Tomo descafeinado.
A tapa chega en forma de WI-FI na casa do xudío. Este blog está a monte e nestes días as cores veñen en botes de pintura plástica, desa que sae da roupa cun lavado en auga fría. Vexo como o rodillo cambia de cores tapando as paredes pasteadas en blanco. Comezo a ver esto pequeno.
Co descafeinado non hai pitillo.
Chégame recado de que a a Charanga dorneira bótase ao blogmundo, benvidos amighiñ@s!!!
Fotos de actuacións, recortes, partituras,... o set completo para ir de festa.
O vindeiro xoves 19 de xaneiro vaise celebrar en Bueu unha homenxe ao etnógrafo nacido en suecia Staffan Mörling. Por razóns amorosas Mörling chegou a Galiza e adicou boa parte da súa vida ao estudo das embarcacións tradicionais galegas en especial a dorna. Seu irmán gravou nos anos 70 varios documentais sobre as dornas na illa de Ons que acaban de ceder ao CGAI.
A cuberta de libro que ilustra este post é coñecido por moita xente que anda metido nesto das embarcacións tradicionais como a "biblia" e é autoría do propio Mörling. Libro xa esgotado dende hai tempo, anda polo e-mule.
Máis alá destes calificativos eu tamén recomendaría a lectura da oba de Dionisio Pereira Foulas e Ronseis (Retrincos para un tratado do mar dos galegos), todo un libro que chega co devalar das mareas.
Logo do que este verán montamos en Cambados e o traballo que se leva feito dende as asociacións e colectivos que traballamos na recuperación e mantemento da cultura marítima é o momento para facer máis visible a cultura do mar neste novo tempo.
Deixo un último recorte lector para iniciarse neste mundiño"As dornas no marisqueo e na pesca artesanal da Arousa Norte" de Santi Páramo.
De vez en cando googleo buscando rastro de antigos amigos e compañeiros. Poño nomes e nomes na caixa de busca atopando detalles ínfimos de cada unha das súas vidas. Atopo cousas curiosas coma un que se fixo doutor en Barcelona e logo extraviou o título.
Quizais debería tentar chamar a algún deles e falar directamente e deixarme de miralos dende a lonxanía da rede. Máis non me atrevo a coller o teléfono xa que nalgún nome, google dime que non atopa rexistro ningún e acabo preguntándome se morreron.
A beiriña mesmo da Vía de Automóbiles do Barbanza está agromando unha instalación artística no medio natural, concretamente no pinar chamado de Najasín no lugar de Deán en Ribeira.
O observador que se achegue a esta instalación poderá oír un lene boureo dos coches da Vía que pasa moi preto e nuns pasos máis chegará á xoia da arte rupestre chamada Pedra das Cabras. Nun entorno cheo muíños derruídos que noutrora eran movidos por regatos que baixan da serra do Barbanza e nun pinar desolado pola tala e polo lume están dispostas unha serie de máis de 100 círculos feitos con pólas e pedras arrodean os tocos e as arboriñas novas que emerxen. O proxecto artístico vai moito máis alá dos circulos feitos minuciosamente no monte xa que hai tamén unha plasmación poética e plástica en diversos soportes

Este é un proxecto artístico desenvolto polo artista plástico Xerardo Crusat. Non se trata da primeira instalación que no medio natural fai o autor xa que no ano 2002, nun pinar cercano ao que nos ocupa, fixo o seu “Pinal dos Soños”. Entre as árbores e a base de pedras do entorno, fixo varias figuras humanas en disposición de durmir utilizando como material pedras. Probablemente non queden restos desta obra xa que un veciño da zona adicábase a desfacer o traballo que el facía.

O proxecto dos “Círculos” comezou inicialmente con 10 círculos que nun primeiro momento non tiñan intención comunicativa, o autor só tentaba buscarse a el mesmo escapando do ruído. Subxacendo por debaixo a idea primaria de perda ou abandono de tipo peroal. Neste momento, ao redor de 2002, Xerardo tamén traballa paralelamente nun poemario chamado “Cambium” que lle serve para afondar na observación poética da mesma zona do monte. Á vez tamén xurden “Marañas” que se plasma en ducias e ducias de debuxos feitos en tinta na que se representan os cruces que se dan nas pólas, toxos, follas, etc e da natureza en xeral.

Elixe este espazo de monte, chamado Najasín- topónimo probablemente celta ou suevo- por ter certa accesibilidade e porque é un espazo vital preto da Pedra das Cabras, obra esta que lle atrae especialmente.
Sen ter un obxectivo definido, sen buscar nada transcendente, Xerardo durante meses segue subindo ao monte a buscar a paz que propicia o entorno. Moitas destas veces sentaba a carón dun vello piñeiro que lle transmitía unha sensación especial de relaxación. Un día chegou e a árbore xa non estaba, talárana. Comprobou que xusto onde estaba esta árbore podía ver a Illa de Rúa e a pedra da Aghia que eran as mesmas vistas que tiña el cando era pequeno. Cada vez atópase máis agusto no monte e comeza a facer espirais e círculos con pedras sen ter unha intención representativa.
Nese instante xurden unha serie de cadros- “As mortas naturas” - feitos con follas, ramas, terra, etc recollidas no mesmo monte que tentan reproducir unha zona concreta do monte Najasín.

Xerardo segue traballando facendo círculos ao redor das árbores ata que un día atópase con que moitas das árbores xa non están, foran taladas. Esta é a primeira morte.
Logo da tala o proxecto continúa e pasa a chamarse os círculos de Dana, como a deusa celta.
Este pasado verán o lume arrasou numerosas hectáreas na zona do Barbanza. O monte Najasín non foi unha excepción. Foi a segunda morte.
O autor queda pasmado ante a paisaxe clacinada e queda desconcertado inicialmente. Pouco a pouco o monte vai recuperando vida e o artista decide seguir a súa obra.
Neste momento Xerardo comeza o “Libro das herbas de Deán” consistente en centos de debuxos que recollen as plantiñas, follas, flores, pequenas árbores que comezan a asomar na paisaxe queimada. Todo esto acompañado dunhas minuciosas medicións das plantas o que lle permite observar un crecemento case diario do que está nacendo. Do mesmo xeito xurden os cadernos “Das árbores” e “Dos camiños”. Un enorme traballo de estudo que afonda na súa casa e que segue compatibilizando co traballo no monte xa que segue facendo círculos ao redor dos toco que quedan calcinados e das arboriñas que comezan a abrollar.

Desta volta os círculos teñen unha función de sustento da terra xa que sen vexetación que sustente a auga levaría a terra monte abaixo. Así rodea cada un dos pinos con 12 pedras protectoras as que cada ano se sumarán outras 12 en forma de círculo concéntrico exterior. Pretende que no medio de cada círculo estea algo vivo (un pino novo) ou algo morto (os tocos das árbores taladas).
O que si busca o autor é chamamento á conciencia colectiva pretende infundir a idea de que a sociedade necesita criterio. Pregúntase de quen son os camiños, os regos, os muiños etc e sobre todo quen debe coidalos. O traballo ainda está inconcluso e pretende agora abrilo á participación da xente que queira colaborar e de esixirlle as administracións que coiden o entorno rico en vellos muiños de auga.