maio 31, 2005

Acedez

31052005.jpg

Hai uns días comín algo que me está repetindo moito. Vou ter que abrir uns sobres de Almax para aliviar a acedez do estómago.


Postado por paleon em 11:22 PM | Comentários (89)

maio 30, 2005

Grafiti boirense

30052005.jpg

O interculturalismo boirense está xenerando manifestacións artísticas dignas de estudio. A forma de expresión non é novidosa, estamos ante a técnica denominada emborra paredes onde se poden pegar carteis, ou a pintada de toda a vida. O curioso é idioma no que está, Coreano quizais?, Chinés? si pero cantonés ou mandarín ?, nin idea.

Pero, que querría dicir o autor? Sería un traducción daquela, que con tintes ecoloxístas estaba na zona das casas baratas da Ítaca "Eucalitos, paque paque?".

Ou quizais sexa unha traducción libre asiática daquela outra "Paco Rodriguez liberdade. UPG" que aínda está imborrable (y lo que te rondaré morena) dende os anos da tele en blanco e negro na fábrica do xeo de Aguiño.

Postado por paleon em 09:50 PM | Comentários (946)

maio 27, 2005

Renol-Jalpón


Outra obra máis na agro-colección.

Postado por paleon em 12:46 AM | Comentários (127)

maio 26, 2005

Blog de Carme Adán

26052005.jpg

"Considero que unha nova xeración de galegos e galegas está formada e preparada para construír un país moi diferente ao que se vía desde a xanela daquel tren que a transportaba de Euskadi a Galiza, un país que saiba recoller o mellor da súa identidade para proxectarse ante os retos que o século XXI nos depara. "

Do blog de Carme Adán.

Si Carme estamos esperando que ese novo país salga da estación, temos as maletas listas.

Postado por paleon em 11:24 AM | Comentários (110)

maio 25, 2005

A estrea

25052005.jpg

A fin de semana arredémica culminou coa asistencia á estrea da película con máis copias en circulación da historia do cine galego: hai que botalos. Na segunda planta do Principal estaba unha boa parte do blogmillo cos ollos ben abertos, a meu carón estaba Pawley, Dagha un pouco máis alá, María na esquina (por certo grazas pola entrada que co apuro non chas dei), Señora Dot, Cesare, Depósito (que voltou á escrita blogueira), incluso Quin (a ver se abres os comentarios), ...

As curtas hainas moi boas como: O señor do telexornal, O partido, A dúas velas, Carretaxe (que grande!),...

Sigo mantendo a certeza de que a Galiza ou Galicia ou Jalisia que moitos desexamos está a piques de estoupar.

Itaquenses, en breve se comunicará o sitio e hora onde se vai proxectar na Ítaca, conto con vós, non me fallar que paso lista.

Pois eso "que nadie plante y que la peña tire palante"

Postado por paleon em 12:15 AM | Comentários (84)

maio 23, 2005

Patera

Tentaba eu debuxar na vileda un esquema dunha dorna. A cousa viña a conto, non crean que estaba nun dos meus habituais discursos apoloxístico-dorneiro entre os meus alumnos.

Digo que tentaba debuxar un esquema da embarcación cando, Youseff me di: "ah, profe es como una patera". Cos seus ollos negros, seducíunos aos 3 que estábamos na clase.

Comezou a relatar como os seus irmáns máis vellos tentaron cruzar o estreito sobre unha patera previo pago de 2000 euros sen chegar a conseguilo. A Garda Civil descubríunos e o patrón tentou fundir a patera. Mohamed, un dos seus irmáns, chegou a queimarse co foraborda pero alí quedou un dos seus viciños.

Aínda así os dous irmáns de Youseff, foron quen de cruzar Xibraltar abordo dun coche. O pasaxe desta volta valeulle 5000 euros a cada un.

Deixamos de pintar no encerado.

Postado por paleon em 02:14 PM | Comentários (35)

maio 20, 2005

Asignatura para a fin de semana

20052005.jpg

Mañá encontro fisicoquímico e espiritual arredémico.

Programa da asignatura:

COMPOSTELA, 21 e 22 de maio

SABADO, I.E.S Xelmírez I (Campos Sul)

11.00 APRESENTACIÓN

1. Rolda de apresentacións persoais, intereses, perspectivas... Avaliacións.

2. INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL Valoración do proxecto arredemo: un ano
de traballo, situación actual, futuro a curto, meio e longo prazo. HAI QUE
BOTALOS.

14.00 XANTAR

16.30. PÁXINA WEB

18.30 Descanso

19.00 ACCIÓN-DISTRIBUCIÓN

DOMINGO: AUDITORIO DE GALIZA

12.00 ASEMBLEA.

19.30 TEATRO PRINCIPAL: ESTREA: HAI QUE BOTALOS!

Postado por paleon em 09:29 PM | Comentários (41)

maio 19, 2005

Agropop-Art Turolense

19052005.jpg

Na viaxe de estudos a Teruel doume tempo a establecer certas semellanzas patrimonias con nós. Alí a cousa estaba nun patio pero o conceto era o mismiño: facer fuxir aos páxaros.

Por certo, a festa agropop-art deste ano aínda non se fixo, hai vontade para organizala?. Unha observación: o ano pasado foi o 18 de xuño, este ano o 19 de xuño temos outra festa pailana convocada.

Postado por paleon em 10:27 PM | Comentários (76)

maio 18, 2005

Os Novos recordos

18052005.jpg

Os recordos eran vagos e só viñan cando, ao redor dalgún mostrador, comezabamos a parolar de cousas da infancia. Grazas ao burriño puiden quitar das sombras o recordo da escena da bicicleta na bañeira e a outra na que toleaban para conectar un vídeo.
Si trátase da serie Os Novos, unha teleserie tola pensada para o público xuvenil. Daquela, a TVG aínda estaba en cueiros e quizais o paso do tempo e a ausencia de repeticións crearon o mito colectivo.

Menos mal que só queda un mes para que volva a tele en color.

I eu, morrendo
nesta longa noite
de piñeiro.

Postado por paleon em 11:58 PM | Comentários (100)

maio 15, 2005

Quin na viña

1552005b.jpg

Onte achegouse Quin á Ítaca. Pronunciou baixo a viña palabras ilusionantes... cada día teñoo máis claro: desta vanse. Pronto estará a nova Galicia a funcionar.

Postado por paleon em 04:37 PM | Comentários (84)

Innovacións

1552005.jpg

Desperteime e xa estaba nun salón de actos vendo ao poeta-actor mentres a rapazada do choio non prestaba atención.

Rápido despido e montar nun por primeira vez. Só dou tempo a unhas 10 páxinas e unha moqueada de 10 minutos. Correndo atraveso dos tobos cara esoquenondáchegadoaghalisia.Fíxose noite no camiño a Hotelcity.

Co día apareceu o que levamos todos galegos cando saímos. No destino, visita a un colexio rural para volver a confirmar que máis que cartos en tecnoloxía é preciso xente con creatividade. Logo noutra escola vimos o esforzo dun grupo de mestres para traballar a socialización da rapazada moi dispersa no medio rural e para evitar que se fosen lonxe facéndolles ver que a súa terra ten posibilidades.

Postado por paleon em 04:02 PM | Comentários (258)

maio 10, 2005

A dorna Festa de Interese Turístico Galego

10052005b.jpg

Xusto no mesmo día que o Supermartes cumpre 13 anos (espero que o 19-X remate para sempre), comunícasenos que a Festa da Dorna xa é Festa de Interese Turístico Galego (festa que continuará goberne quen goberne). Parabéns para tod@s nós que facemos que ano tras ano, durante eses días, se cre ese espírito tan máxico na Ítaca.

E falando da Dorna anuncio que xa temos blog na Escola de Vela e pasen e rajen!.

Postado por paleon em 11:26 PM | Comentários (97)

Bocatería

10052005.jpg

Mariano, ademais de ser un dos referentes do nacionalismo local, tivo unha librería nun céntrico local do malecón itaquense. A librería tiña o seu aquel e era dos poucos sitios onde se podía preguntar por un libro de Cunqueiro sen que che preguntaran se era novo.

Hoxe vin que nese espazo están facendo reformas. Dinme que o concelleiro de cultura e festexos local vai abrir unha bocatería.

Postado por paleon em 11:08 PM | Comentários (193)

maio 09, 2005

A poeta na escola

09052005.jpg

Hai un ano non puido ser, pero hoxe si que veu a voz de osiños de goma a falarlle á rapazada do choio. Sobre imaxes de Cielo sobre Berlín oímos os seus versiños dun amor inventado.

A viaxe e a comida enchémolos de palabras sobre literatura, da plataforma, de que desta se van, e dunha manchea de pequenas cousas vitais que enchen os ocos. Certamente un día memorable, graciñas a ti poeta.

Postado por paleon em 11:53 PM | Comentários (90)

maio 08, 2005

Natureza rebelde

Volveu a chamar Capitán. Conta que tiveron que poñer proa a terra a toda máquina. Un marrajo levoulle parte dunha perna a un mariñeiro indonesio. O mariñeiro subeu ao puente e meu irmán tivo cortarlle parte da carne que colgaba da súa perna e poñerlle un vía con suero.
Agora o mariñerio tenta recuperarse nun hospital.

Ás veces penso na sorte que tiven de que na infancia me gustasen máis as libretas que as bicas.

Postado por paleon em 11:07 PM | Comentários (213)

A polla records

Na presentación de Leñaverde, grande revista boirense, atópome a algún dos ruidosos. Cren que esto da cultura vai mal, que todo en xeral vai mal. Afirman que debe morrer toda unha xeneración para que a cousa mude.

Ilustran o seu argumento afirmando que as orquestas que tocan polas berbenas do país nunca tocan La Polla Récords, cousa que si fan noutros.

Dígolle que o camiño non é que morra ninguén, senón que cambie quen manda na comisón de festas.

Postado por paleon em 10:21 PM | Comentários (82)

maio 05, 2005

O blog de Quin

05052005.jpg

Creo que se falou na comida da empresa, incluso houbo unha beta de coña pero aquí chega o verdadeiro blog de Quin.

Postado por paleon em 09:37 PM | Comentários (101)

maio 04, 2005

As Cervicais da memoria

04052005.jpg

O irmán que anda pescando armas brancas chamou á casa. Dende o seu teléfono salitroso conta que lle vai ben, que teñen calor bastante e que aínda vai pasar o verán embarcado.

Abordo fixo amistade cun mariñeiro peruano que marchou para a súa casa antes que el. Previo ao desenrole, meu irmán fíxolle unha promesa mariña, desas que se fan cando todo o que che rodea é azul, "non te preocupes que che hei de mandar a Perú unha camiseta do Dépor".

Onte percorrín o ensanche buscando unha tenda de deporte, tratando de cumprir o encargo. Pero a tal camiseta non daba aparecido (pero este equipo non estaba en crise?). Logo de cansarme de andar sobre baldosas rotas, deina atopado. Axiña algo atravesará o Atlántico, chegará ao Pacífico para dar cumplido curso a un encargo feito dende o Índico.

No medio desta encarga transoceánica dei topado o mapa poético-isobárico de As Cervicais da Memoria. Poemas tan doces coma o blog da súa autora.

Postado por paleon em 10:59 PM | Comentários (245)

maio 03, 2005

Bandeiras

bandeiras.jpg

Kone mándame esta agrofoto.

Unha ollada simplista diríanos que este é un sistema público de pór a roupa ao clareo.

Máis xa hai técnicos en márketing que afirman que se trata dun servizo promocional de tendas de "Novedades" e "Mercerías".

Sen embargo os antropólogos culturais consultados afirman que se trata dun ancestral sistema de comunicación entre as embarcacións que están faenando preto da costa e os familiares da casa. Polo visto un sistema semellante foi utilizado na IIª guerra mundial para coordinar o desembarco do día D.

Tal como se presenta neste caso: braga azul - braga color carne - camiseta de tiras blanca tradúcese por "deixa de enredar na chalana e vente para a casa que enfría a caldeirada de fanecas".

Postado por paleon em 10:09 PM | Comentários (84)

maio 01, 2005

Informe finsemanal

1052005.jpg

Venres
Saída de viños polos laños itaquenses. Gusto de ver aos amigos nese momento da semana.

Na navegación tópome a Vionta e o Xudío. Fálanme do blog das balas, están superenvexosos da habilidade amatoria do autor. Propón facer unha quedada entre o blogmillo e a AFP (Amigos da farola do Plaza). Quédome coa cantiga do xudío agora que o seu laño ten conexión wi-fi.

Máis viños con AlambradoMaroto mentres falamos da asociación e de proxectos que teñen que saír a flote antes de que críen demasiado arneirón non mundo submariño das ideas.

Ao redor dun barril falo con ela, igualiño que antes, das sensacións de sentirse dun sitio e de non afacerse a estar no lugar que se está.

A noite remata oíndo contos mariñeiros ata que nos botan do último mar.


Sábado
Odio os sábados nos que soa o despertador. Soou.
Fun para alá e volvín a tempo para ir ao mercado e tomar a caña da tapa.

Á tardiña arriamos os cabos e o vento levounos ata a illa de Rúa. No travesía houbo quen falou, só quedando no superficial para xustificar o que semella intolerancia.

Atracamos co tempo xusto para ir de cena, sempre nos xuntamos tantísimos, a comer sagrado.


Domingo
Día de manifa (ver foto do post), alí estábamos a familia que semella ir a máis. Recordouse aos que xa non están. Logo compartín empanada cunha das persoas máis interesantes da Ítaca.

Á tarde, arqueoloxía de garaxe na casa do patrón bravú para expoñer nas olimpiadas.

O regreso a Santiago cada vez faiseme máis pesado, creo que xa se me está facendo pesado o granito.

Postado por paleon em 11:27 PM | Comentários (186)

Na memoria

Xa ecoa a megafonía anunciando actos, xa noto as mans pegañentas do engrudo dos carteis, xa me vexo parrafeando pedindo o voto, xa vexo os resultadas da televisón a que lle falta a cor vermella da imaxen.

Xa non vou ver as túas discusións nas asambleas, xa non vou concordar cos teus argumentos, xa non vou disentir dos teus argumentos, xa non me recomendarás algunha lectura, xa non oirei sair a palabra Patria da túa boca.

Mariano Vidal, na memoria.

Postado por paleon em 10:22 PM | Comentários (232)