fevereiro 27, 2005

Abordo

27022005b.jpg


Arriáronse os cabos da Jalerna contra as 5 tarde. Abordo: 2 patróns, tres mariñeiros de primeira e tres grumetes-alumnos.

Saíuse da dársena a remos e posteriormente despregousee o velamen para aproveitar o nordestiño. Coa proa a Rúa comezouse a instruír ós grumetes nas vellas artes mariñeiras mentres se contaban historias de duros temporais e sereas loiras.

Aquelouse bastantes veces a vela mentres se nos instruía sobre as cualidades das bateas.
Virouse o rumbo para achegarse de novo a terra a desembarcar un dos tripulantes que tiña que prestar os seus servizos ás ordes doutro capitán . Aproveitouse o atraque para subir abordo novos víveres.

A noite chegou coa maior empopada da travesía que fixeron que pola proa da Jalerna entraran unhas pingas de mar.
Voltouse ao porto de partida xa ben entrada a noitiña sen novidade algunha.

Ao desembarcar, un dos patróns fixo entrega aos grumetes da lista do material que se vai precisar para vindeiras navegacións:

- Uniforme.
- Material polivalente.

27022005.jpg

Postado por paleon em 10:51 PM | Comentários (44)

Cando cerraches a porta

...non puiden evitalo...

Postado por paleon em 09:54 PM | Comentários (26)

fevereiro 26, 2005

Comunicado de Prensa

Ante as preguntas suscitadas pola redacción ambigua do postdabaixo o Paleón informa:

O morto que se enterra, xa levaba tempo morto (había un cheiro!!...). Como era morto de varios, ninguén quería tomar a responsabilidade de asinar a acta da eutanasia, eu menos moito menos (quizais o complexo de pai). O caso é que por fin se lle puso a lápida.

O tal morto non ten nada que ver con este blog que demomento o Paleón ainda ten ganas de seguir largando os palacres por aquí.

:-)

Postado por paleon em 03:19 PM | Comentários (131)

fevereiro 25, 2005

Acabouse

Si, semella que desta é certo, d.e.p.
Agora só queda facer un enterro digno.

Postado por paleon em 05:47 PM | Comentários (40)

fevereiro 23, 2005

Clube de fútbol

23022005.jpg

Hai uns meses Dionisio Pereira contaba que na década dos trinta houbo na Ítaca un clube de fútbol pertencente as Juventudes Libertarias de Ribeira. Os libertarios acostumaban a botar as pachangas enfrontándose aos fillos "bien" da dereita. Facíanse chamar Avante.

Este domingo estiven no campo, non sei que ideoloxía terían os que estaban de curto, pero na grada había unha ben chea dereitosos.

Postado por paleon em 11:52 PM | Comentários (245)

fevereiro 22, 2005

Recado II

Dende a Ítaca chegan máis correos protesta, dámoslle o pertinente altofalante:

"... o cartel que apareseu na piscina ¿pública? da Ítaca que mais ou menos ven a disir que dende as 7:30 h. ás 9:00 h. os martes e xoves terán que usar a sauna ¿pública? as mulleres, e no mesmo horario pero os mércores e os venres
tocaralle ós homes.

Alá vai aquel parrafiño da tan traida e levada Constitusión Española no que se pode leer "discriminación por razones de sexo, raza, religión... (sic)". Por non ajarrarnos á declarasión de dereitos humáns que mais ou menos dí o mesmo, e que repite a declarasión dos cidadáns da Unión Europea. En fin, que si eres home tes un horario, si eres muller, outro... ¿para cando un horario para nejros, xudios, moros, sosialistas, chinos, etc?.

E xa postos, solisitemos tamén outro para coxos, chepudos, tortos, ou mancos; mantendo evidentemente a discriminasión xénero orixinaria, ou sexa, coxas, chepudas, tortas ou mancas. Pero o coñero do conto non remata ahí, non. O conto sije porque si eres un usuario/usuaria de despois das 9:00 h. (nove da mañán) xa podes ir con quen queiras, acabouse a discriminasión, e métese o dedo na llaja do ajravio comparativo; porque hai cidadáns e usuarios/usuarias de primeira e de sejunda división. Os das 7:30 h. son de sejunda división e os das 9:00 h. de primeira. ¿Ou será que os de primeira hora (sejunda división) chejan ainda quentes da cama e os vixiantes teñen medo que a sauna sufra un exceso de quentura?."

Plataforma prosauna mixta na Fieiteira

Postado por paleon em 04:30 PM | Comentários (60)

Recado I

Chegou unha "nota de prensa" dun curmán. Redirecciono cara unha páxina onde un cidadán está sufrindo tortura.

Postado por paleon em 04:24 PM | Comentários (40)

fevereiro 21, 2005

Neutro

equilibrababa
entre valores absolutos >7

as letras con 8 e-
producían enerxía mecánica

agora, na entropía ordenada,
o pH tende a ser neutro

Postado por paleon em 01:08 AM | Comentários (32)

Tomar as augas

21022005.jpg

Mentres tomamos as augas falamos dos cacharros e do choio. Entre risas e augas terapéuticas xurden proxectiños, sempre, máis cousas. Agradeceuse a terapia de grupo.

Postado por paleon em 12:58 AM | Comentários (23)

fevereiro 18, 2005

Fin do Juinston de batea?

18022005b.jpg

Non, non é unha nova sonda espacial que vai explorar o chan marciano. Trátase dun trebello deseñado por dous itaquenses que se adican á construcción naval. Entre cañas e cubatas doulle por pensar en algo útil e deron en facer unha batea submerxible.
A tal batea vai producir mellor calidade de xénero, xa que os mexilóns non van estar expostos aos fenómenos meterolóxicos da superficie. Ademais a seguridade marítma verase mellorada ao non haber bultos que estorben a navegación de baixura.

O outro día, no cornecho, xa lles pregunte onde van facer o chalet coa pasta que van quitar pola idea.
En fin, esta subatea pode acabar definitavamente co noutrora boiante neghosio do tabaco de contrabando. Porque xa me dirán, quen vai mercar rubio de batea picado pola humidade mariña?

Postado por paleon em 10:18 PM | Comentários (28)

Asterix e Cleopatra


Acabo de amosarlle Astérix a unha rapaza que veu castigada para a biblio. Nunca oíra falar del. Ten unha irmá con 15 anos moi parecida a ela, semellan xemelgas. Esta irmá xa non vén ao insti: vai casar dentro de 15 días...unha nova cleopatra sen trono.

Postado por paleon em 02:19 PM | Comentários (25)

Viciñanza de Andel

Sigo cduando os libros que sen orde, se amorean nas vitrinas. Aparecen no mesmo andel a este e máis algún deste outro . Menos mal que alí tamén estaban a historia dun bandido e a historia dunha pequerrecha.

Postado por paleon em 12:18 PM | Comentários (56)

fevereiro 16, 2005

Máis gominolas no quiosco

16022005.jpg

Chegan novas gominolas ao quiosco. Prevense post doces da man de Mariademallou.

Postado por paleon em 12:36 AM | Comentários (22)

fevereiro 14, 2005

Cela de castigo

14022005c.jpg

Dende hai tempo teño que andar entre libros tamén no traballo. A biblioteca do insti aínda está sen montar e como tiña horas sen docencia e ganas... aquí estou tentando saber como vai esto das CDU e as bases de datos en liña.
O conto é que como a biblioteca aínda non ten vidiña, máis alá dos recreos en datas de exames, este espazo vense usando como lugar a onde van os que son expulsados da clase.

Imaxínome que esta cela de castigo chea de libros non fará nada para que estes presos se acheguen á lectura.

En fin, quedo aturando os comentarios que fan estes reclusos sobre os anuncios por palabras do xornal (propóñenme que os leve de excursión a "La reina del sexo").

Por certo, nesta biblioteca tamén hai outros reclusos metidos en vitrinas baixo chave.

Postado por paleon em 01:33 PM | Comentários (24)

Pintando vida

14022005b.jpg

...non sei quen pintaría a parte morta da zona vella, pero eu agradézcollo...

Postado por paleon em 12:24 AM | Comentários (148)

Radiodespertador

14022005.jpg

...dende que apago a radio para durmir, polas mañás lembro o que soño...

Postado por paleon em 12:11 AM | Comentários (28)

fevereiro 13, 2005

Cea de Sábado

Ao redor todo eran parelliñas en disposición de ter cearromanticaqueeseldiadelosenamorados. Nós só catro, sen nada que celebrar. Ensalada catalana de primeiro emprebada con mostaza. De seguido, trío de pastas.

Logo, no cornecho, o efémero das conversas que non van máis alá dos xeos diluídos nas copas.

Un sempre gosta de reencontrarse cada noite.

Postado por paleon em 11:52 PM | Comentários (32)

fevereiro 12, 2005

A pel de Arroás

Onte tomei unhas cañas con arroás. Había tempo que non nos víamos e debíalle uns deseños para tixirts dende había tempo. Faloume do seu namoramento, ultimamente non fai máis que desprender corazonciños polos ollos. Tamén contou que pronto vai aprender a ter pel de coa que vai facer estudios pola costa. Díxenlle que eu tiña dúas peles desas no faiado, de cando meus irmáns non cumplían de todo a lei. Lamentablemente a min, a delicadeza dos os meus oídos impídenme ver os golfos apegados nas touzas.

Hoxe, no eterno retorno á Ítaca, atopo no e-mule, un capacho de capítulos do Mundo Submariño... creo que vou ter que ir tecendo uns cantos gorros de lá vermella.

Postado por paleon em 09:53 PM | Comentários (31)

fevereiro 11, 2005

Definición

11022005.jpg

... a liberdade é o que está máis preto da alambrada. Tamén podes ir cara o outro lado, pero terás que atravesar a cidade...

Postado por paleon em 08:05 PM | Comentários (28)

pídemas o corpo

...nada, o corpo sabe que é venres, e pídemo...

Postado por paleon em 07:41 PM | Comentários (16)

fevereiro 10, 2005

Nughallento ante a lavadora

A nugalla enchoupa esta libreta virtual.
Vou tentar mudarme, deixarei a roupa usada no cesto para logo metela na lavadora. Purificar os tecidos de fóra.
Vaise topar cos pantis vermellos que me fixeron tan femenina mentres sostiña sorrisos e abrazos de amizade.
Na mesma sala de espera estarán parolando co chaleco de flecos mentres non lles chega o turno do arielconmimosín.
Por alí tamén terá que pasar aquela camiseta suada no pasarrúas. Poucos entendemos o seu significado.

Mentras espero que pase esta nugalla póñome a escurrir ao clareo.


Postado por paleon em 10:17 PM | Comentários (69)

fevereiro 02, 2005

Dúbida

...cando xa case tiña decido voltar ao útero, xorde a posibilidade retrasar o parto...

Postado por paleon em 04:52 PM | Comentários (20)