janeiro 31, 2005

Murgha 2005

Atensión dorneiros aquí está pasteada a murgha dos cofrades. Como veredes narra a viaxe que fixo un importante home de neghosios á nosa vila para estudiar as técnicas de marquetin que ten un conosido establesemento alimentario.

Contan que contan que Amansio Orteja
Veu a Ribeira para mirar
Ese cruceiro cheo de fruta
Que ata en Coruña da que falar
-flipas Amansio enchen de kiwis,
laranxas, peras o pedestal.

Cheja á novena baixa do IASA
Jafas de sol pra disimular
-Ola señor ¿ puede usted decirme
onde está a casa consistorial?
-Si non tes presa podo levarche
súbete aquí no meu tacatá.

...A MALETA ESTÁ
FARTA DE ESPERAR
PROTECSIÓN TOTAL ( RAP)
VIAXE A ADEJE ...XA!!!

Laranxas, peras e repinaldos
Ovos, patacas ó pe do santo
Escaparate que ten trunfo Nasional... ( Estribillo)
Amansio Orteja importao xá!!!

Ajarradiño da súa sintura
Chejan á altura do pepe´s pub
-ahí o tes sije xa ti solo
é nesa plasa tan tropical
-Jrasias homiño díxolle Amansio
toma este euro para un Cropán.

Alí sentado nas escaleiras
Encadenado de pes e mans
Choraba un dandy cunha pancarta
Feita cun cacho de polispán
-¿A ver que fajo cos meus helados?
O camidientes era o meu lar

RAP

Estribillo

Xa no consello que mala sorte
-Ai es que hoy José Luis no está
te va en la casa de Doña Adela
esa mujer mira que está mal
encadenarse con ropa de aguas
que xeito es ese de protestar.


-Ai pero mira vete a la iglesia
con don Cesáreo puedes hablar
ahora allí lo tienes seguro
está oficiando una boda gai,
uno es el hijo de un contratista
el otro es hijo de un concejal.


Vestiario: de sirco (si outra ves), aínda que vale calquer outro.
Horario para ensaiar: aínda sen concretar.

Postado por paleon em 08:35 PM | Comentários (233)

janeiro 28, 2005

Barbantia

Hoxe no circo da Ítaca presentouse Barbantia. Trátase dunha asociación cultural, comandada por Antón Riveiro Coello, que ten a excelente intención de facer que Barbanza deixe de ser un camposanto cultural.

O aforo do circo estaba case completo, semellaba un deses tinglados que monta o Poder Fático itaquense. Entre axente atinei a ver ao Xudío, a Alhambradomaroto, compañeiras, ao comisario de policía, etc. Estaría tamén o cura ?

Os protagonistas organizaron unha mesa redonda na que á vez que presentaban o suplemento cultural A voz de Barbantia (si editado pola Coz) debatíuse sobre a relación da prensa e a cultura. Alí estaban o edil de Cultura e Festexos, o delegado da Voz, Riveiro, Xosé Vázquez Hermida e Xesús Fraga. Este último ante a cuestión plantexada de porque os xornais non cubrían noticias culturais máis alá das das axendas institucionais, foi quen de dicir que no papel non colle todo. Para iso había outros medios, a rede, que podían cubrir eses ocos. Dixo que os blogs foran os grandes protagonistas da rede deste ano pasado e que é por eles pode pasar esa cultura non institucionalizada.

Non me quedei ao viño postcoital, levo dous venres seguidos chegando ás tantas da mañán cheiño de mencía á casa... ademáis miña nai estábame esperando cunhas filloas.

Postado por paleon em 11:55 PM | Comentários (19)

Tamén, moi preto dun baño

Os que estivéchedes naquel baño sabedes moi ben como foi o conto.

Hoxe engancheino nun aparte. Estaba a piques de entrar a presidir unha mesa nun acto. Agarreino amistosamente por un brazo e mirándolle aos ollos espeteille algo que lle tiña gardado dende aquel día "como entrenador de balonmano eres mediocre, como concelleiro eres pésimo pero como persoa eres do peor".

Debeu quedar tan descolocado que só foi quen de usar o tan pouco ocorrente "non sei de que me falas, non recordo nada, xa sabes que con catro copas un non sabe o que di". Díxenlle que se "comportara como un chulo que desprezaba ao falar".

Pedíume desculpas.

Postado por paleon em 11:21 PM | Comentários (12)

Mareira: un mar sen espiñas

A intelectualidade da Ítaca bótase ao blogmillo. Boa singladura por estes mares Alhambradomaroto!

Postado por paleon em 11:09 PM | Comentários (65)

janeiro 27, 2005

Noite fría

Dicían que onte ía ser a noite de máis frío do que levamos de inverno. Máis non foi así. Unha vomitada de frustacións amorosas acubillouse con ela na cama.

Pola mañá quedou escribindo na libreta pequena.

Postado por paleon em 12:15 PM | Comentários (27)

janeiro 26, 2005

Mágoa

Ultimamente ando moi enganchado ás historias do Lipe

"Estropeou-se-me o rádio do carro. Não posso cambiar de emissora e também não baixar o volume, mas (atenção) sim que posso subi-lo. Enquanto escuto uma canção da que gosto, pois aumento mais um pouco para a minha futura desesperação porque depois da tempestade vem a bonança. Que asco a bonança. O que se passa é que já está tão alto que tenho de andar a procurar os tímpanos pelo chão. Mais tempo em silêncio, acho...

O único, que em sossego dá-te por pensar. E isso é horrível, posso ter um acidente! "

Recomendable a súa lectura.

Postado por paleon em 05:39 PM | Comentários (60)

janeiro 25, 2005

Chamadas atendidas

De ondefun chámanme para compartir viaxe á terra do menciñeiro. Acepto.
Das letras mudas convídanme a lentellas. Acepto. Logo non.
Do interior pídenme que salde as débedas viaxeiras. Acepto. Máis non sei cando.

Sigo sen atopar aparcadoiro.

Postado por paleon em 11:15 PM | Comentários (31)

janeiro 24, 2005

Metamorfose

24012005b.jpg

Renuncio aos meus principios republicanos e considérome vasalo deste rei.

Postado por paleon em 09:27 PM | Comentários (31)

Piruletas

24012005.jpg

Máis que se marchan. Vanse sen saber se hai volta. Supoño que sen sentirse emigrantes (a fin de contas unhas horas de coche abondan para voltar), pero estación a fin de contas.

Pouco a pouco a Ítaca que coñecía vaise volvendo máis erma, so queda esperar.

Tomade, levade unhas piruletiñas en forma de corazón para ter a lingua doce no camiño.

Postado por paleon em 01:45 AM | Comentários (11)

janeiro 20, 2005

La Kiniela

20012005.jpg

Non me resisto a colgar isto que anda pola rede

Postado por paleon em 10:54 PM | Comentários (58)

Compañeira

Unha compañeira de choio, dime que ela non usa a lingua nas súas clases ata despois das vacacións da semana santa...

...lóxico despois da pascua hai que cumplir o homilía.

Postado por paleon em 10:45 PM | Comentários (56)

janeiro 19, 2005

Pseudoblog

O pseudoblog máis antigo que coñezo.

Postado por paleon em 05:34 PM | Comentários (13)

janeiro 18, 2005

pregunta

no ir e no vir,
escoito a pregunta
,da voz pequena,
que me pide lugar

co medo da fala,
percorro mentalmente
os mapas das estradas
buscando aparcadoiro

Postado por paleon em 01:16 PM | Comentários (22)

janeiro 16, 2005

Centro de Educación Especial

16012005.jpg

O centro da foto está por Alicante, pero por aquí tamén temos unha presada de centros de educación especial con nome rancios, a saber: un Apostol Santiago na Coruña, outro Duques de Lugo en Santiago,... pero o namberguan é o Carmen Polo de Ferrol.

Si se aburren miren este listado.

Grazas pola foto Dolo!

Postado por paleon em 08:36 PM | Comentários (81)

janeiro 13, 2005

Escabeche

13012005a.JPG

Mándame esta fotodenuncia dende a Ítaca. O color laranxa sobre os pelouros é escabeche dunha conserveira. Dinme de coña que se trata da primeira fábrica en Europa de Escabeche a ceo aberto. Lamentablemente verquidos así non son unha excepción por todo o litoral.

Por certo a foto está tomada en Couso moi pretiño de onde ten a sede o Clúster de acuicultura de Galiza.

Postado por paleon em 04:46 PM | Comentários (36)

janeiro 11, 2005

Auga Radiactiva

11012005.jpg

Miren este empresario, da Galicia Moderna, pertencente ao gremio acuícola. Fíxense ben como predecíu que tipo de auga ía a haber na desembocadura do Lérez pasadas unhas décadas.

Mágoa que a casa real non siga bebendo esta auga milagreira.

Só me queda unha dúbida, faría a análese o avó do Dr. Oliver Rodés?

Postado por paleon em 11:02 PM | Comentários (47)

janeiro 08, 2005

Destrucción do Patrimonio

8012005b.jpg

Foto mangada na do Xudío, esa revista de información local que conta o que de verdade interesa

Acábome de enterar de que se retirou un dos elementos arquitectónicos patrimoniais da Ítaca. Estaba situado en pleno foro cumplindo a fundamental función de vender xelados nos calurosos veráns da Novena Maravilla. Foron décadas e décadas vendendo cucuruchos, polos e os famosos Camydientes. Alá van as tertulias que se formaban nas noitiñas do verán, alá vai o punto de encontro dunha das pandillas máis famosas (todos xa xubilidados) da Ítaca....

Lamentablemente o noso concello, coma sempre, permite que a nosa memoria colectiva se perda irremediablemente. Foi unha mágoa que o noso alcalde non mercase a instalación e lle dese fins culturais, tal como fan outros alcaldes con outros kioskos. Total unha man de pintura e listo para facer actividades culturais (total para as poucas que se fan ben habían de coller).

Postado por paleon em 04:04 PM | Comentários (121)

Vacaciones en el mar

8012005.jpg

Foto mangada da do Xudío

A cofradía da Dorna de Ribeira abre o prazo para inscribirse na escola de dornas a vela. A actividade desenvolverase en fin desemana,sempre que non haxa temporal e os patróns non queden fondeados nas tabernas do porto. Aparte da escola, se alguén quere probar a pasear pola ría en dorna tamén será ben recibido.

Postado por paleon em 03:51 PM | Comentários (32)

janeiro 06, 2005

Al-dorna

6012005.jpg

Que eu saiba, aínda non hai mezquita pola Ítaca, pero si debe haber algún patrón musulmán.

Postado por paleon em 01:14 PM | Comentários (45)

janeiro 04, 2005

porta da eira

Quique manda esta aportación AgropArteira.

Postado por paleon em 03:16 PM | Comentários (60)

janeiro 03, 2005

Comida de empresa

A petición pop-ular aquí van unhas fotos da comunión que estaban celebrando na mesa do lado.

3012005b.jpg

3012005c.jpg

3012005d.jpg

3012005e.jpg

3012005f.jpg

3012005g.jpg

Engádego: acabo de enviar, aos que viñéchedes á comida, as fotos sen os retoques de fotochou. Se alguén non as recibe que me avise: EMF, Platdorf, Opaco, ArvPart os vosos correos non os atopei así que enviademe un correo a paleon@paleon.net para enviárvolas :-)

Postado por paleon em 07:59 PM | Comentários (90)

Tratados

Porque será que chegou as miñas mans un exemplar do Plano Ibarretxe e non un exemplar da constitución Europea?

Grazas Martin

Postado por paleon em 03:36 PM | Comentários (61)

Xestando

3012005.jpg

Fumos sobre 20 que ben sendo un 10% do blogmillo no que reflexionamos, discutimos e lercheamos... si foi un pequeno congreso sen patrocinador. Falouse de porque Quin non ten bló, de porque a musa non deixa o papel e se pasa aos bits...

Pero sobre todo eu quédome coa xestación de 3 ou 4 proxectos que se fixeron entre os platos de chuletón e os copos de licor café. A ver se nacen, aínda que sexan "con parto asistido".

Postado por paleon em 03:29 PM | Comentários (383)