorpresa de comida xa se nos agotaran).
Percorremos a carnicería, a ferretería, a verdulería e os dous supers que hai no barrio coa sana intención de pasar un rato agradable mentres mercábamos e saúdamos ás dependentas.

Inconscientemente ,entre as cousas que mercamos, había productos que ben podían formar parte do decorado de cuentáme. Con todo o que mercamos viñemos cargados e contentos para a morada.

Xusto na porta do edificio topámonos con dous rapaces que tamén viñan de facer a compra.

- Que, a golpe de xoves e a facer a compra, eh?-pregunteilles.
- Si, é xoves e hoxe hai botellón e polo que se vé vós tamén o tendes.

Vaia xa imos sendo vellos, antes cando os xoves voltábamos contentos como cucos cargados coas bolsas do super, era porque nos esperaba unha noite de marcha. E agora imos contentos pensando en facer un chocolatiño deses de tableta mentres vemos a tele. Xa o din os vellos "non somos nada".

Postado por paleon em 08:59 PM | Comentários (343)

Leña

Onde estiveches metido?
Porque non saíches antes?
Tiveches que ser cinza para xurdir?

Tempo xuntando leña antes de arder
pero ao final queimas

eterna fogueira?

Postado por paleon em 02:13 PM | Comentários (56)

maio 05, 2004

Mestre progre

O mestre progre que ten que preparar "algo" para o Día das Letras vese desbordado... Co pouco tempo que falta e coa escaseza de inxenio non sabe moi ben por onde tirar.

Despois de consultalo co oráculo de Delfos , e non ser quen de traer unha poeta para que fale con eles, ocórreselle a grande idea de que os rapaces escenifiquen un poema. Total xa están a feitos a que se lles lea a Rafa Villar, Fran Alonso, María Lado )... Si poetas que están vivos e son "novos" como eles...

Este mestre decidíuse por un texto, do que descoñece o autor, pero que vai na liña reivindicativa e viva que lle quere dar a este invento do Día das Letras Galegas, trátase do manifesto do Correlingua.

Alá estivo cabilando para que o choio non fose unha mera lectura recitada con moito énfase... Para iso inventouse unha escenografía e incluso ata un vestiario. Cando xa tiña todo encarreirado (dise así?) ocorréuselle preguntar se alguén sabía tocar algún instrumento... A resposta foi sorprendendente varias sabían tocar a pandereta a bailar...

O mestre progre e os seus alumnos baixaron pola tarde ao ximnasio e foron tocar pandereitadas e bailar muiñeiras...e olvidáronse, por un intre, do que din os outros e escoitáronse a se mesmos...

Este docente, decepcionado despois de moito currar pensando no que facer e no como facelo, volta para a casa todo feliz vendo que os seus alumnos pasan del e van representar o que de verdade lles apetece. Tamén volta para casa case que xordo logo de estar ao lado das panderetas e afónico logo de berrar él máis que 16 "pubertanos" armados de instrumentos de percusión.

Postado por paleon em 03:22 PM | Comentários (75)

maio 04, 2004

Frikies

Onte topeime con Uberich cando saía da carpa que teñen os do salón do libro. Estívome contado que Fernandez Rei viña de republicar o A nosa fala, Bloques e áreas lingüísticas do galego que polo visto é un libro, con varios cd de audio, onde se recolle a fala en varias zonas do País.
Estaba ansioso por facerse con el, pero decía que este tipo de publicacións teñen unha tirada reducida e que probablemente non chegase ás librerias.

- Pois para alguén que está interesado nestes temas é unha mágoa non poder atopalo.
- Si, oh, para un frikie que hai...

Eu pensábache que eso dos frikies eran xentes medio escuras que vían películas de vampiros, facían cousas raras con xogos de rol, lían comics en croata,... ou cousas así. Pero resulta que se pode ser frikie coa cousa máis "enxebre".

Postado por paleon em 12:34 PM | Comentários (89)

E ti porque eres nacionalista?

Onte saíu en dúas ocasións o tema do sentimento nacionalista.

A primeira foi cunha interlocutora anónima que me preguntou directamente "Por que eres nacionalista?".... Quedei un pouco descolocado porque ás veces un vé as cousas tan evidentes que non sabe como razonalas. Tentei decirlle que ser nacionalista é máis unha emoción (no sentido sicolóxico do concepto) máis que un razonamento (no sentido político do asunto). Que cría nunha identidade colectiva como pobo e que me identificaba con ela... Só por iso?, preguntou. ... Pregunteille de onde era. De Dodro (si ese anaco de estrada onde sempre pensamos que non vive nadie,... pois si existe polo menos un habitante)-respostou. Entón comecei a decirlle que son nacionalista porque me dá mágoa que se perda a nosa lingua, que son nacionalista porque me dá mágoa que morran as dornas, que son nacionalista porque me dá mágoa que desaparezcan os reloxios de sol que hai nos hórreos de Dodro... e é máis isto é moito máis importante para min que os afluentes do Ebro, ou calquer outra cousa de fóra.
Nese momento, ante a explicacións tan próximas para ela, pareceu entender o porque pode haber nacionalistas...

A segunda vez que falei de nacionalismo onte, foi tomando licor café con caladinha mentres me contaba as batallitas de ir predicar á universidade. Ela contábame como un ghicho explicaba o sentimento nacionalista através do sicoanálese freudiano.

Segundo este doutor, as persoas que somos nacionalistas é porque tivemos na infancia un conflicto coa nosa nai que non fomos quen de resolver e que iste nos marcou para o futuro. Agora, de adultos, reflictimos este desexo de afecto cara a nosa nai através da Patria (Matria).

Eu debo ter un conflicto entre o meu ego e o meu superego que me impide ver tal conflcito maternofilial. Terei que ir ao oculista,... ou ao sicólogho?,... ou ao politólogho de ghuardia? cubrirao a seghuridá sosial?

Postado por paleon em 12:03 PM | Comentários (215)

maio 03, 2004

Eu quixera ter unha casa no medio do mar

Eu quixera ter unha casa no medio do mar

dende ela vería pasar os ronseis dos barcos
que andan na procura da derrota certa

dentro dela acubillaríame cando
o vendaval trouxese arrecendos amargos

polas súas fiestras entraría
o salitre verquida por todas bágoas,

dende a porta miraría cara Terra
e sentiría os naufraxios dos homes

Postado por paleon em 03:18 PM | Comentários (56)

sexo sen desexo,
mal sexo,
nin a mirei

ela precisaba cariño
eu sentirme desexado

ningún o conseguíu

Postado por paleon em 11:17 AM | Comentários (412)

O poliester cómelle o cacho ao piñeiro e carballo.
A planeadora corre máis ca dorna.

Postado por paleon em 11:16 AM | Comentários (218)

No leito vacio
múrchase a rosa negra
que se resiste a deixar
de ter espiñas
Durme rosa, durme
que as túas bágoas
deixaron a semente
dun tempo novo

Postado por paleon em 11:14 AM | Comentários (267)

maio 01, 2004

Insinuación

Na eterna Ítaca
atópome un decágono regular vermello
metido nun móbil que fala portugués.
no e-mule a discografía de Rosendo

Ás veces é mellor insinuar que mostrar

Postado por paleon em 01:25 PM | Comentários (53)