
Sigo quitando pó as fotos tomadas hai uns días.
Nome: Barco-Xeladería
Materiais: Barco con casco de madeira e arcón conxelador de Camy (Non constatei a existencia de exemplares de Avidesa ou Miko).
Utilidade: O sector da pesca está en plena reconversión, claro exemplo este barquiño que anda ás vetas. Pola mañanciña deixa os aparellos largos e aproveita o tempo que pasan os aparellos no mar, para achegarse as praias ateigadas de turistas a venderlles a cucuruchos, calipos e polos de fresa. Xa o dixeron as altas instancias europeas: "o sector pesqueiro tense que reconvertir cara o sector turístico".
Lugar de Exposición: Porto de San Tomé (Cambados)
Data de Catalogación: Xullo de 2005
Descubridor: Paleón

Chegaron ao Baile de Jala uns dorneiros recén casados. Houbo Vals das volvoretas, ela chea de jlamur e cansa dos pés, bailou comodamente.

Racho este silencio blogueiro falando da festa- para os que non saibades de que vai esta festa recoméndovos ler este artigo-. Chegou este ritual e este ano cólleme máis implicado que nunca: o teléfono non deixa de soar, na rúa non deixo de falar con ducias de peñeiros e peñeiras que facemos a festa, mirar a carpa alí, falar coa policía alá, falar co dos vídeos, falar coa prensa, pegar carteis,... Aquela libretiña de pastas azuis que comprara para tomar apuntes de futuros post e contos comberteuse nalgo cheo de números de teléfono e listas de tarefas pendentes... pero todo ben paga a pena- aínda que teño momentos nos que desexo que que chegue agosto para dedicarme só a rañala-.
Outro clásico destas datas é unha desas enfermidades que me collen nestes días de máis choio. Amighiña non teño tempo de atenderche así que só tomar unha pílulas e listo.
Para os que saibades de que vai o rollo dorneiro, e tamén para os que non, deixovos coa ligazón ao pojrama dorneiro que como todos os anos non ten desperdicio ningún.
Copio/pego un anaco:
21.23 h. EXAME DE PATRÓNS. (Ollo ao piollo, no palco de Bandaurrio)
O jrande e jordo Tribunal Dorneiro, encarjaráse un ano máis de conseder ou deneja-los títulos de patrón aos aspirantes propostos polas peñas noveles.
Jalloso e Superpiñeiro condusirán o evento, aproveitando que ao día sijiente teñen que ir sella-lo paro a Boiro.
-Nota da orjanisasión: Os vales de desconto do deterjente, a tarjeta do DIA, e as atiquetas de Colacao canjeables por camisetas do Mundobasket de España 86; non se asmitirán como soborno.
A orjanisasión optou este ano por faser unha "lista de ajasallos" para que as peñas que así o desexen, podan faser a súa voluntaria aportasión (os que veñan cas mans vasías pincando o moco, escusan de vir).
Consulten o book do Relax, e a sexsión de contactos da Vos de Jalisia, pra ve-lo listado completo.
Ao finalisar o Exame de Patróns superconsierto cos:
- Bodega-Bodega (Madrí) (ská, riji, rock an roll).
Pasádevos pola renovada web da Cofradía da Dorna e animádevos a vir á Ítaca para botar unhas risas. Se vides preguntade polo Paleón que a primeira caña paghoa eu.

O meu silencio blogueiro ten razóns mariñeiras baseadas no que xa pasou e no que queda por vir.
Non teño sensación de estar de vacións, salvo por non ir ao choio a unha hora concreta. Non ando estresado pero si liado.
Para os que teñan curiosidade podedes botar un ollo no albún vierense, eu estou preguiceiro.
Da caldeirada que está ao lume, non teño nin idea.
Debido ao elevado número de persoas que non poder vir a agrofesta, que estaba prevista para o vindeiro día 15, postponse ata despois do verán.
Na Nasa teñen libre o mes de setembro (de outubro a decembro téñeno ocupado), así que vaian suxerindo outra data.
O remate do choio non foi quen de traerme as vacacións,...tampouco as quero. Nun días cruzarei a ría para asistir a un grande evento do país: o VII encontro de embarcacións tradicionais... un parte da cultura do país que aínda non ten o sitio que lle corresponde.
Da outra festa, da nosa festa, tamén ando liado cos amigos de Lajareu - boten un ollada ao seu blog que paga moito a pena- para recuperar a regata de Dornas a Vela para o día grande.
Non me esquezo da Agroparti, agradecería máis voluntarios/as para botar unha man como ramista, ou cando menos para confirmar ou desconfirmar asistencia.
Quédame pendente escribir un post atrasado sobre un choio no que ando metido e polo que quero vestir de manis a @s amig@s