agosto 30, 2005

Culleres co temporal

30082005.jpg

Pepe sígueme mandando crónicas escritas en alta mar.

SINGLADURA Nº 29
OCÉANO ÍNDICO

A HRB : 2000 (U.T.C: 1700) encontrámonos, despois de un día "horroroso"
referente a pesca, largando o aparello en posición l=30º 41,6'S L=049º 43,7'
E sendo así este punto geográfico 390 millas ó SSE de Cabo Sainte Marie
(Madagascar), é dícir, temos o mencionado cabo a 722 Km sendo a súa vez o punto terrestre máis cercano.

Despois de facer a maniobra co Pico Tres Mares, navegamos dous días con rumbo de E. Alí encontrábase o compañeiro Edmar , patrón do barco portugués Novos Horizontes (de Peniche de toda a vida).A este home coñecino persoalmente en Durban, nesta última estancia, pero xa nos tiñamo coñecido falando por radio a marea anterior.

Andamos todos os barcos buscando como tolos os espadas, uns por unha zona
outros por outra, etc.... pero seguen sen aparecer. Por se fora pouco, temos que aguantar todo este mal tempo que temos nestes últimos días cos problemas que acarrrea este na vida cotiá. Por exemplo á hora da comida, que veste obligado a aguantar cunha man o plato, e si é sopa tes que vixilar tamén o plato do que tes ó lado non vaia a ser que che veña encima; despois a hora de ducharse outro tanto do mesmo, unha cousa tan sinxela como é, chégase a complicar dunha maneira ...

Outro exemplo: unha culler nun vaso de cristal!!! tremendo!!!, esta noite pasada tiven que levantarme a quitar a puñetera cuchara do vaso. Alguén tomou un café e a deixou dentro do vaso e como o meu camarote está o lado do comedor.....

En fin que estas miudencias poden ser un castigo psicolóxico bastante grande nun espazo tan reducido como é un barco.

Saudos para todos.

Postado por paleon em 10:05 PM | Comentários (19)

agosto 22, 2005

Seguimos polemizando

As polémicas sempre enchen de visitantes e vidilla os os blogs, aquí abaixo hai unha. Entren participen, rajen, pero antes documéntense.

Si, somos nacionalistas e queremos axudar a crear a idea de país dende o punto de vista cultural. Onde está o problema?.

Copio e pego os artigos dos nosos estatutos que definen a Altofalante.

Artigo 2º.- É fin principal da asociación a dinamización social, cultural e lingüística de Galiza, así como:

- Promover, difundir e contribuír á creación da cultura de Galiza nas súas diferentes manifestacións: literarias, plásticas, musicais, audiovisuais, etc.

- Contribuír á idea de que Galiza é unha nación e que está orgullosa de selo.
- Formar e educar nos valores da democracia, da paz, da participación, da igualdade de xénero e respecto pola diferenza dende unha óptica nacionalista galega.
- Organizar actividades lúdicas, festivas, educativas e/ou culturais que enxalcen a nosa cultura.
- A recuperación da memoria histórica da nación galega.
- A procura da participación activa de toda a cidadanía e nomeadamente do movemento asociativo na actividade cultural do país.
- A normalización do noso idioma en todos os ámbitos.

Artigo 3º.- Para levar a cabo os seus fins, a Asociación poderá organizar as seguintes actividades:
- Organizar xornadas, exposicións, festas, concertos, representacións teatrais, proxeccións, elaborar publicacións e calquera outra actividade de dinamización cultural que se dirixa a acadar os fins propostos.
- Colaborar e coordinarse con outras entidades e/ou asociacións.
- Aqueloutras que os/as seus asociados/as consideren oportunas para promover os fins da asociación.

Postado por paleon em 11:37 PM | Comentários (16)

A bordo

Desta volta non caen pingas dos avións. Son cinzas blancas as que entran pola velux. Cos ollos postos fóra todo é unha mesta néboa que inunda a Ítaca. O cheiro do monte recén queimado tapa completamente o recendo a mar do veransiño. As farangullas do monte queimado apéganse aos papeis que levan días esparexidos pola miña mesa e máis polo miña cabeza. Fuxo deles na compaña do meu pai a buscar xureles ao barco dun amigo.

A el non hai nada que o poña máis contento que ir dar un boureo entre barcos e homes trafegando no peirao. Eu vou contento de compartir algo con el. O amigo convídame a subir a bordo para ensinarme o barco no que traballa. Faime de guía pola ponte, pola cuberta e máis pola sala de máquinas mentres me mostra para que vale cada botón.

Volto para o ordenador recordando cando fóra a última vez que embarcara nun pesqueiro. Foi hai case dous anos, era un sábado e alguén fuxía cara o sur.

Recibo dous correos que fan que aumente a carpeta dos meus favoridos A porta verde do sétimo andar e máis Como unha Novela da amiga Sarajess que pecha o seu cartafol.

Nestes días de fin de verán dáselle a todos por falar da miña adaptación invernal itaquense. Eu sorrío e digo que teño ganas de probalo, por dentro un mar de dúbidas. Segue o cheiro a queimado, a ventá colleu cor do chumbo.

Postado por paleon em 08:59 PM | Comentários (14)

agosto 19, 2005

Encontro cun barco asiático

19082005.jpg

Máis crónicas enviadas directamente dende o Océano Índico

OCEANO INDICO
DATA: 19 AGOSTO 05 SINGLADURA NÚMERO 19

Navegando na posición l=30º 16' S L=040º 04'E con Rv=170, ao encontro do barco Pico Tres Mares.

Onte debido a un pequeno conflicto con un barco asiático, non sei exactamente a súa nacionalidade ( Corea, Taiwan ou Japón son as posibles), abandonamos zona de pesca.

Esto comenza xa o día 17; estabamos virando o aparello (metendo a bordo do barco) e xa noto que ven falto (cortado).Sen máis cando chega o chicote (punta), dígolle a Marco ( que é o contramaestre, por certo de nacionalidade Peruana) que mire si ven falto debido a corriente ou polo contrario se ven picado (enténdase picado como cortado por unha navalla); según como sea o corte sábese si un ou outro. Dime dende a cuberta ¡¡¡ viene picado!!!.

Dacordo, sen máis poñemos proa a siguiente boia para reiniciar a virada.
Estando xa virando na siguiente boia, sucédenos o mesmo tendo así que volver a ir a unha terceira boia .

Volvemos a seguir a virada e ven outra vez picado a línea, pero desta vez viña
todo liado o palangre liado .

Pois nada , acabamos a virada e o día resulto en peixes bastante bo; incluso
cabe destacar que foi en esta zona dónde pescamos o espada máis grande dende que eu estou embarcado aquí , medía 2,8 m e pesaba 210 Kg. Pero un pouco mosqueado porque alguén nos estivera picando os aparellos.

Sin máis e como a pesca, como dixen antes foi bastante boa, decidín largar no
mismo sitio.

Tiñamos catro tramos de aparello abordo e xa nos pasa igual que o día anterior, é dicir, chega picado outra vez.

Pero mira como é a vida que chegamos a siguiente boia para reiniciar a virada, e encontrámonos coa boia de inicio do aparello do barco asiático liada no noso aparello, e como o que as fai acaba pagándoas fixen o siguiente:

Atracamos á boia del, e eu mismo dinme o gusto de cotar o seu aparello e posteriormente meter a súa boia a abordo do noso barco; a continuación agarrámoslle o aparello, levámolo para a nosa popa, fixémolo firme no palo de popa e levámolo a remolque (seguindo nos virando o noso aparello) hasta que o tivemos que picar para dar unha volta de 360º para meter un peixe.

Máis tarde, no transcurso da mañá, xa vin o barco asiático mencionado no radar ; viña cara a nós, bueno ¡¡ cara a súa boia !!. Tivémolo máis tarde a vista a 2 millas. Eu estabao vendo que andaba en busca da boia para comenzar a súa virada, loxicamente eu non lle dixen nada, pensaba para min, ¡¡¡ vala a encontrar , teñoa eu !!!.

Dúas horas máis tarde xa escoito polo canal 16 do V.H.F , dirixirse a min no seu idioma. Penso que non era nada bonito pola maneira que tiña de falar, creo que se debia estar acordando de miña nai .

Por eso, e en vista do sucedido, decido cambiar de zona de pesca porque a
verdade estas non son formas .

Cos asiáticos pasa sempre igual. O normal é cando chegas a unha zona de pesca nova pregúntaslle os barcos que ahí estan traballando, como teñen o aparello, é dicir, danche as situacions entonces ti pois xa sabendo as mencionadas , xa libras os aparellos. Pero estes personaxes , chámalos polo V.H.F e non che contestan, dalle igual aínda que cheguen eles de novos a zona, largan a súa maneira .

Nada máis por hoxe finalizo a singladura, seguindo a navegación.

Saudos.........................

Postado por paleon em 12:40 PM | Comentários (60)

agosto 18, 2005

Constitución da Asociación Cultural Altofalante

18082005.jpg

Altofalante fai que a voz se faga oír.
Altofalante axuda a organizar cousas.
Altofalante é galego.
Altofalante é do tempo no que vivimos.

Constitución da Asociación Cultural Altofalante
O vindeiro venres 19 de agosto de 2005, ás 21:00 horas no Restaurante
Coroso- situado á beira da praia do mesmo nome- de Ribeira, vaise
constituír a Asociación Cultural Altofalante.

Esta é unha asociación aberta que busca a dinamización social, cultural
e lingüística de Galiza dende unha óptica nacionalista galega. Para iso
un grupo de mulleres e homes imos constituír en Ribeira a Asociación
Cultural Altofalante.

Comezamos un novo tempo para Galiza onde a dinamización cultural e a
participación cidadán teñen que ser elementos estructurais do País Novo, e
para contribuír a esto imos constituír esta asociación. Queremos difundir a
idea de que Galiza é unha nación e que está orgullosa de selo. Somos
conscientes da importancia de facer País dende un punto de vista cultural.
Altofalante ten vontade de colaborar con outras asociacións, colectivos e
institucións que compartan con ela as súas finalidades.

A promoción e a creación cultural de Galiza nas súas diferentes
manifestacións: literarías, plásticas, musicais, audiovisuais,...; xunto coa
recuperación da memoria histórica da nación galega e a normalización
do noso idioma en tódolos ámbitos, serán os pilares que asenten as
actividades que se desenvolvan dende Altofalante.

Formaremos e educaremos nos valores da democracia, da paz,
participación, a igualdade de xénero e respeto pola diferencia cunha ollada
nacionalista galega.

Queremos facer extensiva esta invitación a todas as persas interesadas
e que compartan estes ideais , para que se unan a súa voz á de Altofalante
e veñan o vindeiro venres 19 á constitución da Asociación.

Postado por paleon em 02:33 PM | Comentários (70)

agosto 14, 2005

Incendios

14082005.jpg

De fronte a ría na que collen auga os avións, cara o norte as columnas de fume branco e negro que medran co ventiño que leva soplando todo o día, detrás delas intúense os picos da Curota.

Dende a velux miro como os helicópteros e hidroavións cargan auga e a vacían nun vira vira. O ruído dos motores abróuxanme ata chegar a asustarme. As sirenas dos coches da Police Local rachan o seu habitual silencio mentres comeza a tardiña.

Chamo a un móbil que está no hospital, alí hai alguén que combate contra un incendio que o pode combertir en cincas. Só quero transmitir calma no medio do lume. Deixo caer o meu balde de auga e recibo noticias de melloría, hai un cortalumes que resposta con ironía.

Din que a Vía Rápida, a saída principal da Ítaca, está cortada. Un dos helicópteros salpícame coa auga que cae da súa cesta. Miña nai di que a debe ter rota.

Abro o correo e atópome que un lector deste blog me convída, sen saber destes lumes, a ir a Festa da Auga.

Postado por paleon em 04:52 PM | Comentários (35)

agosto 13, 2005

Crónicas Mariñeiras dun barco de altura

13082005.jpg

Si, que xa lle puxeron internet no barco no que anda meu irmán Pepe, que como sabedes anda de patrón nun espadeiro na costas de África. Aquí comezan, o que espero que sexan unhas interesantes crónicas mariñeiras que el mesmo me remite dende alta mar. Saúde e mar.

OCEANO ÍNDICO
Bos días, por aquí vamos navegando sendo HRB: (HORA RELOJ BITÁCORA) 1010 en posición l = 29º 52 ' S L= 031º 21' E , sendo geográfricamente para que me entendas 14 millas náuticas cara o E de Durban (Sur África) e sendo o noso Rv (Rumbo Verdadeiro) = 086º polo momento.
Dentro de media hora teño que chamar a un compañeiro por teléfono ; trátase de Suso o patrón do "Pico Tres Mares ". Temos que ir cara o encontro de él para facer un maniobra ; nos témoslle que dar uns mosquetons que mareas atrás nos prestou , eso por un lado , e polo outro él tenos que dar a nos unhas pezas da máquina que en teoría xa no las tiña que haber dado a marea pasada. Entón como dixen antes teño que chamalo para que me de a su posición e poñer así Rumbo a él .
De unha vez feita a maniobra , seguirei ca navegacion o punto que teño previsto , para provar fortuna. Trátase de l= XXº YY' S L = ZZº AA ' E (datos censurados )- parte de SE de Madagascar-. Si por ahí non temos moita fortuna , prosiguiremos traballando cara o Este hasta o 063º de lonxitude ( SE de Illas Mauricio) .
Según os patróns de toda a vida din que a primeira idea e a mellor a hora de escoller a zona de pesca, entonces eu vou a facer o mismo e seguir así a misma teoría porque sempre a cabeza che da mil voltas despois de que pos runbo a un punto ¡¡ e si fora para este !! ¡¡¡non millor para máis a sur!!!
Bueno non che digo nada máis polo momento , xa che contarei como vai a cousa máis adiante.

Saludos e os millores deseos.

Postado por paleon em 03:00 PM | Comentários (7)

agosto 12, 2005

Elektrodo

12082005.jpg

Doutra volta a mocidade itaquense autoorganízase (non sei que pinta o concellal de cultura na foto do periódico) e monta o festival Elektrodo, onde collerán concertos e Dj's Hip-Hop e demais música electrónica. Haberá unha carpa para facer tatoos, percing, chill out, perruquería e demais cousas modernillas. Tamén haberá onde acampar... comeza un pequeno Festival de Ortigueira cheo de electróns!.

A cousa vai ser no ata o de agora infrautilizado Parque de San Roque da Ítaca- se pasedes por aquí non deixedes de visitalo que paga a pena ver o entorno-

Postado por paleon em 03:51 PM | Comentários (7)

agosto 11, 2005

A chiquita a 1 peseta

11082005.jpg

Sigo vivindo de rentas. Desta volta grazas a Xabier de carreira.info de quen tomo a foto e máis o texto, moitas grazas neno, foi un pracer coñecerche.

O asunto era grave; subiran 20 céntimos o prezo das chiquitas de viño, e a cousa non podia quedar así. Había que facer algo, e nada mellor que unha manifestación por toda a parroquia con final en Ribeira, frente a Casa Consistorial, pra facer consta a administración local o malestar da cidadanía ante tal abuso e reclamar o seu prezo orixinal que era de 1 peseta.

Uns valentes cidadáns armadas de caixas repletas de botellas de viño (Marca COES), colleron a motocarro dun deles e puxéronse mans á obra. Cas súas proclamas e invitacións, percorreron as parroquias de Aguiño e Carreira, parando alí onde as xentes os aclamaban, e convidaban gratuitamente a todo aquel que quixera degustar o tan preciado chiquito de viño, pra tratar así de convencelos de que subir o prezo do caldo en cuestión era un abuso e un erro tremendo.

Chegados a Ribeira, en plena Praza do Concello, frente a o onde estaba a parada do Celta, subidos na motocarro, estes intrépidos aventureiros convidaron a un sinfín de xentes que o mesmo tempo saboreaban as chiquitas de viño, uníanse a súa campaña anti subida de prezos sin máis armas que o bon humor e compañeirismo típicos destas datas.

Inda que non conseguiron que prosperase a protesta, polo menos quedoulles o grato recordo de pasalo ben durante aquel día.

Este conto foi ala polo Antroido do ano 67, se queredes saber de todo que pasa por Carreira, esta parroquia peculiar da Ítaca, dádevos un boureo por carreira.info.

Postado por paleon em 10:28 PM | Comentários (4)

agosto 10, 2005

Quita do conxelador, uns segundos no microondas e listo

Nada que ando nugallán, e non me apetece teclear. Como ando de limpeza e orden atopei unhas instantáneas do pasado entroido.Vou facer como a programación da tele en agosto, boto man de arquivo e a vivir de rendas.

10082005b.jpg

Aquí dous itaquenses disfrados de selección de Hoquei catalana. Fixeron o disfraz a ultima hora co kit de cataláns que mercaran en barna unhas semanas antes. Ah, ese día o resto da murga que os acompañaba ía de circo, pillaron mal a consigna.

10082005c.jpg

Nesta aparecen dous coñecidos actores do espajetijuester que honraron coa súa visita á Ítaca. Eu non sei porque pero atópolle certo parecido cos do joquei.

Postado por paleon em 09:40 PM | Comentários (42)

Mudanza e traballo

10082005a.jpg

Nada, que pedín e déronme. Volvo á casa paterna/materna na Ítaca, déronme praza nun instituto que está ao ladiño da casa. Quen me verá saíndo polas mañáns cara o choio, sen ter que coller o coche, camiñando polo paseo marítimo mentres fumo o primeiro pitillo da mañán cos meus irmáns pequenos. Vai ser divertido andar o camiño que facía durante a xuventú pero agora non vou poder chegar tarde como hai uns anos.

Eso que me mudei temporalmente con papá e mamá, mentres non me dan, espero que sexa definitiva, a miña casa.

A foto é da última casa na que vivín en Compostela... Compostela como vou botar de menos todo eso que significa Compostela... o non!!! Nalgo me vou ter que entrener mentres este aquí.

Postado por paleon em 09:28 PM | Comentários (40)