junho 28, 2005

A noite do cambio

28062005b.jpg

Xente e máis xente celebrando a entrada da democracia.

28062005a.jpg

A noite acabou, xa de día, desaiunando grelos do País novo.

Postado por paleon em 08:45 PM | Comentários (279)

junho 27, 2005

II Festa Agropop-Art


Pailáns e pailanas do mundo, ide collendo o palillo e máis a bata cruzada:

Falei coa xente da Sala Nasa para ver de montar a II Festa Agropop-Art. Teñen libre o venres 15 de xullo. Opinen sobre data e lugar. Hai que confirmar axiña.

Os naseiros poñen a nosa disposción o seu equípo de música e pantalla con proxector, entón xa que temos recursos e imaxinación non estaría mal dotar de contido este botellón.

Así que precísanse ramistas que queiran axudar a organizar o evento. Evidentemente entre todos podemos aportar todo tipo de suxestións e ideas.

Postado por paleon em 08:21 PM | Comentários (248)

Suores

27062005.jpg

A noite do sábado foi de reencontro mentres elas, exuberantes de sorrisos, luciron as peles brilantes e mestizadas polo sol. Baixaron carreiros salgados pola miña cara.

Na cadea do domingo transmitímonos as suores da primavera a través das mans. Ao chegar a casa mudei a camiseta enchoupada.

Hoxe pola mañán a ducha só botou auga fría. Supoño que dentro dun pouco xa terei auga morna.

Postado por paleon em 07:55 PM | Comentários (47)

junho 25, 2005

Pandereteiriña

24062005.jpg

Na noite de onte apareceu Abrilsempre para compartir o viño e as xoubas que nos regalaron no barrio. Demos os 3 saltos para ter sorte durante todo o ano e logo demos centos de saltos verbais pensado nas posibilidades do luns.Acabou a noite no Grándola.

No choio fun consciente de que se remata o curso. E mentres me afacía, sentín nauseas ao ver a compañeiros que se opoñen a valorar os méritos que teñen os seus alumnos. O que máis detesto desta profesión é a tinta vermella, inxusta, a final de curso.

Chámame a vella e dime que meu irmán vai vir pasar uns días á Ítaca. Creo que só vén por 15 días, tivo avería nun barco que xa nin lembramos por que mar navega, e supoño que tamén compartiremos algunha cunca.

A foto que ilustra este post é cortesía de Kone, supoño que o domingo haberá moitas pandereteiriñas como esta para que se collan da man no nome do futuro.

Postado por paleon em 12:17 AM | Comentários (258)

junho 23, 2005

Gañamos nós!!!


Non podemos quedar de brazos cruzados, non nos poden roubar a primavera. As dúas patas nas que se vai asentar o país novo, precisan collerse das mans e deixar estes días de impas. Somos moit@s @s galeg@s que temos cousas que dicir nesta nova etapa. Non hai tempo para o pesimismo, a primaveira non pode esperar máis, queremos manifestar a nosa vontade de cambio.

Partindo do Blogmillo (comunidade de blogueiros de Galiza) andamos organizando unha cadea humana en Compostela para o vindeiro domingo 26. Unha cadea composta por elos da cidadanía que unirán as estatuas de Castelao (na alameda) e a de Pablo Iglesias (en San Caetano) como símbolo desa nova Galiza.
En nome do futuro, quedaremos no parque da alameda de Santiago ás 13 horas.

Máis información en http://cadeahumana.blogsome.com/

GAÑAMOS NÓS!!!

Postado por paleon em 03:37 PM | Comentários (288)

junho 22, 2005

Cadea humana para que chegue a Primavera


Imaxe cortesía de fragaga.

Logo do sopapo do domingo, imos repoñernos. Martin Pawley propón facer unha cadea humana entre as estatutas de Castelao e Pablo Iglesias que hai en Compostela como símbolo entre a unión duns e doutros.

A cousa faríase o vindeiro domingo, previa apertura das sacas cos votos que abrirán definitivamente a primavera deste novo país.

De momento aínda non hai hora e cousa está aberta a suxestións, propostas e ideas.

Alí estaremos.

Postado por paleon em 07:40 PM | Comentários (42)

junho 21, 2005

Gris, de momento gris

Ben, creo que de momento, non vou poñer cor neste blo.

A gripe e unha especie de mareo-presaxio impideume non estar a tempo completo no colexio. As sete e media chégannos as enquisas a pé de urna: PP=35, os sociatas tamén nos corroboran os datos. As propias gaivotas que voan por alí comezan a ter caras longas, moi longas. Unha chamada a teleghaita confirma que a enquisa a pé de urna que manexan danlle 32 ao PP. Estoupamos!

Recibo o primeiro sms: "se va el caimán, se va el caimán"

Imos ao reconto á todo filisprin. Ganámoslle aos que non fixeron campaña e Abrilsempre e máis eu saímos eufóricos cara a sede. Mentres aparcamos o coche na RG danlle 38 con voto escrutado. Chegamos á vez que Depósito, os tres estámos blancos!
No local había caras radiantes e felices, non sabían nada do que oíramos.

Logo pasou todo o que pasou. Mando sms: "garda ese viño para dentro de 4 anos". Caladinha chama dicindo que vai para a Quintana.

Baixamos a tomar algo, sen saber se hai algo que celebrar. Na mesa do lado estaban as pequenas javotas, incluída a que saía no vídeo electoral e que dicía "Fraga é guay", elas si que tiñan un careto fodido.

Con Abrilsempre fun comer. Entre bocado mandámoslle un sms aos amigos emigrados. Contestan: "... deixame dicirche que estou decepcionado... vou para a cama cun nudo no estómago...".

Fumos para a casa engulindo unha bolsa de gominolas sen saber o que pasara.

Postado por paleon em 11:27 PM | Comentários (55)

junho 18, 2005

Último post escuro

Atrévome a escribir o último post escuro. O próximo será escrito noutro país, con máis luz, con máis intensidade nas cores.

Postado por paleon em 09:45 PM | Comentários (217)

junho 17, 2005

O voto secreto

Miren esta fermosa lenda contemporánea copipegada da Guía da Galicia encantada, páxina que leva o escritor Antonio Reigosa, e que recomendo unha visita pormenorizada a todo este arquivo do noso imaxín.

Pasou na miña parroquia nas eleccións do ano pasado. Non vou dicir nomes, que aínda viven todos os protagonistas agás un.
O home xa ía moi maior; ao mellor pasaba dos noventa e cinco anos. Cando había eleccións ían buscalo á casa. Sempre ía por el a mesma persoa no seu coche particular, un que foi concelleiro moitos anos. Polo camiño parece que o home que o levaba dáballe o sobre coa papeleta do que tiña que votar o vello e, en canto votaba, volvía con el para a casa.
Así foi sempre ata as eleccións de marzo do ano pasado. Foino buscar a mesma persoa, o vello subíu ao coche e polo visto xa lle dera o sobre co voto cando, vaia por Deus, ao pobre home deulle algo e morreu alí no coche antes de chegar ao sitio de votar.
O que o levaba, algunha desconfianza tería xa, non sei, cando se decatou do que pasara, parou o coche e antes de chamar polo teléfono móbil para pedir axuda, colleulle o sobre ao vello, que aínda o levaba entre os dedos da man, e, antes de gardalo no peto para que non o viran os de urxencias, abriuno.
Pois queres crer que, polo visto, a papeleta non era a do seu partido, era doutro partido. O vello, se cadra, levaba toda a vida enganándoos e non se deron conta ata que morreu.
O que non entendo eu é como se atreveu a contalo! Se fora eu, non me pasaba a vergoña na vida!

[Referido por unha informante duns 60 anos que prefiere quedar no anonimato, natural do concello lucense de Castro de Rei]

Postado por paleon em 11:39 AM | Comentários (61)

junho 15, 2005

Ampliando catálogo


Novas catalogacións na exposición permanente, e a intemperie do Agropop-Art.

Bañeira-Leituga
Birrarandela
Portasomier
Muellemaceta

Postado por paleon em 09:55 PM | Comentários (48)

Abrollo

En vieiros sae un abrollo do Paleón que ten forma de e-conto. Anímense a mandar o seu para que medre na primaveira do País Novo.

Postado por paleon em 11:41 AM | Comentários (281)

junho 13, 2005

Gramática griposa

13062005.jpg

A fin de semana foi intensa, como todas estas últimas. Pola mañán fun suxeito de exame. Tal como esperaba, non saíu ben.

Pola tarde fun predicado e á noitiña quedeime en complemento circunstancial do ruído repartíndo propaganda. A circunstancia fíxonos acabar borrachiños de euforia e máis da outra.

A mañá do domingo colleume na cama resacoso e cunha gripe enorme que me aparta circunstancialmente do tabaco. Fun ata a Pequena Atenas para ver a peli. O numeral foi ao redor de trinta.

Hoxe acabo o día con Sara Jess xogando a "Quen se esconde detrás dos bigotes de Celavella?", case que non usamos pronomes.

Postado por paleon em 11:56 PM | Comentários (41)

junho 10, 2005

Cargar Pilas

10062005.jpg

Falo con Abrilsempre dime que a cousa está feita. El sempre é un pesimistarrealista que poucas veces se equivoca, pero eu hoxe teño un día agrisallado.

Anímame un correo-e dos amigos emigrados en Escocia, os seus votos xa veñen polo Royal Mail para botar ao Fraga.

O amigo Depósito dime que está organizando a proxección de Hai que Botalos en Artes. Vai ser este domingo 12 ás 20:30 no Centro Recreativo de Artes. Xa sabedes os que non puideches vela aínda tedes esta oportunidade. Se vos vai mal ir ata Artes, esta fin de semana vou andar cunha tarrina de copias no bolso para regalar.

Tento rematar algunhas cousas pendentes, subir un feixe de fotos agropop-art entre elas, pero non dou acabado todos eses choios.

Á tardiña recargo as pilas no mitín central de Compostela. Música, xente, moita xente, amigos e amigas,... comezo a espasallar. Volto a subir ao anuncio.

Hoxe non comín cereixas, hoxe non me namorei.

Postado por paleon em 11:33 PM | Comentários (29)

junho 09, 2005

Dios que te crew a ti tamén


Hoxe veu polo choio García´s MC un Dios que te crew. Dounos unha clase teórica das artes básicas do Hip-Hop - Break Dance, Dj, Grafiti e Rap- e logo rapeounos sobre medio ambiente. Os rapaces cos ollos como platos e os profes babexábamos oíndo os seus versos musicados. Non se perdan os dous temas que intrepretan en Hai que Botalos.

Hoxe non teño novas da campaña na Ítaca, o único o post tan itaquense que escribe Quico Cadaval dende o Plaza.

Pola tarde chafouse a quedada con Abrilsempre, unha reunión no instituto tivo a culpa. Alí tiven que oír como un deses compañeiros que non saúda no pasillo, me dicía "que eu non debía opinar porque era novo no centro". O pobre do infeliz púxomo moi fácil, cando os argumentos que tiña para revatir os meus era unha cuestión de idade é sinal de que o que digo non é tan malo. Sempre acabo tendo pena dos amargados.

Á volta parei no medio do camiño a mercar cereixas- a comida destas días- para mezclar cabichas coas pepidas no cinceiro do coche. Non puiden evitar namorarme de dúas caixeiras.

Postado por paleon em 10:31 PM | Comentários (93)

junho 08, 2005

Cereixas

8062005b.gif
Estes días están pasando coa sensación de que non fago nada. O inminente remate do choio, o eterno retorno estival á Ítaca contribúen a ter esta sensación.

Na tarde apareceu Sara Jess para compartir uns pitillos e cereixas do día anterior. Contoume que os starts systems galegos teñen uns imitadores por Irlanda. As cereixas estaban pasadas.

Chama Domi e dime que no mitin de onte houbo o triple de xente que a última vez que predicamos alí. O cambio está encamiñado. Rematamos de comer cereixas.

Boteime á rúa e cruceime cunha rapaza que me recordou que este sábado teño o rito anual, seguín andando desganado, pensando en todo o que queda.

Volvín para a casa cuspindo carabuñas de cereixas recén mercadas.

Postado por paleon em 11:46 PM | Comentários (46)

Contrabando de auga

8062005.jpg
Acostumo a baixar a comida preto da vindeira casa de Quin. Hoxe a calor abafaba e sentín unha sede como a de Ourense . No medio do asfalto atopei este paxariño - non lle sei o nome- que se me deixou retratar e incluso acariñar, ata que buscou o acubillo da sombra das silverias.

Botei unhas cantas horas ao fresco mentres tentaba rematar unha desas liadas nas que ando con Abrilsempre. Chameino e contoume que viña de predicar e que quere preparar algo para a homilía de mañán.

Non cheguei ao 19 e xa entrada a notiña fun mercar un paquete de traballos manuais.

Énchome de fume mentres penso en todo o que queda ata que chegue agosto para poder dedicarme ao contrabando de auga.

Postado por paleon em 12:58 AM | Comentários (57)

junho 07, 2005

Melodía de días usados

As miñas olleiras e o meu sono?
Son culpa desa muller e máis da súa Melodía de días usados.

Postado por paleon em 09:44 AM | Comentários (195)

junho 06, 2005

Un País novo XXL

6062005.jpg

Primeiro teremos que lavar á man, con coidado para non acabar de estropear o tecido que leva 16 anos afogado en lexivia viva.

Usaremos un xabón neutro para quitar esa morca que parece que forma parte do tecido. Aireará nun alambre agarrado por unha pinza de madeira e outra máis cativa.

Logo, un ferro quente que chegue a todas as enrugas e o deixe do trinque.

Así que chegue, este País Novo, sei que vou estar cómodo, non me vai picar no corpo, darame calor no inverno e non me vai marcar os michelíns.

Postado por paleon em 07:30 PM | Comentários (62)

junho 05, 2005

Venres á noite

05062005b.jpg

Despois de deixar os nervos diluídos nunhas cañas, tiven tempo de venresear, chegamos tarde e xa non había. Conversas daquí e dalá que me siguen facendo vivir nun mundo de anuncio.

Agradézcolle á sempre presente esposa o seu penúltimo detalle e dígolle que a quero, e dígolles que as quero, e ela non me cre e elas non me cren.

Falamos da noite en que o taberneiro de cabeceira, nos vai abrir esa botella que ten gardada para nós. Alguén me di que xa non imos que ter que estropear a vista esa noite xa que se mercou un televexo desas modernas nas que incluso se van ver as cores das tortas electorais.

Consumo máis cabichas mentres apagan a música e poñen as cadeiras enriba das mesas.

Postado por paleon em 04:44 PM | Comentários (284)

As profesións do novo país

05062005a.jpg

Con algún problema de son, proxectamos Hai que botalos na Ítaca. Grazas a todos aos taberneiros, mariñeiros, estudiantes, empresarios, políticos, malotes, xornalistas, funcionarios, xubiladas, músicos, carpinteiros e demais profesións que viñéchedes ver a peli do cambio.

Eu leveino mal, dende febreiro que non fumaba e este día foron 4 pitillos pola popa... e eu que me estaba reservando para o 19.

Postado por paleon em 04:20 PM | Comentários (195)

junho 01, 2005

Luzes de Galiza

1062005a.jpg

Caeu nas miñas mans o nº 1 de Luzes de Galiza de novembro do 85 . Igual que fixera con La Naval poñoo por aquí para compartir este xacemento arqueolóxico.

Postado por paleon em 10:00 PM | Comentários (240)

Enquisa

Dorfun deixame recado deste asunto en cadea. Co que me molaban a min as cartas en cadea nas que ía pegada unha moeda de peseta nas que só había que fotocopiar e listo, e con esto hai que pensar, uf

Testigo recibido de: Dorfun

Tamaño total dos arquivos de música do meu PC:

444 MB, non son moitos, xa que onde acostumo a escoitar música é no coche.

Último disco que comprei:
Lumeeeeeeeeeee! de Lamatumbá.

Canción que estou escoitando:
Ningunha, teño a teleghaita de fondo musical.

5 cancións que escoito moito ou que teñen un significado para min:
- Carteiro em bicicleta de João Afonso.
- Himno da Dorna d'Os Diplomáticos de Monte Alto e Alambradomaroto.
- Avante Camarada versión d'A Compañía do Ruído.
- ... cánsome, non se me ocorre ningunha máis.

5 persoas ás que lle paso o testigo:

A ver a quen meto no lío este: Abrilsempre, Xudío, Modesto, Porquinho e Opaco

Postado por paleon em 09:52 PM | Comentários (223)

Hai que Botalos da Ítaca

1062005.gif

Dende hai semanas estivemos buscando un lugar onde proxectala: nen na Casa do Mar, nen no Auditorio Municipal, nen no Conservatorio, nen nun colexio do centro permitiron que a súa proxección. Así que este vernes, e grazas á dirección do IES de Coroso, veremos a realidade do país cos ollos críticos de parte da xente dese País novo que está petando ás portas.

Así que o vindeiro venres 3 de xuño ás 21:00 no IES Coroso (antigo F.P.) da Ítaca imos proxectar Hai que Botalos, a película máis vista da historia do cine galego.

Recomendo encarecidamente, a asistencia ao acto xa que o noso alcalde ten un papel de protagonista en dúas curtas. Peperos itaquenses, estades convidados ao acto, avisámosvos que non teremos racións, pero teremos algunha sorpresiña preparada.

Lerá o Panflecto Electoral o Tonhito de Poi.


Postado por paleon em 09:14 PM | Comentários (174)